Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 23/02/2017 . Novo Horario no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/02/2017 . Novo Horario no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos

O sábado 25 de febreiro celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia Absoluto de Lanzamentos Longos que dará cita ós mellores lanzadores e lanzadoras galegas que tentarán dar o mellor de sí para alzarse cos títulos de campións autonómicos.

Será tamén a derradeira tentativa de acadar rexistros que os sitúen entre as 10 primeiras posicións do ránking nacional, o que suporía o billete para o Cto. de España a desputarse en Montijo o próximo 4 de marzo.Novo Horario

O sábado 25 de febreiro celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato de Galicia Absoluto de Lanzamentos Longos que dará cita ós mellores lanzadores e lanzadoras galegas que tentarán dar o mellor de sí para alzarse cos títulos de campións autonómicos.

Será tamén a derradeira tentativa de acadar rexistros que os sitúen entre as 10 primeiras posicións do ránking nacional, o que suporía o billete para o Cto. de España a desputarse en Montijo o próximo 4 de marzo.Novo Horario

Noticias Web FGA .- 17/02/2017 . Novo horario no control de Noia do domingo dia 19

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/02/2017 . Novo horario no control de Noia do domingo dia 19

Unha vez rematado o prazo de inscripción do control  do domingo nas pista de Noia, a organizacion, e por mor da gran cantidade de atletas inscritos, publica un novo horario.

NOVO HORARIO

Noticias Web FGA .- 10/02/2017 . Entrevista ó Clube Atletismo SAR-Vermu Petroni

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2017 . Entrevista ó Clube Atletismo SAR-Vermu Petroni

O clube Atletismo SAR Vermut Petroni é moito máis que un grupo de atletas entusiastas que participan activamente na meirande parte das grandes citas atléticas marcadas no calendario oficial da Federación Galega. Esta formación, traballando dende a modestia, acadaría por facerse cun espazo dentro do noso deporte onde pouco a pouco comeza a destacar tanto a título individual coma por equipos.

Nesta pequena entrevista, comentariannos algúns aspectos do seu pasado e tamén do seu presente.

 

Noticias Web FGA .- 05/02/2017 . Magnífico campionato de cross o presenciado hoxe en A Baña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/02/2017 . Magnífico campionato de cross o presenciado hoxe en A Baña

No dia hoxe o Concello coruñés de A Baña foi esciario da disputa dunha das grandes citas do campo a través, como é a do Memorial Alejandro Lorenzo reservado para atletas das categorias de benxamín ata infantil e na que nos gañadores serían Henar Méndez do Maderas Barciá Lourenzá e Alex Sierpes da S.D.Trega na categoría benxamín; Xela Martínez da E.A.Lucense e Pepe Sánchez do Franciscanos de Lugo na categoría alevín e Laura Carracedo do C.A. Estrada e Antón Martínez da Atlética Lucense na Infantil.

No Campionato de Galicia cadete os trunfos individuais corresponderían para Sara Lima do Beade e para El Naboui, El Medhi do CD San Paio A Estrada equipo este último que resultaría vencedor por conxuntos. O trunfo  feminino correspondería para  o Atletismo Tui.

Xa no Campionato Xuvenil trunfo individual para Sara López do Lucus Caixa Rural Galega e para Pedro Osorio do RIA Ferrol sendo por equipos as victorias femeninas para o Lucus Caixa Rural Galega e para o CA Santiago na masculina

Continuando ca xornada de A Baña, o título galego de cross corto na categoría feminina correspondería para o ADAS-Proinor sendo a Sociedad Gimnástica de Pontevedra  quen acadaría o trunfo en homes. Xunto eles e compartindo podium estarían Comesaña S.C. e C.A. Sar, asi como ADAS-Proinor e C.A.Santiago en mulleres e homes repectivamente.

Noticias Web FGA .- 04/02/2017 . Leticia Gil e Paula Iglesias protagonistas do galego indoor absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/02/2017 . Leticia Gil e Paula Iglesias protagonistas do galego indoor absoluto

O pazo dos Deportes de Riazor deu acollida no dia de hoxe a disputa correspondente ó XXXI Campionato de Galicia Absoluto-Promesa así como o Campionato autónomiico dos1500 e 3000 na categoría junior.

Nesta edición o protagonismo sería para Letia Gil do Bidezabal quen na proba de lonxitude e cun millor salto no seu primeiro intento de 6.00 m. establecería unha nono Récord Galego Absoluto superando os 5.91 que ela mesma pusuía e completando un concurso que deixa moi boas sensacións de cara a futuros saltos (6.00/5.90/X/5.69/5.84/5.87) 

Outras das protagonistas da xornada sería Paula Iglesias Garnelo do Riazor Coruña, quen na proba dos 400 m.l. se imporía na final marcando un rexistro de 56.12  establecendo un novo Récord Galego Junior da proba e aupándose ata a segunda posición do rankin nacional da súa categoría tras os 55.32 da avilesa Andrea Jiménez.

Nos valados femininos a atleta do Riazor Coruña Teresa Rodríguez con 7.46 efectuados na serie semifinal igualaría o Récord Galego Absoluto Indoor que ela mesma tiña dende o ano pasado nas mesmas instalacións. Na final novo título para a coruñesa con 7.56

No resto de probas salientar os 4.21.88 de Solange Pereira que tamén a colocan no ranking nacional nunha boa posición cedendo tan só ante os 4.17.65 de Marta Pérez ou a Belén Toimil quen no concurso de peso con 15.25 m. (15.23/X/15.25/14.73/X/X) establecería un novo récord do campionato sustituindo a marca da mítica Angeles Barreiro que dende o ano 1993 tiña con 15.21

 

MEDALLISTAS

Noticias Web FGA .- 03/02/2017 . Todo a punto para o XXXI Campionato Galego Absoluto e Promesa Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2017 . Todo a punto para o XXXI Campionato Galego Absoluto e Promesa Indoor

O pazo dos Deportes de Riazor darán acollida o vindeiro sábado dia catro no Pazo dos Deportes de Riazor a disputa correspondete ó XXXI Campionato de Galicia Absoluto-Promesa así como o Campionato autónomiico dos 1500 e 3000 na categoría junior.

Esta cita, que pasa por ser a máis importante de todo o calendario galego indoor, contará ca presenza destacada dos atletas Jean Marie OkutuBelén Toimil, Solange Pereira e Ivo Maseda por citar algúns, o que sen lugar a dúbidas contribuirá a dar calidade a un evento xa de por si sempre moi competitivo e emocioante.

As probas que se disputarán en dobre xornada darán comezo as 10.30 horas rematando sobre as 19.30 horas. servindo nalgúns casos para apurar esas mínimas de participación para os nacionáis que se desenvolverán neste mes e a principios de marzo.

Toda a información do Campionato (mínimas autonómicas e nacionáis, récords do campionato e récords galegos, horarios e lista de admitidos, normativa da proba...) pódese ver no documento adxunto DOSSIER DE PRENSA

 

NOVO HORARIO

HORARIO CAMARA DE CHAMADAS

LISTADO ADMITIDOS (actualizado)

Noticias Web FGA .- 03/02/2017 . O Concello de A Baña agarda xa polos Campionatos Galegos eo Alejandro Lorenzo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2017 . O Concello de A Baña agarda xa polos Campionatos Galegos eo Alejandro Lorenzo

Esta fin de semana o Concello coruñés de A Baña dará acollida unha das grandes citas do campo a través, como é a do Memorial Alejandro Lorenzo que cada ano se desenvolve na memoria do que fora gran adestrador e dinamizador do atletismo ourensán e galego. Esta importante cita, que ademáis é Campionato de Galicia de Cross Corto por equipos, asi como Campionato Cadete e Xuvenil, xuntará no seu circuito as categorías de benxamín ata infantil no que pretende ser a gran xuntanza de cross das categorías inferiores.

O evento dará lugar as 11.55 horas do domingo ca saida das cadetes para remetar sobre as 13.50 h. ca última das probas reservada para o galego por equipos senior-promesa homes e na que como ben sendo habitual a entrega dos trofeos pechará a xornada atlética

 

Circular 1 Circular 2 Circular 3
Inscritos C-X Inscritos C.Corto Inscritos A.Lor.
Plano 1 Plano 2 Plano 3

 

 

 

Noticias Web FGA .- 30/01/2017 . Alicia Merino e Santiago Ferrer domiñan as combinadas no galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/01/2017 . Alicia Merino e Santiago Ferrer domiñan as combinadas no galego

Como xa acontecera as pasadas fins de semana ca disputa dos distintos  Campionatos de Galicia de Probas Combinadas (clubs, veteranos, e cadete) o Módulo Cuberto de Lugo volvería ser esciario dunha proba destas caracteristicas para as categorías absoluto, xuvenil, junior,  promesa e veterán.

A nivel de resultados,  o título na categoría feminia correspondería aAlicia Merino do LUCUS Caixa Rural Galega que acadaría un total de 3110 puntos e que sucede no palmarés a Paula Garnero gañadora na tempada pasada. Nos homes o campionato iría a parar de novo ó claro domiñador da especialidade Santiago Ferrer da Gimnástica de Pontevedra con 4931 puntos.

No resto de categorías títulos autonómicos promesa para Adolfo Sáinz Maza do R.C.Celta con 4500 puntos e para Itsaso Fernández do A.F.Celta con 2099; na categoría junior Andrea González da S.Gimnástica con 2638 p. e  Abraham Rodríguez do Ourense Atletismo con 3816 p., na xuvenil Eva Queimaño do A.F.Celta con 3371 p. eAlvaro Larrañaga do Ria Ferrol-CCA  con 3842 puntos.

Por último no Campionato de veteranos, e só ca participación de atletas masculinos, os títulos autonómicos corresponderían para José Cabado (M-45) do C.A.Santiago con 2462 p. e a José Manuel Gonta (M-50) da Atlética A Silva con 2871 puntos.

Resultados Absoluto, Promesa, Junior e Xuvenil

Resultados veteranos

Noticias Web FGA .- 03/02/2017 . Mantense a celebración do Campionato Galego Absoluto e Promesa Indoor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2017 . Mantense a celebración do Campionato Galego Absoluto e Promesa Indoor

Ante as moitas chamadas que estamos a ter, comunicamos oficialmente que se mentén a celebración no dia de mañán do XXXI Campionato de Galicia de Pista Cuberta Absoluto e Promesa, logo de consultar con responsables do Concello da Coruña e comprobar as recomendacións da Xunta de Galicia no que atinxe a celebración de actividades deportivas.

 

Noticias Web FGA .- 28/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

O Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete terá nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor a súa cita o vindeiro sábado 28 a partir dende as 11.00 horas ata a proximadamente as 19.45.

Neste campionato que tamén será Campionato de Galicia Xuvenil para as probas dos 1500 m. e dos 3000 m., agárdase unha ampla participación de atletas procedentes de tódalas delegacións e na que ademáis dun bo rexistro, unha boa posición ou un podium, está en xogo para moitos a posibilidade de acadar unhas das marcas mínimas cas que poder tomar parte no Campionato de España indoor da categoría que terá en Antequera o vindeiro dia 18 e 19 de Marzo a súa cita nacional.

Horario definitivo

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA