Noticias FGA

Noticias Web FGA .- COMPETICIONES: HORARIOS-INSCRITOS

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
COMPETICIONES: HORARIOS-INSCRITOS

 

 

 

 

 

LISTADO DE COMPETICIÓNS F.G.A.

TEMPADA 2016/17

 

 

FECHA
COMPETICION
HORARIO
INSCRITOS
28/01/2017 XOGADE - comarcal escolar de campo a traves Horario

Inscritos

28/01/2017 CAMPIONATO DE GALICIA CADETE pista cuberta - Horario

Inscritos

 29/01/2017  CAMPIONATO DE GALICIA ABS.PRO,JUNIOR DE CAMPO A TRAVES Circular Inscritos
 29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Benxamin  Circular Inscritos
  29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Alevin   Circular  Inscritos
  29/01/2017  FASE FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA A BANCA - Infantil   Circular  Inscritos
 28/29/01/2017  CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS ABSOLUTO (XUV/JUN/PROM) Novo Horario   Inscritos
 29/01/2017 CAMPIONATO  DE GALICIA PENTATHLON VETERANS - Lugo Novo Horario Inscritos

Noticias Web FGA .- 27/01/2017 . Estela Estévez, a raiña do cross galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/01/2017 . Estela Estévez, a raiña do cross galego

Esta fin de semana disputarase como vimos anunciando no Concello de Ribadavia, o LXXXII Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto masculino e a L edición na categoría feminina.

Nada menos que un total de 82 edicións (50 nas mulleres) teñén pasado dende que aquel lonxano 1916 Jose Castillo do Vigo S.C. inscribira o seu nome por vez primeira  sobre unha distancia de 5 km. inaugurando o palmarés galego desta sempre dura, pero o mesmo tempo fermosa disciplina atlética.

Desde entón e con algún que otro parón que en calquer caso a partir de 1968 serían xa inexistentes, a atleta que máis títulos ten acadao na historia, é a viguesa Estela Estévez que baixo as ordes de Oliva Román acadaría nada mesmo que oito títulos autonómicos (1982,84,86,88,89,90,91,94).

Na categoría masculina hai tres atletas que comparten o título honorífico con seis victorias cada un entre os que se atopan:  Estanislao Durán (1978, 79, 81, 82, 83, 85) Alejandro Gómez (1989, 93, 94, 95, 96, 97) e Pedro Nimo (2005, 06, 07, 08, 13, 14). O de Santiago, que tomará parte no campionato, podería encabezar en solitario esa lista se consegue a victoria en Ribadavia.

Noticias Web FGA .- 6/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . Turno para os cadetes co seu autonómico

O Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete terá nas instalacións do Pazo dos Deportes de Riazor a súa cita o vindeiro sábado 28 a partir dende as 11.00 horas ata a proximadamente as 19.45.

Neste campionato que tamén será Campionato de Galicia Xuvenil para as probas dos 1500 m. e dos 3000 m., agárdase unha ampla participación de atletas procedentes de tódalas delegacións e na que ademáis dun bo rexistro, unha boa posición ou un podium, está en xogo para moitos a posibilidade de acadar unhas das marcas mínimas cas que poder tomar parte no Campionato de España indoor da categoría que terá en Antequera o vindeiro dia 18 e 19 de Marzo a súa cita nacional.

Horario definitivo

Noticias Web FGA .- 26/01/2017 . A gran festa do atletismo base indoor o domingo ca final da V Liga Escolar Federada ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . A gran festa do atletismo base indoor o domingo ca final da V Liga Escolar Federada ABANCA

A pista cuberta de Riazor acollerá este domingo a partir das 10.30 a proba máis espectacular do calendario indoor autonómico ca disputa da fase final correspondente a V Liga Galega Escolar Federada ABANCA que se desenvolverá en xornada de mañán para os benxamíns e alevíns e en xornada de serán para os atletas da categoria infantil

Como ten  ocurrindo nas edicións anteriores, agárdase para esta final un magnífico ambente tanto nas pistas como nas bancadas, na que preto de seiscentos nenas e nenos tomarán parte nesta presente edición 

Por entidades clasificadas, destácase a presenza do Clube Ourense Atletismoquen sería capaz de colocar os seus seis equipos en cada unha das categorías. Tamén destacada presenza dos equipos do Millaraio, RIA Ferrol Vila de Cangas quenes tomarán parte con cinco equipos na citada final.

Serán precisamente os cangueses quenes partan como un dos favoritos a acadar o maior número de podiums por equipos xa que parte na defensa dos títulos colleitados na pasada tempada nas categorías de benxamín feminino así como de alevín e infantil masculino.

Circular     Cadencia dos listóns
Inscritos Benxamín     Inscritos Alevín     Inscritos Infantil  

Noticias Web FGA .- 26/01/2017 . De novo as combinadas cítanse en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2017 . De novo as combinadas cítanse en Lugo

Como xa acontecera as pasadas fins de semana ca disputa dos distintos  Campionatos de Galicia de Probas Combinadas desenvoltos (clubs, veteranos, e cadete) o Módulo Cuberto de Lugo derá acollida a unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Combinadas absoluto, xuvenil, junior,  promesa e veterán (pentathlon)

As probas terán comezo no serán de sábado as 16.00 horas dando remate nesa mesma xornada sobre as 21.30 horas. Xa na sesión do domingo abrirán os veteranos cos valados as 10.00 horas poñendo remate en torno as 13.15 cas carreira dos miles

Novo Horario (modificado)

Relación de admitidos (Abs.Xuv.Jnr.Pro.)

Relación de admitidos (Veteranos)

Noticias Web FGA .- 25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/01/2017 . Todo a punto para a gran cita do Campo a Través en Galicia

O domingo 29 de xaneiro acontecerá no Circuito de Campo a Tarvés da Area recreativa de "A Veronza" do Concello de Ribadavia a disputa correspondete ó LXXXII Campionato de Galicia de Cross Absoluto, Promesa e Junior individual e por equipos masculinos e o L Campionato de Galicia Absoluto, Promesa e Junior Individual e por equipos femininos.

O evento que conta ca organización do Concello de Ribadavia, Xunta de Galicia e Clube Deportivo Aurum, está integrado dentro do II Circuito Galego de Campo a Través integrado por sete carreiras do circuito autonómico.

Con este Campionato a nosa comunidade desenvolverá o acontecemento atlético máis importante da especialidade que terá a súa continuidade o vindeiro dia 3 de Marzo ca celebración do Campionato de España en Xixón, para a reglón seguido continuar ca gran cita internacional da tempada, como son os Campionatos do Mundo da especialidade que este ano terá na capital ugandesesa de Kampala, o seu pais organizador.

   LISTADO ATLETAS:  CLUBES    DORSAL   

 Circuito - Camara de chamadas

Noticias Web FGA .- 20/01/2017 . Lugo, Vigo, Lorenzá, A Coruña e Riveira, principáis esciarios competitivos para esta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/01/2017 . Lugo, Vigo, Lorenzá, A Coruña e Riveira, principáis esciarios competitivos para esta fin de semana

Ca chegada da fin de semana, son moitas e variadas as citas atléticas que teremos ó longo de toda a nosa xeografía e que darán comezo a mañán do sábado cas fases XOGADE de campo a través de Santiago e da Coruña, coincidindo esta última tamén ca celebración do VI Cross Parque dos Menhires(integranbte do II Circuito de Campo a Través da FGA) e que dará acomezo as 10.30 horas. Xa no serán turno para oCampionato de Galicia de Velocidade (60 ml. e 60 mv.) que volverá a ter ó Módulo Cuberto de Lugo como esciario do mesmo as 16.30 horas e no que se aproveitará para desenvolver un control de marcas organizado polo Lugo Running

Xa no domingo contaremos na Lourenzá ca celebración da I Cross Comarcal da Mariña Lucense que dará comezo as 12.15. para rematar esta modalidade de campo a través cas clasificatorias escolares que se desenvolverán en Lugo.

As II Xornadas Municipáis Concello de Vigo en pista organizadas polo AVA en Balaidos as 11.00 horas, así como o Control de Marcas en Riveira cun amplo programa atlético que principiará as 10.00 h. pecharán a axenda atlética desta fin de semana

Noticias Web FGA .- 20/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

O sábado as 16.30 horas terá lugar no módulo de atletismo de Lugo a gran cita da velocidade galega que contará ca presencia dalgúns dos millores especialistas galegos na loita polo título galego tanto dos dos 60 m.l. e 60 m.valados

Entre os inscritos sen lugar a dúbidas  a gran atración será a presenza do atleta olímpico de Marín nas filas do F.C.Barcelona Jean Marie Okutu que terá como obxectivo achegarse a súa millor marca que dende o ano 2014 ten con 6.91. e cuio récord galego lembramos que está en 6.82 dende o ano 2008 que posúe Pablo Comendador, que tamén tomará parte neste campionato.

Teresa Rodríguez Miguelez tanto nos lisos como nos valados e José Ignacio Tomás nos 60 valados ambos dos Riazor Coruña, a priori parten con certa ventaxa de cara ó título de campións galegos 

Existirá final A e B pasando as mesas os millores tempos das eliminatorias      

Circular

 

Relación de admitidos

Noticias Web FGA .- 19/01/2017 . A F.G.A. integra o colectivo con diversidade funcional nas súas probas oficiáis

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/01/2017 . A F.G.A. integra o colectivo con diversidade funcional nas súas probas oficiáis

A Federación Galega de Atletismo a través da súa circular nº 09/2017 ben de establecer a obrigatoriedade a todos aqueles organizadores de probas federedas de facilitar o acceso as compiticións de persoas con diversidade funcional (discapacidade física, psíquica ou sensorial) atendendo ó principio de integración, accesibilidade e inclusión de todo este importante colectivo.

A medida aprobaba recentemente polos órganos federativos da Xunta Directiva e Comisión Delegada, intenta rachar barreiras e regular a cada vez maior demanda de persoas con diversidade funcional estándose para elo estudando implementar unha serie de accións encamiñadas a informar e formar os membros do CGX asi como ós distintos colectivos atléticos interesados.

A hora de inscribirse nas distintas probas federadas ben a través de pasarelas ou outros medios habilitados, os atletas deberán indicar o tipo de discapacidade e grao para que os organizadores poidan organizar tódolos medios e medidas para a súa  participación.

Circular

Noticias Web FGA .- 18/01/2017 . Catro distincións para o atletismo galego na gala anual RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/01/2017 . Catro distincións para o atletismo galego na gala anual RFEA

Este sábado 21 de xaneiro terá lugar a XX RFEA Gala do Atletismo 2016 que se desenvolverá no Auditorium Alfredo Goyeneche do Comité olimpico Español en Madrid e na que nada menos que catro galegos figuran na lista de galardoados.

Asi no apartado de organizadores o Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña engadirá un novo premio máis a súa dilatada traxectoria de máis de trinta anos. Alfonso Posada e Alfonso Ortega recibirán o Premio Especial RFEA en recoñocemento a súa dilata e extensa actividade a prol do atletismo. Por último un ano máis, o galardon ó millor xuiz novel recaerá no coruñés Andrés Anxo Pérez que recollerá o testigo de Guillermo Sandino premiado na edición do ano pasado.

Gala RFEA

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA