Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 01/10/2016 . Adestradores galegos nas xornas de "Formación Atlética dos Xóvenes/Muller e atletismo"

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/10/2016 . Adestradores galegos nas xornas de "Formación Atlética dos Xóvenes/Muller e atletismo"

Estáse a desenvolver en Madrid durante esta fin de semana as XVIII Jornadas sobre el presente y futuro de las categorías menores del atletismo que se desenvolve baixo o Programa Nacional de Tecnificación Deportiva do CSD e que conta cunha importante participación de adestradores procedentes de todo o Estado.

A estas xornadas que en formato de conferencias, coloquios e obradoiros, están a tratar aspectos tan importantes como a figura do adestrador, aspectos nutricionáis, ética ou mesmo contidos máis técnicos dalgunhas especialidades, acuden un total de nove adestradores galegos.

Na foto e de esquerda a dereita: Santiago Ferrer M., Santi Ferrer A., Pepe Domínguez,  Flavio Lombardía, Xulio Ventín, Tomás Pérez, Carlos Tuñas e Marcelino Rodríguez. Falta na foto José Antonio Pardal que tamén se atopa nestas xornadas.

Programa das Xornadas

Noticias Web FGA .- 30/09/2016 . Normativa e cuota de Licenzas 2016/2017

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
30/09/2016 . Normativa e cuota de Licenzas 2016/2017

A Federación Galega de Atletismo a traveso da súa Secretaría Técnica, ven de facer pública a circular 65-2016 pola que se informan das Cuotas e tramitación de licenzas de clubes, atletas, adestradores e xuices novas e renovadas da tempada 2016/2017 tanto a nivel nacional coma autonómico.

Da mesma maneira publicaríase a circular 66-2016 a través da cal infórmase da normativa de licenzas que rexirán a tempada que está a piques de comezar.

Lembramos que Galicia con 6559 fichas tramitadas no ano 2015  (datos CSD) sería a cuarta Autonomía en número tras Catalunya con 12.786, Madrid con 6877 e Andalucía con 6803.

Noticias Web FGA .- 15/09/2016 . III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/09/2016 . III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo

O Comité Galego de Xuices organizará o 22 do Outubro o III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo a desenvolver na sala de Conferencias de A Fundación en Ourense.

Nesta nova edición trataranse aspectos tan interesantes para o colectivo coma os modos de actuacións en compiticóns, as novidades no regulamento da IAAF ou as casuísticas das compiticóns. Todos os contidos serán impartido por xuices galegos de recoñecido prestixio e experiencia, os cales a través das súas exposicións e os correspondentes debates e turnos de preguntas, completarán esta actividade técnica.

Lembramos que Galicia foi pioneira na eleboración destos congresos cuios resultados están a contribuir a unha maior formación e capacitación do colectivo de xuices. Por todo elo, dende o citado oganismo, anímase a asistir a tódolos xuices con licencia en Galicia e confirmar a sús asistencia antes do dia dez de outubro,

Programa do Congreso e Formulario de Inscripción

Como chegar

Noticias Web FGA .- 14/09/2016 . Comezo do Curso no CGTD de Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/09/2016 . Comezo do Curso no CGTD de Pontevedra

O vindeiro xoves dia 15 de setembro as 10.35 horas dará oficialmente comezo un novo curso no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra para un total de 162 deportistas pertencentes a once modalidades e grupos deportivas diferentes.

Lembramos que no CGTDbaixo a dirección este ano de José López logo do paso de Xulio Ventín, existen dous grupos en función da natureza das prazas que se atopan determinadas pola idade. No primeiro deles, o Grupo de  Tecnificación, concurren deportistas que cumplan durante o curso dos quince ós dazaoito anos sendo o Grupo de Rendemento para atletas maiores de 18 anos.

O deporte con máis presenza é o piragüismo cun total de trinta e nove becados, contando o atletismo cun total de dazaoito que se dividen entre catro para Tecnificación e catorce de Rendemento

Relación de deportistas tecnificación

Relación deportistas rendemento

Noticias Web FGA .- 12/09/2016 . Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/09/2016 . Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada

Este venres están convocados a unha xuntanza ordinaria os membros pertencentes a Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo no salón de actos do servizo Provincial de Deportes na Coruña.

Os temas a aprobar (se procede)  como cada ano, serán cuestións tan importantes como a normativa de licenzas que rexirá esta tempada, as normas técnicas, o calendario de compiticións, as normativas dos campionatos de Galicia, así como o informe económico entre outros aspectos a tratar. Previamente o presidente da Federacion Galega exporá os membros un informe onde se salientarán os aspectos máis significativos tanto da pasada tempada coma da que está a piques de comezar. 

Lembramos que a Xunta Directiva está formada por catorce membros sendo a composición da Comisión Delegada de dez persoas, as cales se atopan  divididos polos estamentos de clubs (seis representantes), atletas (dous), e adestradores e xuices cun representante para cada un.

Circular Xunta Directiva

Circular Comisión Delegada

Noticias Web FGA .- Deu comezo o primeiro Curso de Adestrador Nacional na nosa Comunidade.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Deu comezo o primeiro Curso de Adestrador Nacional na nosa Comunidade.

Deu comezo hoxe na capital galega o Curso de Adestrador Nacional de Atletismo que por vez primeira se desenvolve na nosa Comunidade e no que por espazo de varios meses, acudirán a él un total de 28 alumnos inscritos.

O desenvolvemento desta actividade representa, segundo o presidete da Federación Galega de Atletismo  Isidoro Hornillos, "un dos principáis obxectivos e logros formativos que a FGA  está a lebar a cabo nos últimos anos logo da celebración dun total de dez cursos de Monitor Nacional asi como tres cursos de adestrador de clube"  Da mesma maneira Hornillos salienta "a satisfación que me produce ter cumplido un dos meus compromisos co atletismo galego"

No curso, que conta cunha carga lectiva de 1470 horas teórico-prácticas (se sumanos os Nivéis I e II), se atopan atletas moi salientables do atletismo galego entre os que cabe citar  ós olímpicos Frank Casañas, así como o responsable do Sector de Marcha da R.F.E.A Santiago Pérez. A mediofondista internacional Solange Pereira é outra das atletas que está a completar este curso de Adestradora Nacional.

CIRCULAR

Noticias Web FGA .- 08/09/2016 . Prazo de solicitude de Campionatos Galegos e circulares de interese

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/09/2016 . Prazo de solicitude de Campionatos Galegos e circulares de interese

Comezan xan os preparativos para dar inicio a unha nova tempada atlética, que como tódolos anos pasan primeiramente por perfilar e elaborar tanto nas Normas Técnicas como o Calendario de Compiticións.

Precisamente neste último aspecto, ven de publicarse a circular  que regula a normativa para a solicitude de Campionatos Galegos e cuio prazo de presentación remata o dia 13 de setembro.

Da mesma maneira tamén se teñen circulado as seguintes circulares:

 

Solicitude inclusión de probas federadas no calendario 
Solicitude de campionatos de Galicia 
 Normativa de probas de ruta e inclusión no calendario,  2016/2017
Campionto de Galicia Junior, Promesa e veterán de medio marathon
 Campionato de Galicia de 10 km. ruta   
Convocatoria da Comisión Delegada
Convocatoria da Xunta Directiva

Noticias Web FGA .- 08/09/2016 . Arranca a carreira á presidencia da Real Federación Española de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/09/2016 . Arranca a carreira á presidencia da Real Federación Española de Atletismo

Como cada catro anos, e coincidindo co remate dos Xogos Olímpicos, a Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo convoca a eleccións no citado organismo a todos aqueles estamentos con dereito a voto que figuren no censo electoral.

Serán precisamente estes mesmos, quenes deban elexir ós membros que compoñan á  Asamblea Xeral (28 de Outubro) os cales a súa vez, votarán por estamentos, tanto á Comisión Delegada como ao novo presidente.

O proceso que daría comezo o pasado dia 1 de setembro ca exposición do censo inicial, terá a gran cita electoral o vindeiro dia 26 de novembro momento no cal se coñecerá o nome do novo presidente que deba sustituir a José María Odriozola, quen abandona o cargo logo de vintesete anos de presidencia.

Malia que será o dia 3 de novembro cando se inicie o prazo de presentación oficial de candidaturas á presidencia, a dia de hoxe concurren a este proceso o actual presidente da Federación Galega de AtletismoIsidoro Hornillos así coma  os candidatos Manel González e Raúl Chapado

INFORMACION ELECTORAL E CENSOS  RFEA

Noticias Web FGA .- 07/09/2016 . As Escolas Galegas de Marcha (ESGAMAR) botan a andar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/09/2016 . As Escolas Galegas de Marcha (ESGAMAR) botan a andar

Esta fin de semana comeza a porse en marcha un novo comezo de tempada correspondente as Escolas Galegas de Marcha (ESGAMAR) baixo a dirección de Carlos Morales e o acompañamento na parcela técnica de José Antonio Pardal entre outros técnicos. Será en concreto o domingo día once as 11.00 horas no paseo das illas das Esculturas de Pontevedra onde comezará a primeira sesión de adestramento que estará aberta a todos cantos desexen participar.

Da mesma maneira deu comezo o contacto con clubes e núcleos para a promoción desta especialidade e cuio obxectivo ambicioso pasa por asesorar, cooperar e axudar a todos cantos clubes e adestradores o soliciten. Téntase desta meneira crear un tecido de marcha por toda a nosa comunidade que teña como logro a formación de adestradores así como a a incorporación de novos marchadores ao noso atletismo, (correo de contacto:carlosgangasmorales@gmail.com)

Lembramos que este proxecto leva funcionando varias tempadas sempre baixo a colaboración e a subvención da Deputación de Pontevedra. Entre os logros acadados polo ESGAMAR se atopa a consecución dun numeroso número de medallas en campionatos nacionáis así  como a internacionalidade de varios dos marchadores formados sendo os máis recentes Fran Durán, Carmen Escariz ou os irmáns Daniel e Antía Chamosa.

Noticias Web FGA .- 05/09/2016 . Pedro Osorio, convocado a unha concentración da RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/09/2016 . Pedro Osorio, convocado a unha concentración da RFEA

A RFEA desenvolvendo o Programa Nacional de Tecnificación Deportiva convocada polo Consello Superior de Deportes, organizará (logo do informe favorable dos responsables de sector) unha concentración de seguimento dos atletas máis talentosos a nivel nacional.

En concreto nesta concentración que se desenvolverá na Residencia Joaquín Blume de Madrid do 30 de setembro ao 02 de outubro, está convocado o atleta do Ria Ferrol-Concepción Arenal Pedro Osorio López o cal tomará parte no sector de medio fondo.

Lembramos que este xoven valor do Ria Ferrol adestrado por Tomás Manuel Pérez, acadaría este ano o subcampionato de España xuvenil nos 800 m.l. ocupando da mesma maneira a cuarta posición no ranking nacional da súa categoria  con 1.53.36. De igual modo, xa o ano pasado dera mostras da súa calidade ao proclamarse en Valladolid campión de España cadete nos 1.000 m.

CURRICULUM

CIRCULAR 184/2016

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA