Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 03/01/2017 . Arranca a Pista Cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/01/2017 . Arranca a Pista Cuberta

Logo do paron das vacacións do Nadal, as probas de pista cuberta serán quenes protagonicen os primeiros campionatos e compiticións deste recentemente estreado ano 2017.

A primeira das mesmas terá por esciario o Módulo Cuberto dos Remedios onde o mércores dia 4 se dispute en xornada de mañá o "Trofeo de Nadal de Pista Cuberta" organizado polo Clube Atletismo Ourense con probas de velocidade, valados, saltos e lanzamentos. 

Xa na fin de semana e no Pazo dos Deportes de Riazor, desenvolveranse os primeiros Campionatos de Galicia comezando pola XI Copa de Clubs que acontecerá o sábado e na que dazaséis equipos en total compitirán por acadar este primeiro título colectivo. A priori será a Gimnástica quen na categoría masculina parta coma favorita, sendo na feminina onde as opcións resulten algo máis igualadas.      Atletas inscritos

O domingo, turno para os atletas que disputen o Campionato de Galicia de Veteranos, no que se agarda unha importante participación e que pon de manifesto o incremento de actividade deste importante colectivo do noso atletismo.   Informacion AdicionalHorario           Atletas inscritos

Noticias Web FGA .- 02/01/2017 . Medidas aprobadas na última Asamblea Xeral da F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/01/2017 . Medidas aprobadas na última Asamblea Xeral da F.G.A.

O pasado dia 10 de decembro acontecería a última Asamblea Xeral Ordinaria que a Federación Galega de Atletismo mantería na capital galega e na que se aprobaría unha serie de medidas que afectan principalmente ó colectivo de xuices. Nela se contempla a aprobación dunha suba das tarifas de arbitraxe  asi como o incremento das dietas do citado colectivo logo de que nos últimos anos estiveran conxeladas.

Da mesma maneira se daría luz verde para a creación do Campionato Galego de Lanzamentos longos de  inverno para categorías de menores entre outras cuestións adoptadas.

Noticias Web FGA .- 29/12/2016 . Concentración de Nadal FGA do sector de marcha

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/12/2016 . Concentración de Nadal FGA do sector de marcha

A Federación Galega de Atletismo, a proposta do Responsable do Sector de Marcha  Carlos Morales, está a por en marcha estes dias (26 ó 30 de decembro) unha concentración do sector na que están convocados un importante número de marchadores galegos.

As sesións de adestramento que se están a desenvolver en Pontevedra, contan ca participación de varios adestradores asi como ca presencia destacada de varios dos nosos máis prometedores marchadores. De igual modo o CGX está a tomar parte en charlas sobre regulamento,  a través da xuiz olímpica en marcha Dolores Rojas e o xuiz nacional Guillermo Sandino (na foto un momento da charla)

CIRCULAR

PLANIFICACION DA CONCENTRACION

Noticias Web FGA .- 27/12/2016 . As probas San Silvestres inundan o calendario no fin de ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/12/2016 . As probas San Silvestres inundan o calendario no fin de ano

Son moitos os Concellos que van poñer peche a este fin de ano da maneira máis atleticamente posible ca organización de diversas probas San Silvestre nas que como é tradicioal  deporte, lecer, festa e moita diversión misturanse nun ambente propio destas datas

A nivel oficial existe unha ampla oferta de probas nas que nada menos que cinco son as que se desenvolverán pola nosa xorgrafía, sendo a primeira das mesmas a  IV San Silvestre Popular Concello de Fene o venres dia 30 e que principiará a partir das 17.30 horas diante da citada Casa do Concello

Un dia despóis, o 31 será o turno pàra as probas da San Silvestre Ourensá a partir das 16.30 no entorno do Parque Barbaña; a XII Carreira Fin de Ano Ares-Mugardo que terá saida as 11.00 da mañán na Avenida de Mugardos (Concello de Ares);  a VI San Silvestre Pontesa 2016 que enfonte ó Colexio  Alexandre Bóveda verá sair ás distintas categorías a partir das 17.00 horas. Pecha esta oferta o Concello de Santiago quen organiza a  San Silvestre Compostelana a partir das 18.00 horas na Praza do Obradoiro

Noticias Web FGA .- 24/12/2016 . Entrevistamos a Santi Ferrer, responsable do Sector de Saltos Verticáis da F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/12/2016 . Entrevistamos a Santi Ferrer, responsable do Sector de Saltos Verticáis da F.G.A.

Na seguinte entrevista, damos a coñocer  as reflexións, proxectos, valoracións e metas que o responsable de saltos verticáis da Federacion Galega de Atletismo, Santiago Ferrer Alonso compartiría con nós.

Nesta entrevista falaría do que foi a pasada tempa na que non dubida en calificar de "bastante positiva" sen que por elo deixe de reivindicar milloras en canto a infraestructuras e dotación.

A comparativa do sector en relación as demáis Comunidades, as novas promesas galegas, os novos proxectos e a súa visión sobre a profesionalización do colectivo de adestradores completan, entre outras, esta intresante entrevista que nos achega un pouco máis a visión do responsable dun dos sectores máis importantes do noso atletismo.

Noticias Web FGA .- 22/12/2016 . Concentración de Nadal FGA do sector de marcha

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/12/2016 . Concentración de Nadal FGA do sector de marcha

A Federación Galega de Atletismo, a proposta do Responsable do Sector de Marcha  Carlos Morales, porá en marcha do 26 ó 30 de decembro en Pontevedra unha concentración do sector na que están convocados un total de 28 marchadores.

É moi importante a confirmación de todos os convidados antes do venres dia 23 as 11.00 horas na direccion de correo:  secretariogeneralfga@gmai.com

CIRCULAR

Noticias Web FGA .- 22/12/2016 . A Copa de Clubs de Pista Cuberta, será a primeira gran cita do ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/12/2016 . A Copa de Clubs de Pista Cuberta, será a primeira gran cita do ano

O Pavillón dos Deportes de Riazor dará acollida o vindeiro dia 7 de xaneiro unha nova edición correspondente a disputa da  Copa de Clubes de Pista Cuberta que acollerá ós clubes máis importantes do atletismo galego.

A compitición que dará comezo as 16.30 horas e que se desenvolverá nunha soa xornada, contará ca particpación na categoría feminina dos clubes do ADAS-Proinor, Clube Atletismo Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Clube Atletismo Santiago, RIA Ferrol, LUCUS Caixa Rural Galega, Atletismo Femenino Celta e Riazor Coruña.

Na categoría masculina serán as formacións do LUCUS Caixa Rural Galega, Riazor Coruña, Clube Atletismo Narón, Clube Atletismo Santiago, Marineda Atlético, Sociedad Gimnástica de Pontevedra,  Real Club Celta e ADAS-Proinor,as que compitan por acadar este prestixioso título que abrirá un novo ano.

CIRCULAR

Noticias Web FGA .- 12/12/2016 . Clube Atletismo Sada, consolidación e avance como pedra angular

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/12/2016 . Clube Atletismo Sada, consolidación e avance como pedra angular

Continuamos ca sección de entrevistas entre todos aqueles clubes que deron  resposta as nosas preguntas, e o facemos falando dunha entidade que ben experimentando nos últimos anos un medre importante en parte grazas a ser quen de involucrar a todo un Concello  en torno a un gran proxecto social e deportivo.

Jorge Valdes, membro da Xunta Directiva e responsable de Comunicación do Clube Atletismo Sada, desvelaríanos algo máis deste interesante proxecto.

Noticias Web FGA .- 09/12/2016 . A Asamblea Xeral da F.G.A. centra a axenda do sábado

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/12/2016 . A Asamblea Xeral da F.G.A. centra a axenda do sábado

Comezamos esta semana cargado de actividades co sábado na que salientamos a disputa en Ferrol da primiera xornada do XVII Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través que dará comezo as 10.00 horas en As Cabazas (Esmelle) e que forma parte dos XOGADE

A preto de 40 km. de Ferrol, poderemos presenciar a II Xornada do Circuito Galego de Campo a Través que terá no II Cross de Sada a súa proba a partir das 11.00 horas na parroquia sadende de Mondego e na que ó igual que acontecera en Esmelle, tamén forma parte das compiticións do Deporte Escolar

Continuando co sábado, desprazarémonos ata o Hotel Congreso de Santiago onde se desenvolverán a Xunta Directiva, (11.00 horas) a Comisión Delegada  (12.30 horas) para rematar no serán ca  Asamblea Xeral Ordinaria as 17.00 horas na que se debatirán os orzamentos, o calendario de compiticións, así como o estudio e debate das propostas dos asambleistas entre algúns dos aspectos importantes a tratar

Noticias Web FGA .- 05/12/2016 . O Circuito Correndo pola Costa da Morte, reivindica a súa importancia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/12/2016 . O Circuito Correndo pola Costa da Morte, reivindica a súa importancia

Continuamos ca sección de entrevistas, tratando desta vez de dar a coñocer un pouco máis a un dos colectivos menos coñecidos do noso deporte, a dos organizadores.

Falaríamos con Diego Castiñeira un dos responsables e organizadores do Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte  para que nos contara algo máis sobre este proxecto dende a súa perspectiva.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA