Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 29/10/2016 . Resultados provisionáis á Asamblea Xeral da R.F.E.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/10/2016 . Resultados provisionáis á Asamblea Xeral da R.F.E.A.

Logo do proceso de votacións para os representantes a Asamblea Xeral da  Real Federación Española de Atletismo acontecida no día de onte en todo o Estado, os resultados provisionáis quedan expostos agardando a que remate o prazo oficial de reclamacións. Transcurrido este tempo procederase o dia 3 de novembro, e segundo o calendario electoral, a proclamación dos Membros da Asamblea e ó inicio do plazo de presentación de candidaturas tanto á Presidencia como a Comisión Delegada que desembocará na elección dos mesmos o vindeiro dia 26 de novembro.

RESULTADOS PROVISIONAIS ASAMBLEA XERAL RFEA

Noticias Web FGA .- 27/10/2016 . Relación de equipos participantes na V Liga Escolar Abanca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/10/2016 . Relación de equipos participantes na V Liga Escolar Abanca

Logo do remate do prazo de presentación de clubs para tomar parte na V Liga Escolar Abanca un total de 126 equipos das categorías benxamín, alevín e infantil serán os que disputen a primeira das súas fases das que consta esta Liga o vindeiro dia 19 de novembro.

Nesta data existirá unha fase clasificatoria que se dará en tres sectores dos cales clasificarase  tanto por postos como por marcas os equipos que accedan a final, segundo especifican as normas.

A final desta V Liga Escolar Abanca, coma cada ano, será no Pazo dos Deportes de Riazor en data ainda por confirmar.

Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven desenvolvendo este proiecto para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos atléticos.

RELACION DE EQUIPOS E SEDES

CIRCULAR Nº 67/2016

Noticias Web FGA .- 26/10/2016 . Información Electoral importante

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/10/2016 . Información Electoral importante

Lembramos que este venres 28 de Outubro terá lugar as votacións dós candidatos a Asamblea Xeral da Real Federación Española de Atletismo.

Invitamos a participar a todos os estamentos neste importante proceso democrático cuios censos adxuntamos para consulta.

O horario de votación é de 17.00 horas a 20.00 horas e se poderá votar nas sete delegacións que a Federacion Galega ten destribuidas por A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol e O Barco

 

Censo
Atletas Clubes
Adestradores Xuices
Representantes Atletas  Organizadores 

 

 

      
 

Noticias Web FGA .- 26/10/2016 . Estreamos sección de entrevistas na nosa Web e RRSS

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/10/2016 . Estreamos sección de entrevistas na nosa Web e RRSS

No dia de hoxe inauguramos unha nova sección de entrevistas a través das cales pretendemos ampliar as canles informativas e comunicativas das nosas redes.

O obxectivo no é outro que o de dar a coñocer e poñer fala a aqueles personaxes que poidan ser interesantes dentro do atletismo galego. Con esta finalidade tentaremos periodicamente buscar e cursar opinións que agardamos sexan de interese xeral e que da mesma maneira  contribúan a un maior coñocemento das mesmas.

A entrevista que inaugura esta sección é a Lara Buig, gañadora do Circuito Corresán de Santiago 2016   

Noticias Web FGA .- 24/10/2016 . O Sector de Saltos da FGA convoca dúas concentracións en Lugo e Ourense

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/10/2016 . O Sector de Saltos da FGA convoca dúas concentracións en Lugo e Ourense

Os responsables de saltos da F.G.A. Santiago Ferrer Alonso e Mario Rodríguez veñen de convocar dúas concentracións de saltos para os dias 05 de Novembro e 03 de Decembro

A primeira das mesmas desenvolverase no Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e contará ca participación de vintecatro saltadores procedentes da zona Norte da nosa comunidade ( A Coruña e Lugo).

A segunda concentración efectuarase no Módulo Cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense para a zona Sur (Ourense e Pontevedra) contando de igual maneira co mesmo número de atletas convidados. A estas xornadas tamén acudirán os técnicos Alfonso Palomanes, Santi Ferrer M. e  Alberto Salgado.

Compre confirmar a participación atendendo as normas da circular adxunta

Circular 71

Noticias Web FGA .- 20/10/2016 . Todo listo en Ames para a disputa do IX Campionato de Galicia dos 10 km. Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/10/2016 . Todo listo en Ames para a disputa do IX Campionato de Galicia dos 10 km. Ruta

En Bertamiráns xa se atopa todo disposto para que este domingo dia 23 de Outubro de comezo a novena edición correspondente ao Campionato de Galicia de 10 km. Ruta que contará ca participación dalgúns dos nosos máis importantes especialistas na proba.

A priori, e como acontecera no recentemente Campionato de Galicia de Media Marathón, tanto Paula Mayobre (Independente) como Pedro Nimo ( RunBy Pedro Nimo) parten con certa ventaxa de cara a disputa dese título, si ben haberá que contar ca presenza tanto con Alejandro Fernández (ADAS-Proinor) como Yolanda Gutiérrez (Maeloc Way) ou mesmo Rocío Alvite (independente) que se atopan nun excelente momento de forma.

A cita será as 11.00 horas na Rúa Alcalde Lorenzo, a carón do Concello. Lembramos  a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas

DOSSIER DO CAMPIONATO

RELACION DE PARTICIPANTES

Noticias Web FGA .- 18/10/2016 . O CGX celebra o seu III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo este sábado en Ourense

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/10/2016 . O CGX celebra o seu III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo este sábado en Ourense

O Comité Galego de Xuices organizará este sábado 22 do Outubro o III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismoa desenvolver na sala de Conferencias de A Fundación en Ourense.

Nesta nova edición trataranse aspectos tan interesantes para o colectivo coma os modos de actuacións en compiticóns, as novidades no regulamento da IAAF ou as casuísticas das compiticóns. Todos os contidos serán impartido por xuices galegos de recoñecido prestixio e experiencia, os cales a través das súas exposicións e os correspondentes debates e turnos de preguntas, completarán esta actividade técnica.

Lembramos que Galicia foi pioneira na eleboración destos congresos cuios resultados están a contribuir a unha maior formación e capacitación do colectivo de xuices.

Programa do Congreso 

Como chegar

Noticias Web FGA .- 17/10/2016 . Aberto xa o prazo de inscripción para a V Liga Escolar Abanca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/10/2016 . Aberto xa o prazo de inscripción para a V Liga Escolar Abanca

A Federación Galega de Atletismo xa ten publicada a circular que regula as normas da V Liga Escolar Abancaaberta para as categorías benxamín, alevín e infantil e que desenvolverá a súa primeira fase o vindeiro dia 19 de novembro.

Nesta data existirá unha fase clasificatoria que se dará en cada unha nas catro provincias galegas das cales clasificarase o primeiro equipo de cada un dos encontros de maneira directa. O resto de formacións que accedan á ultima fase (cinco) sairá da clasificación por marcas, segundo especifican as normas.

A final desta V Liga Escolar Abanca, coma cada ano, será no Pazo dos Deportes de Riazor en data ainda por confirmar.

Con esta xa son cinco as edicións nas que se ven desenvolvendo este proiecto para as categorías base, contando cunha gran aceptación entre os distintos estamentos atléticos.

CIRCULAR Nº 67/2016

Noticias Web FGA .- 14/10/2016 . O sector de velocidade pon en marcha unha nova concentración

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/10/2016 . O sector de velocidade pon en marcha unha nova concentración

O sector de velocidade da Federación Galega de Atletismo, cuio responsable é José Carlos Tuñas, ven de propoñer a realización dunha concentración do sector que terá lugar en Lugo o vindeiro fin de semana do  21 ó 23.

Nesta concentración contarase ca presenza en calidade de convidado do atleta internacional e campión de Espàña dos 200 m.l. Oscar Husillos. Por parte dos convocados salienta a presenza masculina do recórdman galego Mauro Triana do Playas de Castellón, asi como Andrea Pais do A.F. Celta na feminina. Ademáis estarán tamén os adestradores Tomás Pérez e Alvaro Valle.

Compre a confirmación de todos os convocados antes domartes día 25 as 14.00 horas no seguinte correo: secretariogeneralfga@gmail.com

Circular

Noticias Web FGA .- 06/10/2016 . Xornada Técnica de portas abertas de Lazamentos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/10/2016 . Xornada Técnica de portas abertas de Lazamentos

O vindeiro sábado dia 08 de Outubro, volven asXornadas Técnicas de portas abertas do Núcleo de Alto Rendemento de Lanzamentos da Federación Galega de Atletismo.

Esta xornada de formación, desenvolverase de 11.00 a 13.00 horas, nas pistas do INEF de Bastiagüeiro, grazas ao acordo de colaboracón suscrito ca Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Fisica da Universidade da Coruña.

Todos aqueles atletas e adestradores interesados nas especialidades de lanzamentos e que queran e desexen  tomar parte na xornada, poderán tanto departir, recibir información como asistir as demostracións dos contidos de adestramento que se efectuará por parte dos atletas integrantes do núcleo.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA