Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 12/03/2017 . Pedro Osorio e Raquel Meaños poñen o broche ó Nacional Xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/03/2017 . Pedro Osorio e Raquel Meaños poñen o broche ó Nacional Xuvenil

A última xornada do Campionato de España Xuvenil de Pista cuberta remataría esta mañán ca sensacioal nova da consecución de dúas novas medallas para o nosos representantes.

Sería na proba dos 800 m.l. onde tanto na categoría masculina coma na feminina se saldara con dous novos podiums. En concreto a representante da A.D.Mazí Raquel Meaños nunha final moi igualada acadaría o subcampionato nacional logo de facer un rexistro de 2.14.23 e millorar a súa marca persoal nunha carreira de superación na que o título gañaríase con 2.14.08. Nesta mesma proba Lucía Sicre do RIA Ferrol sería quinta con 2.15.66

A outra fantástica nova sería protagonizada por Pedro Osorio do RIA Ferrol quen na final dos 800 m.l. acadaría o título de Campión de España cun rexistro de 1.52.95 que representa ademáis un novo Récord Galego Xuvenil, e que sustitúe os 1.54.6 que dende o ano 1991 tiña Leonardo Piñeiro. Con este título nacional engade outro ouro nacional ó xa acadado no ano 2015 sendo cadete nos 1000 m.l.

Noticias Web FGA .- 12/03/2017 . Miguel González e Adrián Ben, amplían o seu palmarés en Gijón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/03/2017 . Miguel González e Adrián Ben, amplían o seu palmarés en Gijón

Vense de disputar este domingo a XCIX Campionato de España de Campo a Través na que Galicia acadaría un total de dúas medallas individuáis.

Na categoría Junior feminino as nosas representantes conseguirían a oita posición ca entrada en meta no posto 33º da nosa millor atleta Inés Castaño. Nos homes, quinto posto por Seleccións onde destacaría o título de Campión de España de Miguel González e o subcampionato de Adrián Ben que desta maneira completan un inmellorable fin de tempada invernal que deixa moitas esperanzas e ilusións de cara ó aire libre.

Na categoría Promesa tanto feminina como masculina, oitavo posto por Comunidades onde  Angela González no posto 15º e Alberto Castiñeiras no posto 27º serían os millores dos galegos clasificados. Xa na categoría absoluta feminina décimo posto para as galegas con Esther Navarrete encabezando a selección no posto 21º e décimo primeiro para os homes, cun Manuel Hurtado como millor galego no posto 33º.

   

 

Noticias Web FGA .- 10/03/2017 . A Selección Galega viaxa mañán a Gijón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/03/2017 . A Selección Galega viaxa mañán a Gijón

A Seleccion Galega de campo a través viaxará mañán a Gijón onde esta fin de semana  tomará parte no Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá o domingo  dia 12 de Marzo en Gijón como xa o fixera nos anos 1929, 1973 e 2012

O longo da súa historia esta prestixiosa compitición sería gañada por atletas galegos en 22 ocasións  sumando as tres categorías. Do mesmo modo e tamén sumando as edicións que se disputarían baixo formato territorial e provincial,  o número de títulos por autonomías para Galicia sería de vinte. 

A nivel referencial e de maneira indiscutible Xulia Vaquero pasa por ser o máximo porta estandarte do noso atletismo neste esciario ó ter acadado nada menos que sete títulos nacionáis de maneira inenterrumpida dende os anos 1992 ata o ano 1998.

No que atinxe a lista circulada, destácase o potente equipo Junior masculino ca inclusión dos nosos internacionáis Adrián Ben, Miguel Gonzélez e Tariku Novales que aspiraran ó difícil reto de repetir o trunfo acadado o ano pasado.

No resto de categorías como cada ano, Galicia acude cun equipos moi compensados cos que intentará estar nos postos de cabeza.

   

 

Noticias Web FGA .- 10/03/2017 . Turno para os xuveniles no seu nacional Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/03/2017 . Turno para os xuveniles no seu nacional Indoor

Esta fin de semana dispútase unha das últimas grandes citas do calendario de pista cuberta a nivel nacional, trátase do XLI Campionato de España Junior que terá por esciario as pistas catalanas de Sabadell.

A ela cuden un total de 35 atletas galegos na procura dun bo papel e  na que xunto a 595 atletas máis con mínima de participación, tentarán pechar esta etapa invernal cun bo sabor de boca.

Por parte das galegas as bazas máis importantes serán as deOlaia Gisela Becerril do A.F.Celta quen no concurso de lonxitude, no que toma parte xunto ós 60 m.l.,  se atopa no ranking nacional no cuarto lugar con  5.69 m.,  asi como a temén celeste Eva Queimañoque logo de estrear recentemente internacionalidade aspira a unha medalla en combinadas grazas ós 3455 puntos que a sitúan na mesma maneira na cuarta posición do ranking. No resto de participación haberá que prestar principalmente atención as actuacións nos 800 m. de Elian Nuna do Coruña Comarca que con 1.56.76 sitúase no top10 dos millores do ano. Do mesmo xeito atópanse Pablo Piñon  do Lugo R.C.R. Lourés en altura con 1.88 e Raquel Meaños da A.D. Mazí nos 800 m. con 2.17.85

Noticias Web FGA .- 09/03/2017 . Presentación en Vilalba do Campionato Galego de Cross Escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/03/2017 . Presentación en Vilalba do Campionato Galego de Cross Escolar

No dia de onte acontecería no Concello de Vilalba a presentación do Campionato de Galicia de Campo a Través Escolar que se desenvolverá o vindeiro sábado dia 11 de Marzo na zona de A Magdalena.

O acto contaría ca presencia do alcalde do Concello Agustín Baamonde, o Xefe do servizo Provincial de Deportes de Lugo Manuel Cadramón, o Coordinador de Deporte na Terra Cha Manuel Somozae o Delegado da FGA en Lugo Pablo Gandoy. No acto falarían da importancia deste evento, así como dos pormenores do mesmo salientando a presenza en cada categoría dos dous millores equipos clasificados a nivel provincial así coma o dos oito millores atletas individuáis, que loitarán na procura do prezado título autonómico.

O Campionato dará comezo as 11.30 horas téndose previsto dar a salida a ultima proba as 13.10 horas.

 

 

Noticias Web FGA .-02/03/2017 . A armada Galega de marcha, rumbo a Hierro

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2017 . A armada Galega de marcha, rumbo a Hierro

Este sábado dia 4 dispútase na localidade canaria de Valderde (El Hierro) unha nova edición do Campionato de España de Marcha na que un importante número de atletas galegos acudirá a pelexar polas medallas e os títulos en xogo. Da mesma maneira, tamén están por decidir as plazas para formar parte da selección española á que varios galegos optan.

Na proba raiña da compitición, os 50 km. masculinos cóntase ca presencia do internacional  Fran Durán da Real Sociedad  que  intentará continuar ca súa importante progresión e millora na mesma. Nos 20 km. femininos presencia destacada das galegas do RIA-CCA Samantha MulloniRocio Carbía e Carmen Fuentes que xunto a Mar Chillón do Valencia Esports garanten calidade nesta distancia.

No tocante á Selección, Galicia acude con catro equipos das categorías junior e xuvenil as cales estarán na loita polas medallas e mesmo ó titulo por Seleccións. Individualmente salientamos a presenza dos cadetes Hugo Martínez doFrancicanos de Lugo e Ana Piñeiro do Vila de Cangas así como a dos xuveniles Iria Rivas do Cuntis e Roberto Vieiro doC.A.Santiago que intentarán acadar algúns dos metáis en disputa.

Na categoría junior cóntase con serias opcións ó titulo na figura de Brais Prieto do Real Clube Celta en homes así como Antía Chamosa do C.A.Valladolid  Carmen Escaríz do Bidezabal en mulleres. Por último, no campionato de España de Veteranos importante presenza de Conchy Campos do Sekulebedarra que tomará parte nos 10 km.

MARCHADORES GALEGAS/OS

Noticias Web FGA .- 27/02/2017 . Lista da Selección Galega para o nacional de Cross de Gijón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/02/2017 . Lista da Selección Galega para o nacional de Cross de Gijón

A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo a proposta do responsable do sector, acaba de facer pública mediante circular a relación de atletas seleccioados para tomar parte no vindeiro Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá o vindeiro dia 12 de Marzo en Gijón.

O longo da súa historia esta prestixiosa compitición sería gañada por atletas galegos en 22 ocasións  sumando as tres categorías. Do mesmo modo e tamén sumando as edicións que se disputarían baixo formato territorial e provincial,  o número de títulos por autonomías para Galicia sería de vinte. 

A nivel referencial e de maneira indicutible Xulia Vaquero pasa por ser o máximo porta estandarte do noso atletismo neste esciario ó ter acadado nada menos que sete títulos nacionáis de maneira inenterrumpida dende os anos 1992 ata o ano 1998.

No que atinxe a lista circulada, destácase o potente equipo Junior masculino ca inclusión dos nosos internacionáis Adrián Ben, Miguel Gonzélez e Tariku Novales que aspiraran ó difícil reto de repetir o trunfo acadado o ano pasado.

No resto de categorías como cada ano, Galicia acude cun equipos moi compensados cos que intentará estar nos postos de cabeza.

Lembramos a obligatoriedade de confirmar a participación ou non antes das 20.00 horas do martes dia 3de marzo no seguinte correo  secretariogeneralfga@gmail.com

Noticias Web FGA .- 27/02/2017 . Destacadas actuacións de El Nabaoui e Sara López en Oropesa

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/02/2017 . Destacadas actuacións de El Nabaoui e Sara López en Oropesa

Disputouse o domingo 26 de febreiro, en Oropesa (Castellón) oLII Campionato de España de Campo a Través por Clubes na que un total de 14 equipos galegos tomaron parte.

O máis salientable sería o trunfo individual do atleta do C.D.San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui na categoría cadete  que sobre unha distancia de 4890 metros invertiría un rexistro de 15.47. e que poñen en alza a categoría desta xoia do San Paio. Actuación tamén moi salientable da xuvenil Sara López entrando na terceira posición para o Lucus Caixa Rural Galega quen por equipos acadaría a quinta praza. Este atleta  súmase a lista importante de talentos que o conxunto lucense está a dar nos últimos tempos ó atletismo galego.

Notorias tamén foron as actuacións do xuvenil do C.A.SantiagoArturo Ramos oitavo na súa categoría, así como  Esther Navarretedo ADAS-Proinor quen ca súa décima posición no cross corto, contribuiría de maneira importante ó quinto lugar do seu equipo na clasificación por clubes. Por último as cadetes femininas doAtletismo Friol meteríanse nos postos de finalistas ó lograr un meritorio sétimo posto

O resto de formacións galegas acadarían as seguintes posicións:

Cadete Feminina :7º Atletismo Friol e 18º Atletismo Tui Cadete Masculina: 29º Clube Deportivo San Paio A Estrada e 39º Ourense Atletismo. Xuvenil Feminino: 5º LUCUS Caixa Rural Galega e 47º Comesaña Sporting Club Xuvenil Masculino: 12º Clube Atletismo Santiago, 28º Ria Ferrol-Concepción Arenal e 40º Comesaña Sporting Club. Junior masculino: 10º Sociedad Gimnástica de Pontevedra Promesa Masculino: 11º Sociedad Gimnástica de Pontevedra Cross Corto Feminino: 5º ADAS-Proinor Croos Corto Masculino: 13º ADAS-Proinor e 22º Clube Atletismo Santiago

Noticias Web FGA .- 24/02/2017 . Catorce equipos galegos no Nacional de clubes por equipos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/02/2017 . Catorce equipos galegos no Nacional de clubes por equipos

Esta domingo 26 de febreiro, desenvolverase en Oropesa (Castellón) o LII Campionato de España de Campo a Través por Clubes na que un total de 14 equipos galegos tomarán parte nesta edición na que se agardan a máis de 2700 atletas defendendo os intereses dos seus conxuntos.

Os equipos galegos clasificados para tomar parte nesta cita son:

Cadete Feminina :Atletismo Friol e Atletismo Tui Cadete Masculina: Clube Deportivo San Paio A Estrada e Ourense Atletismo. Junior masculinoSociedad Gimnástica de Pontevedra. Xuvenil Feminino:Comesaña Sporting Club e LUCUS Caixa Rural Galega. Xuvenil Masculino: Clube Atletismo Santiago, Comesaña Sporting Club e Ria Ferrol-Concepción Arenal. Promesa MasculinoSociedad Gimnástica de Pontevedra Cross Corto FemininoADAS-Proinor Croos corto MasculinoADAS-Proinor e Clube Atletismo Santiago

Noticias Web FGA .- 23/02/2017 . Novo Horario do Campionato de Galicia Xuvenil e Junior Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/02/2017 . Novo Horario do Campionato de Galicia Xuvenil e Junior Indoor
Unha vez pechada a plataforma de inscripcion para o Campeoanto de Galicia Xuvenil_Junior que se celebra en proximo sabado dia 25 no Palacio dos Deportes da Coruña, a organizacion varia o horario que nun principio estaba na Circular 16/2017     NOVO HORARIO
* Faise publica as listas dos admitidos nas diferentes probas.
Nas carreiras por rúas non estan realizadas as series asi como o numero de atletas que pasan ás seguintes fases á espera das baixas que   comuniquen os club ou atletas
.    LISTA ADMITIDOS

O pazo dos Deportes de Riazor será esciario esta fin de semana do penúltimo Campionato Galego Indoor Xuvenil e Junior na que máis de trescentos atletas daranse cita nunha dobre xornada que dará comezo o sábado as 10.45 horas e que continuará na mesma xornada ata as 19.15 horas.

En base os inscritos agárdase un encontro moi aberto e igualado en moitas das probas e concursos que se desenvolvan e nos que cabe citar a presenza dos Campións Galegos Absolutos  Sara Gómez da Escola Atlética Lucense que tomará parte nos 50 m,.l.  Paula Iglesias do Riazor Coruña que o fará nos 200 m.l; Andrea Pais do A.F. Celta na Lonxitude, Lucía Sicre do RIA Ferrol nos 800 m.l.e Olaia Vilas do Universidade de Santiago en altura.

              

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA