Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 03/09/2016 . Presentación do Campionato de España de Milla en Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/09/2016 . Presentación do Campionato de España de Milla en Ruta

Onte en Marín, tería lugar a presentación oficial do Campionato de España de Ruta que se desenvolverá no citado Concello o dia 24 de Setembro e que coincidirá ca popular festa do San Migheleiro.

No acto estarían presentes represacións de todas as entidades e institucións que colaboran activamente neste campionato. Un dos obxectivos principáis do evento é o de ofrecer un gran espactáculo deportivo, para o cal se contará ca participación dos millores especialistas da proba. A maiores contarase con distintas categorías e probas adaptadas na procura de abrir e convidar á participación.

O percorrido discurrirá preto da Alameda e Rúa Ourense, agardándose un importante número de atletas incritos os cales optarán os importantes premios económicos que a organización ten estabrecido.

Noticias Web FGA .- Atletas DEGAN

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/08/2016 . Atletas DEGAN
Atleta  DEGAN ata
Patricia Carballo 22-08-2017
Carmela Cardama 22-08-2017
Frank Jennifer Casañas 30-09-2018
Pablo Castro 12-03-2018
Dario Costas 18-03-2019
Pablo Denis 17-06-2017
Alejandro Fernández 28-07-2019
Paula Ferreiros 18-10-2016
María Jesús Gestido 18-10-2016
Angela González 30-09-2018
Martín Liste

23-07-2018

Lorena Luaces 18-10-2016
Gustavo Nieves 18-10-2016
Pedro Nimo 17-06-2017
Jean Marie Okutu 12-03-2018
Jose Alfonso Palomanes 12-03-2018
Sergio Paredes 18-03-2019
Ana Peleteiro 18-10-2016
Solange Pereira 18-03-2019
Miguel Pérez 12-03-2018
Maximiliano Rodríguez 18-10-2016
Mauro Triana 22-08-2017
Isaac VIcente 18-10-2016

No dia de hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a lista de deportistas recoñecidos como Deportistas Galegos de Alto Nivel polo procedemento asinado en xuño de 2016 asi como as solicitudes desestimadas e as súas causas.

Neste procedimento aberto, o atletismo non contaría con ningunha nova inclusión, polo que a lista queda configurada segundo estaba en anteriores convocatorias

DOG nº 162

 

Noticias Web FGA .- 25/08/2016 . Galicia na relación de Comunidades con maior número de fichas deportivas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/08/2016 . Galicia na relación de Comunidades con maior número de fichas deportivas

Segundo Memoria da tempada 2015/2016 do Consejo Superior de Deportes, o atletismo a nivel estatal, con 70.911  fichas é o décimo primeiro deporte en canto a número de licenzas federadas dunha lista que encabezan as actividades de fútbol, baloncesto, caza, golf, montaña-escalada, judo, balonmán, tenis, ciclismo e voleibol respectivamente

Por comunidades e seguindo co número de licenzas, Galicia con 6559 (3826 masculinas e 2733 femininas)  ocupa o cuarto lugar superado por Catalunya con 12.786, e estando case na mesma proporción que  Madrid con 6877 e Andalucía con 6803. No que atinxe as licenzas de clubes repítense as catro primeiras posicións  por Comunidades si ben é Andalucía quen encabeza esta lista.

O dato negativo que a nivel xeral se extrae da Memoria, segue sendo o gran desiquilibrio existente entre a participación feminina con 753.760 licenzas en relación a masculina, cuia cifra casi cuadruplica aquela cantidade con 2.747.997.

 

 Licenzas Federadas                        Licenzas de Clubes
 Catalunya 12786  Andalucía 178
 Madrid  6877  Madrid 160
3  Andalucía  6803  Catalunya 138
 Galicia  6559  Galicia 118
 Pais Vasco  6185  C. Valenciana 110
 C.Valenciana  5213  Aragón  78
 Cas.-La Mancha  4855  Pais Vasco  76
 Cas. y León  4367  Cas. y León  72
 Aragón  3608  Extremadura  66
10ª  Canarias  3186 10ª  Baleares  63
11ª  Murcia  2458 11ª  Murcia  52
12ª  Cantabria  1955 12ª  Canarias  48

Noticias Web FGA .- 16/08/2016 . Angeles Barreiro, a primeira olímpica coruñesa do atletismo galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/08/2016 . Angeles Barreiro, a primeira olímpica coruñesa do atletismo galego

Angeles Barreiro Rico (Boimorto, 1965) pasa por ser unha das primeiras atleta femininas en tomar parte nuns Xogos, asi como a pioneira en moitos aspectos do atletismo feminino.

Dende moi nova o seu adestrador Raimundo Fernéndez, vería naquela rapaza que se adestraba por Riazor, unhas condicións magníficas para as probas de lanzamentos  que a levarían a lanzar dende os 26.76 m do ano 1977 ata os seus 60.56 m. do ano 1994.

Entre o seu dilatadísimo palmarés compre salientar os seus trece títulos de campiona de España na proba de disco (dous na categoría junior) asi como os nada menos que dazaoito récords nacionáis na mesma proba. A maiores sería medallista nos Xogos Iberoamericanos nos anos 1983 (bronce) e 1990 (prata) acandando importantes trunfos nas súas trinta e seis internacionalidades.  Ao longo da súa vida deportiva, simultanearía tamén co concurso de peso, no que malia a non ser especialista, chegaría a lanzar 15.61 m.

No ano 1992 chegaría a xusta recompensa que a levarían a tomar parte nos Xogos Olímpicos de Barcelona nos que lanzaría ata os 53.14 m. 

Militaría nos clubes do Deportivo da Coruña, Real Club Celta, Universidade de Santiago, Universidade de Salamanca, Santiveri, Valencia Terra i Mar e Ria Ferrol cos que acadaría corenta e oito títulos de campiona galega en peso e disco. Da importancia do seu récord de España fala o feito de que estivera vixente ao longo de máis de vinte un anos.

Xogos Proba Marca Posto
Barcelona-92 Disco 53.14 25ºQ (12B)

Curriculum RFEA

Un espacio para la Historia: Angeles Barreiro (Emilio Navaza)

Noticias Web FGA .- 02/08/2016 . 24 atletas galegos no Top10 do ranking nacional

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/08/2016 . 24 atletas galegos no Top10 do ranking nacional

Un total de vinte catro atletas galegos (trece homes e once mulleres) figuran no conxunto de probas olímpicas do top-10 no ranking nacional da presente tempada.

Cabe salientar os concursos de lonxitude masculino e  xavalina feminino encabezados por Okuto e Parada respectivamente. Solange Pereira nos 1500 m. é outra das que encabeza esta lista.

Por sectores os lanzamentos con dez inclusións dan o maior número de atletas a lista, na que a xavalina volve a reafirmar a importancia e a pegada que ten no noso atletismo con catro atletas colocados entre os dez primeiros do ranking nacional. Os saltos con catro, fondo con tres, medio fondo, relevos e velocidade con dous e valados con un, pechan o raking deste ano.

 

Posto Atleta Proba Rexistro
Lidia Parada Xavalina 57.34
Solange Pereira 1500 m. 4.08.29
Jean Marie Okutu Lonxitude 8.17
Frank Casañas Disco 65.32
Ana Peleteiro Triple 13.55
Belén Toimil Peso 16.30
Mauro Triana 100 m.l. 10.46
Manuel Uriz Xavalina 71.21
Alfonso Palomanes Triple 15.99
Claudia Rojo 400 m.v. 59.93
Mauro Triana 200 m.l. 21.07
Isaac Vicente Martelo 64.64
Pablo Denis Martelo 64.34
Equipo Ria Ferrol 4x400 3.47.45
Solange Pereira 800 m. 2.06.27
Esther Navarrete 5.000 m. 16.11.85
Esther Navarrete 10.000 m. 34.37.98
Borja Barbeito Xavalina 67.30
 8ª Saleta Fernández  Altura 1.76
 8º Equipo S.G.Pontevedra  4x400  3.14.63
Felicea Tilea Xavalina 50.02
10º Manuel Hurtado Marathon 2.18.25
10º Victor Gallego Peso 16.39
10º Victor Gallego Disco 53.09

 

 

 

Noticias Web FGA .- 24/07/2016 . Fantastica actuaccion galega no Nacional absoluto: 10 Medallas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/07/2016 . Fantastica actuaccion galega no Nacional absoluto: 10 Medallas (Lidia Parada,Jose A. Palomanes,Frank Casañas, Jean Marie Okutu ouros;Belen Toimil y Solange Pereira, prata e Mauro Triana,Manuel Uriz y

A atleta do Barbanza, non defraudo e fíxose co campionato absoluto de xavalina cunha marca de 57,18 metros.

Nova medalla para os lanzadores, como na mañá a proba de XaValina nos deparó a medalla de bronce a cargo de Manuel Uriz cun rexistro de 71,21 logrando o seu MMT

Unha medalla máis para o brillante palmares de Belen Toimil, que na tarde de hoxe logro a prata na proba de peso cun mellor lanzamento de 16,10 metros

Mauro Triana, a falta do 200 completa unha grandiosa tempada logrando o bronce nos 100 cun rexistro de 10.49 que vén premiar á velocidade galega

Como colofon á xornada Frank Casañas e Jose A. Palomanes lograron dúas novas medallas de ouro para nosa delegacion.
Frank o consiguio en disco cun mellor lanzamento de 61,25 e Palomanes en triplo con 15,96 
O resumo da primeira xornada non podias ser mellor cun total de 6 medallas (3 ouros,1 prata e dous bronce)

Na xornada dominical dispútanse todas as finais . A primeira dela con presenza galega foron os 400 metrosvalados que contou coa presenza de Carlos Mouro que ocupo a sétima praza con 53.16, Carlos non puido logra mellorar a súa MMT de semifinais de 52.18 , onde tivo moi boas sensacións

Grande Mauro
Grandioso fin de tempada para Mauro Triana que logra unha nova medalla de bronce nos 200 metros con 20.97 cun vento de 2,3 que invalida o record galego absoluto que o posúe de 21.07
Con seguridade antes de que acabe a tempada nalgún meeting logra ser o primeiro galego en baixar dos 21 segundos 

Prata para Solange nos 1500 cun rexistro de 4.14.32, a actual campeoana galega de 800 e 1500 non puido renovar a súa titulo nacional absoluto de 1500 ao ser superada por Marta Perez .
A medalla fai xustiza á finalista europea da distancia pola gran tempada realizada, quedándose ás portas dos JJO de Rio por un segundo

Un novo metal de bronce o logrando pola atleta do Atletismo Feminino Celta na pruba de 5000 metros por Esther Navarrete cun bo rexistro de 16.11.85 que lle supón mellor marca persoal. Tambien tomo parte nesta carreira Joselyn Brea con 16.13.80 cuarta posicion e MM

Como fin de "festa" unha novo metal para os atletas galegos onde o proximo galego olimpico Jean Maire Okutu, nuevamente proclámase campioa de España en lonxitude cun mellor salto de 7,65 metros
Fantastica actuaccion galega cun "botin" de 10 medallas (4 ouros, 2 pratas e 4 bronces)
Desde a FGA queremmos fecilitar a todos os participantes galegos polo gran campionato realizado ¡ enhorabuena ¡

Actuaccion Galega

 Foto gentileza Flor Currás

 

Noticias Web FGA .- 22/07/2016 . Atletas galegos no Campionato de España Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/07/2016 . Atletas galegos no Campionato de España Absoluto
A RFEA publicou as listas dos atletas admitidos para o Campionato de España Absoluto, que se desputa este fin de semana nas Pistas de Atletismo das Mestas, en Xixón.
Galicia contará cunha ampla participación en tódolos sectores. Os atletas con máis opción de Podium serán;en velocidad, Mauro Triana, no medio fondo, Solange Pereira,en saltos Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes, en lanzamentos, Frank CasañasManuel UrizBorja Barbeito, Belén Toimil e Lidia Parada.
 

    

  

Noticias Web FGA .- 16/07/2016 . Oito mellores marcas batidas no Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/07/2016 . Oito mellores marcas batidas no Campionato de Galicia Absoluto
Cunha temperatura de mais de 36º grado celebrouse en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto ao aire libre, onde se melloraron un total de oito melloras marcas de campionato a cargo de:

100 10.55 Mauro Triana

200 21.23 Mauro Triana

200 25.22 Lidia Casal

800 2.07.01 Solange Pereira

3000 Obs 11.00.21 Eva Arias

Lonxitud 5,93 Iria Forjan

Peso 16,03 Belen Toimil

4x100 48.40 Atletismo Feminino Celta

Separadamente das citadas marcas sobresaíron os dobletes de Mauro Triana en 100 e 200 demostrando o seu gran estado de forma e Solange Pereira en 800 e 1500 cuns bos rexistro e esperando e desexando que sexa repescada para os JJ OO de Rio.

Tambien lograron o doblete Belen Toimil , Victor Galego en peso e disco , os valados estiveron dominados por Claudia Rojo 100 e 400 e  Riazor Coruña en 4x100 e 4x400 en homes

 

Noticias Web FGA .- 15/07/2016 . Todo listo para a gran cita atlética do ano

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/07/2016 . Todo listo para a gran cita atlética do ano

Apenas unhas horas para que de comezo nas pistas de atletismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar, a edición LXXXIII masculina e  XLVIII feminina correspondente ao Campionato de Galicia Absoluto de Aire libre na que se poderá  ver a algunhas das figuras galegas do momento.

Os compañeiros da Delegación de Ourense veñen traballando incansablemente durante estes últimos dias para que tanto os aspectos técnicos como loxísticos poidan estar mañá a punto e preparados para que as 10.30 bote a andar esta agardada edición.

Lembramos que nesta Campionato conmemóranse os cen anos do atletismo galego motivo polo cal se desenvolverán unha serie de actos entre as que salientamos a exposición "Un século de 13 Xogos e 25 olímpicos" que fará un repaso pola historia do atletismo galego a través dos seus olímpicos.  A maiores cada gañador recibirá unha medalla conmemorativa desta efemérides e na que da mesma maniera,  existirá un reparto económico para o Campionato de 6.000 € de premios en metálico.

 

 

CIRCULAR

ADMITIDOS

DOSSIER

CADENCIAS

C. CHAMADA  
 

Noticias Web FGA .- 14/07/2016 . Presentouse hoxe en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/07/2016 . Presentouse hoxe en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto

A presentación oficial do Campionato de Galicia que se desenvolverá en Ourense o sábado dia dazaséis, tería lugar hoxe as once da mañá no Pazo da Deputación de Ourense. A el audirían o Vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de GaliciaMario Guede, o Xerente do Consello Municipal de DeportesMario González, o Vicerreitor do Campus Universitario de Ourense Virxilio Rodríguez, o asesor de deportes na Deputacón Bernardino González. Tamén a Federacion estaría representada tanto polo seu delegado en Ourense, Manuel Blanco como pola do seu Secretario Angel Fidalgo.

No acto falaría cada un dos representantes das institucións sinaladas, salientando  a importancia que para Ourense supón a celebración destes campionatos. Da mesma maneira indicaron o feito relevante de tratarse dunha edición na que se conmemorarán os cen anos de Atletismo en Galicia.

Da mesma maneira entregaríase un DOSSIER DO CAMPIONATO a todos os membros da prensa acreditados cas caracteristicas básicas do evento autonómico

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA