Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 18/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/01/2017 . A gran cita da velocidade galega, esta fin de semana en Lugo

O sábado as 16.30 horas terá lugar no módulo de atletismo de Lugo a gran cita da velocidade galega que contará ca presencia dalgúns dos millores especialistas galegos na loita polo título galego tanto dos dos 60 m.l. e 60 m.valados

Entre os inscritos sen lugar a dúbidas  a gran atración será a presenza do atleta olímpico de Marín nas filas do F.C.Barcelona Jean Marie Okutu que terá como obxectivo achegarse a súa millor marca que dende o ano 2014 ten con 6.91. e cuio récord galego lembramos que está en 6.82 dende o ano 2008 que posúe Pablo Comendador, que tamén tomará parte neste campionato.

Teresa Rodríguez Miguelez tanto nos lisos como nos valados e José Ignacio Tomás nos 60 valados ambos dos Riazor Coruña, a priori parten con certa ventaxa de cara ó título de campións galegos 

Existirá final A e B pasando as mesas os millores tempos das eliminatorias      

Circular

 

Relación de admitidos

Noticias Web FGA .- 18/01/2017 . Relación provisional gañadores IV Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/01/2017 . Relación provisional gañadores IV Circuito Carreiras Populares Deputación da Coruña

Faise pública a relación provisional de gañadores correspondente as distintas categorías do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña desenvoltas no ano 2016.

Por mor da gran complexidade deste circuito a hora de establecer clasificacións e puntuar (estivo integrado por trinta carreiras moitas das cales con categorías distintas as marcadas nas bases reguladoras da compitición) ábrese un prazo de reclamación que remata o dia 25 as 21.00 horas e que deberán ser enviadas ao seguinte enderezo electrónico: cofcluis@hotmail.com

RELACION PROVISIONAL GAÑADORES

Noticias Web FGA .- 13/01/2017 . A Rúa e Lugo, principáis focos de atención nesta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/01/2017 . A Rúa e Lugo, principáis focos de atención nesta fin de semana

Co mes de xaneiro encarando xa a metade, empézanse a deixar notar as múltiples probas que as fins de semana acontecen e na que se misturan a partes iguáis a pista cuberta, o campo a través e as probas de ruta.

En concreto o sábado e domingo, Lugo dará acollida óCampionato de Galicia de Probas Combinadas para as categorías Cadete, Veteranos e de Clubs simultaneándose todo elo, cunhas probas de control organizadas pola Delegación.

A Rúa será o outro punto importante ca celebración o domingo do Campionato de Galicia de Campo a través para veteranos que darán comezo as 12.00 horas celebrándose no mesmo circuito o Campionato Provincial Escolar XOGADE e o  II Cross da Rúa integrante do Circuito Galego de especialidade.

Por último e continuando co domingo,  Vigo disputará a súa I xornada das series Municipáis-Concello de Vigo, organizadas polo AVA, sendo Coruña esciario da proba pedestre II Carreira Popular de Matrogrante as 10.30 horas da mañán

Noticias Web FGA .- 12/01/2017 . XXXI Campionato de Galicia de Cross de Veteranos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/01/2017 . XXXI Campionato de Galicia de Cross de Veteranos

A trixésima primeira edición do Campionato de Galicia de Cross de veteranos terá o seu esciario o vindeiro domingo dia 15 de xaneiro na área recreativa do Aguillón, ubicada no Concello de A Rúa e contando para elo ca organización da Delegación da F.G.A.  en O Barco e a do Club ADAS-Proinor

Nesta cita autonómica atópanse incritos un total de 230 participantes entre tódalas categorías e idades e que ben representando, o igual que acontecera no campionato de pista cuberta, un número récord de inscritos. Entre os que tomarán parte salientamos a presenza entre outros de Rocío Alvite, Victor Rioboo, Daniel de la Torre, Soledad Castro ou mesmo Antonio Cabana e a Manuel García os cales tomarán parte na categoría M-75.

As probas darán comezo as 12.00 horas ca saida da primeira carreira (M-60 homes) para rematar en torno as 14.15 horas do serán ca entrega de trofeos.

Circular

Relación de inscritos

Noticias Web FGA .- 12/01/2017 . Lugo, epicentro das Cambinadas Autonómicas nesta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/01/2017 . Lugo, epicentro das Cambinadas Autonómicas nesta fin de semana

O módulo Cuberto Gregorio Pérez Rivera de Lugo, dará acollida nesta fin de semana a disputa dos Campionato de Galicia de Probas Combinadas para as categorías de Veteranos, Cadetes e de Clubes o que convertirá a capital lucense no centro de atención desta modalidade.

As probas que se desenvolverán en dobre xornada, darán comezo o sábado as 16.00 horas rematando o domingo sobre as 14.00, agardándose unha ampla participación de atletas inscritos cun total de noventa e nove confirmados entre os tres campionatos.

Da mesma maneira e aprobeitando os campionatos, a Delegación Lucense organizará un control de marcas no Estadio Gregorio Pérez Rivera para os dias 14 e 15, cun amplo programa de probas que abranguen carreiras e concursos.

Horario e normas técnicas dos Campionatos de Combinadas  

Anexo Circular  NOVO HORARIO

Relación de Admitidos Cadete e Absoluto

Relación de Admitidos Veteranos

Noticias Web FGA .- 12/01/2017 . Votacion Mellor Atleta 2016

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/01/2017 . Votacion Mellor Atleta 2016
A Federación Galega de Atletismo invita a todolos afeccionado ó Atletismo a participar na elección dos mellores atletas galegos da pasada campaña. Deste xeito iníciase hoxe o proceso de votación mediante a nosa páxina web. Esta votación será un dos criterios -non vinculante- que o Xurado dos premios (integrado por membros do atletismo galego e diversos representantes dos medios informativos galegos) terá en conta para elixir o gañador/a de cada unha das categorías. [Votación] [Ver resultados]

Noticias Web FGA .- 09/01/2017 . Un récord de España e dazasete autonómicos, balance do Galego Veterán de Pista Cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/01/2017 . Un récord de España e dazasete autonómicos, balance do Galego Veterán de Pista Cuberta

Fantástica xornada a vivida no dia de onte durante a disputa do Campionato de Galicia Veterán desenvolta no Pazo dos Deportes de Riazor. A unha participación récord de atletas inscritos, engádeselle un auténtico aluvión de récords autonómicos (dazasete) así como un récord nacional acadado casi rematando o campionato como broche de ouro por parte de Xosé Lois Otero Cepeda (C.D.Universidade) quen na proba dos 3.000 m.l. M-60 e cun rexistro de 10.36.11 pulverizaría o anterior tope en varios segundos.

No tocante os récords galegos acadaríanse un total de oito na categoría feminina e de nove na masculina dos que salientamos o de Esther Pedrosa quen quedaría as portas do récord nacional na proba dos 3000 W-55 ó marcar cun rexistro de 10.56.51.

Por outra banda o atleta do C.D. San Paio A Estrada Mehdi Nabaoui acadaría onte no "Torneo do Norte de Portugal" unha nova plusmarca galega de 3.000 m.l. baixo teito na categoría cadete ó parar o reloxo nun tempo de 8.53.24 millorando os 9.01.2 de Miguel Ferreiro do ano 1989.

Relación de Récords batidos

Noticias Web FGA .- 07/01/2017 . Sociedad Gimnástica e Atletismo Feminino Celta gañadores da Copa de Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/01/2017 . Sociedad Gimnástica e Atletismo Feminino Celta gañadores da Copa de Galicia

Atletismo Feminino Celta en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes proclamaríanse no dia de hoxe gañadores da XI Copa de Galicia de Atletismo de Clubs de Pista Cuberta que se desenvolvería no Pazo dos Deportes de Riazor.

O conxunto pontevedrés, moi regular en todas as súas actuacións, amosaríase como o conxunto máis forte dos que tomaban parte permitíndolle continuar ca súa supremacía por quinto ano consecutivo. Xunto el estarían no podium o Real Clube Celta e o Atletismo Narón compartindo podium.

Na outra categoría serían as celestes do Feminino Celta quenes se impuxeran no computo xeral da súa categoría ao igual que fixeran o ano pasado, o que pon de menifesto o excelente arranque da tempada das viguesas. A segunda posición correspondería a Gimnástica de Pontevedra sendo terceiras as atletas do Ria Ferrol-Concepción Arenal

Noticias Web FGA .- 07/01/2017 . A gran cita dos veteranos chaga a Riazor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/01/2017 . A gran cita dos veteranos chaga a Riazor

O Pazo dos Deportes de Riazor, acollerá unha nova edición correspondente a disputa do Campionato de Galicia de Veteranos de Pista Cuberta que se desenvolverá en dobre xornada o domingo 8 de Xaneiro a partir das 11.00 e ata as 19.00 horas

Cunha participación récord 460 inscritos (118 mulleres e 342 homes) esta campionato conta con todos os ingredentes para poder presenciar unha fermosa compitición na que a presencia de atletas internaciónais garante un bo espectáculo e na que se agardan moitas mínimas de actuación para o Campionato de España da categoría que se desenvolva en Madrid do 10 ó 12 de Marzo

LISTAS DE SALIDA

Horario

Informacion Adicional

Noticias Web FGA .- 06/01/2017 . XI Copa de Clubs de Pista Cuberta, o primeiro título colectivo do ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/01/2017 . XI Copa de Clubs de Pista Cuberta, o primeiro título colectivo do ano

O Pavillón dos Deportes de Riazor dará acollida mañá  7 de xaneiro unha nova edición correspondente a disputa da  XI Copa de Clubes de Pista Cuberta que acollerá ós clubes máis importantes do atletismo galego.

A compitición que dará comezo as 16.30 horas e que se desenvolverá nunha soa xornada, contará ca particpación na categoría feminina dos clubes do ADAS-Proinor, Clube Atletismo Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Clube Atletismo Santiago, RIA Ferrol, LUCUS Caixa Rural Galega, Atletismo Femenino Celta e Riazor Coruña.

Na categoría masculina serán as formacións do LUCUS Caixa Rural Galega, Riazor Coruña, Clube Atletismo Narón, Clube Atletismo Santiago, Marineda Atlético, Sociedad Gimnástica de Pontevedra,  Real Club Celta e ADAS-Proinor, as que compitan por acadar este prestixioso título que abrirá un novo ano.

LISTAS DE SALIDA

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA