Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 19/11/2016 . Notable éxito de participación na Fase clasificatoria da V Liga Escolar ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/11/2016 . Notable éxito de participación na Fase clasificatoria da V Liga Escolar ABANCA

Esta sábado disputouse a primeira das fases que forman a V Liga Escolar Abanca e na que un total de 126 equipos das categorías benxamín, alevín e infantil tomaron parte na procura dun pase á final.

Lembramos que foron as sedes de O Barco, Vigo e Ferrol as que acolleron esta xornada cun notable éxito de participación e cuios resultados, unha vez procesados, darán o nome dos equipos que disputarán a final no Pazo dos Deportes de Riazor en data ainda por confirmar.

Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven celebrando esta Liga para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos e colectivos atléticos.

O luns farase pública composición dos equipos clasificados para a fase final

 

 

Benxamín Ferrol Benxamín O Barco Benxamín Vigo
Alevín Ferrol Alevín O Barco Alevín Vigo
Infantil Ferrol Infantil O Barco Infantil Vigo

 

CIRCULAR Nº 67/2016

Noticias Web FGA .- 17/11/2016 . Lugo, Vigo e Ferrol acollen a primeira fase da V Liga Galega Escolar ABANCA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/11/2016 . Lugo, Vigo e Ferrol acollen a primeira fase da V Liga Galega Escolar ABANCA

Esta fin de semana dará comezo a primeira das fases que forman a V Liga Escolar Abanca e na que un total de 126 equipos das categorías benxamín, alevín e infantil participarán na procura dun pase á final.

Lembramos que serán as sedes de Lugo, Vigo e Ferrol as que acollan  este sábado, nunha única xornada, os encontros de clasificación que darán acceso a final en base tanto ós postos coma os rexistros acadados

A hora de comezo dos mesmos será as 10.45 h. para rematar sobre as 14.00 h. faltando por confirmar ainda a data da final que se desenvolverá no Pazo dos Deportes de Riazor

Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven celebrando esta Liga para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos e colectivos atléticos.

RELACION DE EQUIPOS E SEDES

CIRCULAR Nº 67/2016

Noticias Web FGA .- 10/11/2016 . Marineda Atlético, camiño dos seus 25 anos de historia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/11/2016 . Marineda Atlético, camiño dos seus 25 anos de historia

Seguimos de rolda polas Delegacións poñéndolle acento ós nosos clubes.

Hoxe pasaríamos pola Delegación da Coruña para falar con Toto Bazán, atleta e Presidente do Clube Marineda Atlético. Nesta entrevista, desvelaría algúns aspectos da súa entidade na que tanto funcionamento coma estructura e obxectivos serían comentados.

Noticias Web FGA .- 09/11/2016 . Clube Atletismo Santiago, con vocación de permanencia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/11/2016 . Clube Atletismo Santiago, con vocación de permanencia

Continuamos co espazo  "especial clubes" a través do cal pretendemos darlle fala ós mesmos para que nos conten abertamente todo aquelo que consideren relevante compartir.

Logo da quenda do C.A.Rúa e C.A. Lourenzá, hoxe é o espazo doClube Atletismo Santiago, cuio presidente Alfonso López Menduiña, falaríanos da entidade que preside.

Noticias Web FGA .- 08/11/2016 . Fálanos o Club Atletismo Lourenzá

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/11/2016 . Fálanos o Club Atletismo Lourenzá

Continuamos a rolda de entrevistas,  coñocendo un pouco máis os distintos obxectivos, inquedanzas, metas e todo canto os nosos clubes desexen contarnos a través deles mesmos

No dia de hoxe fálanos a presidenta do Clube Atletismo Lourenzá que nos achega un pouco máis a súa  entidade.     

Noticias Web FGA .- 08/11/2016 . A Sociedad Gimnástica á cabeza dos clubes galegos na clasificación nacional

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/11/2016 . A Sociedad Gimnástica á cabeza dos clubes galegos na clasificación nacional

A RFEA ben de facer públicas as clasificacións optidas polos distintos clubes nacionáis en base a suma dos postos de finalistas nos distintos Campionatos de España desenvoltos na tempada 2015/2016.

Nela se atopan baremados un total de trescentos catorce clubes nacionáis entre os que están trinta e dous clubes galegos. De eles o millor clasificado é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra no posto vixésimo quinto cun total de 121 puntos.

No resto de Delegacións e comezando pola Coruña, o millor clube é o Riazor Coruña no posto 67º, sendo na de Lugo o Lucus Caixa Rural Galega no 35º. O Atletismo Ourense encabeza a clasificación da súa Delegación (174º), o mesmo que fai o New Balance Team na de Vigo (30º). No resto os millores clubes serían oRia (26º) en Ferrol; O A.D.Barbanza (145º) en Santiago, e o ADAS- Proinor  na do Barco no posto 121º.

Puntuación nacional de clubes

Puntuación clubes Galegos

Noticias Web FGA .- 06/11/2016 . Falamos co Clube Atletismo A Rúa

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/11/2016 . Falamos co Clube Atletismo A Rúa

O presidente do Clube Atletismo A Rúa Iván Dosantos, falaría con nós para comentar as valoracións da tempada que ben de rematar así  como  avanzar os seus obxectivos para esta nova.         

Noticias Web FGA .- 05/11/2016 . Concentración do sector de Saltos da F.G.A. en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/11/2016 . Concentración do sector de Saltos da F.G.A. en Lugo

Os responsables de saltos da F.G.A. Santiago Ferrer Alonso e Mario Rodríguez veñen de desenvolver a primeira das dúas concentracións de saltos que tería por esciario no dia de hoxe, o Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.Nela se contaría ca participación de vintecatro saltadores procedentes da zona norte da nosa comunidade (A Coruña e Lugo)

Lembramos que estas xornadas técnicas e de seguimento, continuarán o vindeiro dia 3 de Decembro no Módulo Cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense para a zona Sur (Ourense e Pontevedra) contando de igual maneira co mesmo número de atletas convidados.

A estas xornadas tamén acudirán os técnicos Alfonso Palomanes, Santi Ferrer M. e  Alberto Salgado.

Circular 71

Noticias Web FGA .- 03/11/2016 . Composición da Asamblea Xeral da R.F.E.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/11/2016 . Composición da Asamblea Xeral da R.F.E.A.

Acábase de facer público a relación oficial dos novos membros daAsamblea Xeral da Real Federación Española de Atletismo logo do remate do proceso de reclamacións ós resultados das eleccións acontecidas o pasado dia 28 de Outubro.

Os novos 162 membros eleitos da Asamblea terán que elexir o vindeiro 26 de novembro mediante voto secreto, tanto ós membros da Comisión Delegada como o nome do futuro Presidente da Federación. Lembramos que trala retirada da candidatura de Manel Fernández, os aspirantes a presidencia son o madrileño Raul Chapado e o actual Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.

COMPOSICION ASAMBLEA XERAL RFEA

Noticias Web FGA .- Seguimos comezando

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Seguimos comezando

Dende onte dia 1 de Novembro comeza oficialmente no noso deporte unha nova tempada 2016/2017.

Ca chegada deste ano post-olímpico, serán unha vez máis moitos os obxectivos e retos que todos os nosos estamentos asuman. Nuns casos as metas serán ir na procura dun medre individual, noutros en cambio a aposta será por acadar retos máis ben colectivos, contribuindo o resto a que a que tanto uns coma outros poidan cumplir as súas espectativas.

Sorte a tod@s nesta nova tempada.

Calendario FGA

Calendario RFEA

Normativa licenzas 2016/2017

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA