Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 03/12/2016 . Ourense deu acollida a segunda concentración do Sector de Saltos da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/12/2016 . Ourense deu acollida a segunda concentración do Sector de Saltos da FGA

Os responsables de saltos da FGA Santiago Ferrer e Mario Rodriguez veñen de desenvolver a segunda concentración de saltos que tería como esciario o módulo cuberto de Ourense e que contaría ca presenza e colaboración dos técnicos  Santiago Ferrer Moreira e Alfonso Palomanes así como a de algúns técnicos dos atletas convidados.

Tomarían parte no dia de hoxe 24 saltadores procedentes das provinzas de Pontevedra e Ourense. Con esta segunda concentración o sector de saltos completa o ciclo de sesións técnicas logo de que o pasado 5 de Novembro se disputara outra semellante no Módulo Gregorio Pérez Rivera para os atletas das provinzas da Coruñá e Lugo.

Circular 71

Noticias Web FGA .- Relación DEFINITIVA de equipos que tomarán parte na final da V Liga Escolar Federada ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Relación DEFINITIVA de equipos que tomarán parte na final da V Liga Escolar Federada ABANCA

Logo do  remate do prazo de reclamacións, danse a coñocer o nome dos equipos que tomarán parte na fase final da V Liga Galega Escolar Federada ABANCA que se desenvolverá o vindeiro dia 29 de xaneiro no Pazo dos Deportes de Riazor no que será a gran festa do atletismo de base.

Por entidades clasificadas, destácase a presenza do Clube Ourense Atletismo quen sería capaz de colocar os seus seis equipos en cada unha das categorías. Tamén destacada presenza dos equipos do Millaraio, Atletismo Vila de Cangas e RIA Ferrol quenes tomarán parte con cinco equipos na citada final.

EQUIPOS CLASIFICADOS

PUNTUACIONS EQUIPOS REPESCA

Noticias Web FGA .- 02/12/2016 . Marta Míguez, nova Directora Xeral de Deportes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/12/2016 . Marta Míguez, nova Directora Xeral de Deportes

A xavalinista olímpica Marta Miguez, a quen lle adicamos o noso último espazo nesta web na sección de  "Atletas olímpicos Galegos da Historia" ven de ser nomeada no dia de hoxe polo Consello da Xunta de Galicia como nova Directora Xeral de Deportes que sustituirá o anterior responsable José Ramón Lete, que se atopa ocupando o cargo de Secretarío de Estado para o Deporte.

A ex-pupila de Raimundo Fernández e de Julián Sotelo (con quen está casada e comparte tres fillos) fora recórdwoman de España de xavalina, internacional en trece ocasións así como olímpica nos Xogos de Atlanta. A nivel de xestión ocuparía os cargos de coordinadora deportiva do Concello de Ourense durante os últimos dez anos.

Especial Atletas olímpicos Galegos: Marta Miguez

Noticias Web FGA .- 01/12/2016 . Botou a andar o II Circuito Galego de Campo a Través

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/12/2016 . Botou a andar o II Circuito Galego de Campo a Través

II Circuito Galego de Campo a Través botaría a andar esta última  fin de semana ca disputa da 38º Memorial Belarmino Alonso que se desenvolvería en Vigo.

Logo desta primeira xornada sucederanse seis probas máis, incluido Campìonato de Galicia que teremos en Ribadavia, para rematar o doce de febreiro co XL Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oya, malia que ainda se podería ampliar a lista de probas integrantes deste circuito.

Puntuarán en cada proba os vinte primeiros outorgando vinte puntos ó primeiro, dazanove ó segundo....e así ata un punto ó vixésimo.

Para poder tomar parte neste evento e optar ós premios, tan só compre participar en a lo menos catro das seis probas marcadas no calendario.

Noticias Web FGA .- 28/11/2016 . Raúl Chapado, novo Presidente da RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/11/2016 . Raúl Chapado, novo Presidente da RFEA

Raul Chapado será o novo Presidente da Real Federación Española de Atletismo durante esta nova lexislatura.

Os 162 Asambleistas que estaban convocados este sábado a unha Asamblea Extraordinaria, decidiron amplamente outorgar a súa confianza a candidatura encabezada por Raúl Chapado. Ante esta opción se atopaba a do candidato e actual presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, que nada máis verificarse a maioría de apoios do seu opoñente, felicitaría publicamente ó novo presidente electo.

Con esta elección péchase o ciclo que durante vinte oito anos mantivo José María Odriozola, dando paso a un novo mandato presidencial.

Noutro orde de cousas, tamén se procedería as votacións para ós membros da Comisión Delegada na que o único estamento galego que estará presente na mesma será o de clubes encabezado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Noticias Web FGA .- 28/11/2016 . Antía e Daniel Chamosa, domiñaron o galego de marcha

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/11/2016 . Antía e Daniel Chamosa, domiñaron o galego de marcha

O Concello da Pobra do Caramiñal foi esciario o pasado  sábado 26 de Novembro, da disputa da XV Campionato de Galicia de Marcha de Inverno a que acudiron un importante número de marchadores. 

Como, era previsible os irmáns internacionáis Antía (C.A.Valladolid) e Daniel Chamosa (C.A.Fent Cami Mislata) proclamaríanse Campións de Galicia Absolutos na proba dos 5 km. marcha e na que xunto eles estarían no podium Samantha Mulloni (Ria Ferrol-CCA) e Mar Chillón(Valencia C.A.) así como Roberto Vieiro (C.A.Santiago) e Marcos Cintrón(Lugo Running)

No resto de categorías títulos de campións de Galicia para Alex Sierpes (S.D.Trega) e Carmen Martínez (E.A.Lucense) na benxamín; Xela Martínez (E.A.Lucense) e Christian Sierpes (S.D.Trega) na alevín e Zulfa Muiño (C.A.Millaraio) e Antón Martínez (E.A.Lucense) na Infantil. Xa por último na cadete os trunfos serían para Ana Piñeiro (A.Vila de Cangas) eMateo Díaz (E.A.Lucense)

Noticias Web FGA .- 25/11/2016 . As urnas decidirán mañán o futuro Presidente da Real Federación Española de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/11/2016 . As urnas decidirán mañán o futuro Presidente da Real Federación Española de Atletismo

A carreira por acadar a presidencia da Real Federación Española de atletismo chega ó seu fin.

Mañán sábado dia 26,  están convocados os 162 Asambleistas á Asamblea Extraordinaria  que terá lugar na sede do Comité Olímpico Español en Madrid (rúa de Arequipa,13) e cuias mans terán a responsabilidade de elexir tanto ós membros da Comisión Delegada, coma sobre todo a do  futuro presidente da RFEA entre os candidatos que a ela concurren, Isidoro Hornillos e Raúl Chapado.

As votacións serán logo da intervención dos dous candidatos ante Asamblea sobre as 12.15 horas, momento no cal procederase ó deposito do voto por estamentos na urna electoral. Unha vez rematado o proceso e de ter escrutados os resultados, sobre as 12.50 horas saberase xa o nome do futuro mandatario que dirixirá o atletismo español nos vindeiros catro anos.

Procedimento da actuación e horario (estimado) da Asamblea Extraordinaria

Noticias Web FGA .- 24/11/2016 . Actividade formativa do Comité Galego de Xuices para o 2017

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/11/2016 . Actividade formativa do Comité Galego de Xuices para o 2017

A Federación Galega de Atletismo a través do seu Comité Galego de Xuices, ben de planificar a nova campaña formativa da tempada 2016/2017.

Esta campaña que se ben implementando nos últimos anos, pretende formar de maneira completamente gratuita a todas cantas persoas queran ampliar os seus coñocementos regulamentarios do noso deporte, ca intención de acadar unha nova promoción de xuices territoriáis que poidan actuar e exercer os seus cometidos, en todas as probas atléticas oficiáis.

Os cursiños darán comezo nos primeiros meses do ano 2017  nas oito Delegacións que a FGA ten organizadas por toda a Comunidade.

Para ampliar información pódese contactar co teléfono 981 291683 ou no correo do CGX,  comitegalegoxuices@gmail.com

Noticias Web FGA .- 23/11/2016 . Equipos clasificados PROVISIONAIS para a final da V Liga Escolar Federada ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/11/2016 . Equipos clasificados PROVISIONAIS para a final da V Liga Escolar Federada ABANCA

A disputa o pasado fin de semana das fases clasificatorias para a Final da V Liga Escolar Federada ABANCA daría o nome das formacións que o vindeiro dia 29 de xaneiro compitirán no Pazo dos Deportes de Riazor no que será a gran festa do atletismo de base.

Por entidades clasificadas, destácase a presenza do Clube Ourense Atletismo quen sería capaz de colocar os seus seis equipos en cada unha das categorías. Tamén destacada presenza dos equipos do Millaraio, C.A. Sada, Atletismo Vila de Cangas e RIA Ferrol quenes tomarán parte con cinco equipos na citada final.

Abrese un prazo ata o venres 25 as 20.00 horas para presentar calquer tipo de reclamacións as puntuacións acadadas

Equipos clasificados

Puntuacions equipos repesca

Noticias Web FGA .- 22/11/2016 . A Pobra agarda o Campionato de Galicia de Marcha de inverno

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/11/2016 . A Pobra agarda o Campionato de Galicia de Marcha de inverno

O Concello da Pobra do Caramiñal será esciario (e organizador xunto a Agrupación Deportiva do Barbanza) o vindeiro sábado 26 de Novembro, da disputa da XV Campionato de Galicia de Marcha de Inverno que dará cita no Estadio da Alta a un total de 156 marchadores que loitarán por uns dos primeiros títulos da presente tempada.

O campìonato que comezará a desenvolverse dende as 11.00 horas ca saida das categorías inferiores, terá a partir das 12.25 h. as posta en escea dos absolutos. A ausencia  de Fran Durán e Eva Iglesias daralle a priori ós irmáns internacionáis Daniel e Antia Chamosa un papel de favoritos

Noutro orden de cousas o mércores 23 as 13.30 horas na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Pobra terá lugar a rolda de prensa de presentación do campionato na que estarán presentes o alcalde do Concello Xosé Lois Piñeiro, a Concellala de Deportes Genoveva Hermo, asi como o Delegado da F.G.A en Santiago Iván Sanmartín e o Responsable de Marcha da FGA Carlos Morales.

LISTA SAIDAS

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA