Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 13/07/2016 . Un Campionato Galego de 100

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/07/2016 . Un Campionato Galego de 100

O vindeiro sábado 16 de Xullo as Pistas de Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar (Ourense) serán o esciario escollido para dar acollida a desputa dos  Campionatos Galegos Absolutos (LXXXIII en homes e  XLVIII en mulleres) que contarán ca participación de moitos dos millores atletas  da nosa Comunidade.

A gran cita atlética do verán, contará co engadido de coincidir ca celebración dos 100 anos do atletismo en Galicia, para o cal se ten preparado unha exposición que leva por título "Un século de 13 Xogos e 25 Olímpicos" e no que se fai un repaso dos atletas olímpicos galegos ao longo de todas as edicións. A maiores está editada unha medalla conmemorativa do centenario que será entregada a cada cada gañador en edición especial.

Seguindo a política de reparto económico dos últimos anos, contarase con importantes premios económicos para cada vencedor que irán a cargo da partida de Sistema de Axudas a Atletas Galegos de Alto Nível 2016. Tales cantidades serán de 100 € para cada un dos gañadores, así como de 300 € para os millores rexistros (táboa IAAF) dos sectores de velocidade e valados;  medio fondo, fondo e marcha; saltos e por último lanzamentos.

CIRCULAR CAMPIONATO     

LISTADO DE INSCRITOS ADMITIDOS

Noticias Web FGA .- 13/07/2016 . Atletas galegos no punto de mira da RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/07/2016 . Atletas galegos no punto de mira da RFEA

Coincidindo cos grandes resultados que están acadando moitos atletas galegos nos distintos Campionatos de España de categorías inferiores, a RFEA ven de convocar nas distintas concentracións de verán enmarcadas dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva, a un total de sete atletas e un técnico galegos.

Estas concentraccións, dividiránse por sectores en dous grandes núcleos ocupando cada un delas distintos puntos do Estado. No primeiro deles se atopa a atleta do A.Feminino Celta Olia Guisela Becerril quen tomará parte no sector de saLtos e que se desenvolverá en Soria do 25 ao 29 de Xullo.

A outra concentración está programada para porse en marcha en Sierra Nevada nas mesmas datas, e na que contaremos co resto de galegos na que se atopa a atleta do Ria Ferrol-CCA,  Lucía Sicre no sector de Medio fondo; Sara Lima (Bedae), Sara López (LUCUS Caixa Rural Galega) e El Medhi El Nabaoui (CD San Paio) no sector de Fondo e Obstáculos; Nicolás García en lanzamentos e Leyre Aramburo no de marcha completando a relación de convocados. Por último estará presente nesta concentración en calidade de técnico o lucenseManuel Hurtado

CIRCULAR

Noticias Web FGA .- 10/07/2016 . Oito medallas para os cadetes no nacional de Granollers

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/07/2016 . Oito medallas para os cadetes no nacional de Granollers

Seis novas medallas sumarían os nosos cadetes na cuarta e última xornada correspondente a desputa do seu Campionato Nacional en terras catalanas de Granollers que sumadas as dúas de onte (das que xa informamos) dan un balance de oito metáis (dous ouros, cinco pratas e un bronce)

Na categoría masculina, o lanzador do San Narciso Nicolás García, que partía ca segunda millor marca dos participantes, lograría no seu último intento un lanzamento de 55.97 m.que lle serviría para acadar o título de campión de España Cadete.  Podium para o tamén atleta do C.D. San Paio El Medhi El Nabaoui quen na final dos 3000 m. e cun rexistro de 9.13.99 lograía colgarse a prata malia que ter dous atletas con millor rexistro que el

No apartado feminino a máis madrugadora sería a marchadora do Cuntis Iria Rivas quen na proba dos  3km. Marcha acadaría a medalla de prata logo de invertir un rexistro de  14.55.01 dándolle as galegas o primeiro metal da xornada.  Os seguintes tres trofeos virían da man de  Lucía Sicre do RIA Ferrol-CCA nos 600 m.l.quen cun rexistro de 1.35.39 milloraría amplamente a súa MMP de 1.37.01 acando unha notabilísima medalla de prata da que se quedaría a tan só once centesimas do título.

Para os que tiveron a oportunidade de presenciar a final dos 3000 m.l. esta será sen lugar a dúbidas lembrada por moito tempo xa que tan só catro milésimas separaría a primeira da segunda clasificada. Por si foura pouco esa loita manteriánna dúas galegas Sara Lima (CSCR Beade) e Sara López (Lucus Caixa Rural galega).

A lucense viña cunha clara millor marca sobre o resto de atletas participantes que facía que encarara a sua final con moitas garantías. Pola contra Sara Lima sabedora que tiña a oito atletas con millor marca por diante dela apostaría forte tanto polo marca como polas medallas. A súa aposta valente e decidida tería a súa recompensa xa que se imporía na final con 10.18.65 millorando en nada menos que en 21 segundos a sua MMP. Tras ela entraría a subcampiona galega Sara López  que lle imprimiría unha clara cor galega a esta proba.

ACTUACIONS ATLETAS GALEGOS

RESULTADOS XERAIS

Noticias Web FGA .- 07/07/2016 . A escea 65 galegos cadetes no nacional de Granollers

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/07/2016 . A escea 65 galegos cadetes no nacional de Granollers

Xa se atopa todo preparado para que esta fin de semana comecen na cidade catalá de Granollers a desputa daos XV Campionatos de España Cadete. A  ela acuden un total de 65 atletas galegos (33 homes e 32 mulleres) , e na por número de participantes a nosa comunidade ocupa o quinto lugar dun total de dazasete autonomías

A priori entre os atletas con máis posibilidades de estar na loita polo podium sitúase El Nabaoui El Medhi do C.D. San Paio A Estrada na proba dos 3.000 m.l como así o garante o seu rexistro de  9.08.66. No concurso de altura contamos cos 1.84 cm. de Marco MartínezRodríguez da S.Gimnástica cuia marca tan sé é superada por dous participantes.  

Nicolás García do Clube San Narciso será outro dos participantes que intentará facer valer os seus 57.18 m. no concurso de disco ao igual que os 23.11 nos 5 km marcha de Alex Novas  do Atletismo Cuntis.

Nas mulleres moitas opcións para Olaia Guisela Becerril do At. Femenino Celta nos 100 m.l. que estará acompañada nese grupo dos serios aspirantes por Lucía Sicre do Ria Ferrol nos 600 m.l. A xoven xoia celeste tamen tomará parte no concurso de lonxitude na que parte ca segunda millor marca das partcipantes con 5.76 m.

A presenza da lucense do Lucus Caixa Rural Galega nos 3000 m. Sara López pasa por ser unha das máis serias opcións a medalla de ouro xa que o seu rexistro de 10.15.66 fanna encabezar destacadamente a proba. O obxectivo será refrendar ese rexistro co título de campeona de España.

Pare rematar haberá que prestar atención tamén a proba dos 3 km Marcha na que contaremos ca presenza de Iria Rivas (C.A.Cuntis)

RELACION GALEGOS INSCRITOS

HORARIO CAMPIONATO

 

Noticias Web FGA .- 01/07/2016 . Importante presenza galega no nacional junior desta fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/07/2016 . Importante presenza galega no nacional junior desta fin de semana

Esta fin de semana de novo as pistas Municipáis de Gaeta Huguet de Castellón volverán a ser o esciario escollido para a desputa do LXIII Campionato de España Junior 

A esta importante cita acuden un total de 38 atletas galegos (23 homes e 15 mulleres) dos cales se agardan uns excelentes resultados tanto a nivel de m.m.p. como de medallas,  sen descartar a consecución dalgún récord galego.

De toda a expedición de atletas, salientamos as probas de velocidade na que Paula Iglesias (Riazor Coruña 56.56) loitará por un dos metáis e por millorar esa quinta posición do nacional indoor

No medio fondo e fondo contaremos ca participación de Angela Fernández nos 800 m.l. (Comesaña S.C. 2.10.66) e de Adrián Bennos 1500 m. (Lucus Caixa Rural Galega 3.46.81) que estarán na loita directa polo podium, ao igual que Ivo Maseda (Lugo Running Club by Ramos Lourés 14.50.80) nos 5.000 m.

Nos 3000 Obstáculos Miguel González (Lucus Caixa Rural Galega) tentará refrendar cunha victoria ese rexistro de 8.55.23 que o sitúan ao fronte dos participantes. Especial seguimento a Tariku Novales (C.A.Noia 9.08.35) que se atopa en plena fase de adaptación e millora técnica desta especialidade.

No apartado de combinadas Dario Costas (SGP) con 6.654 puntos loitará por facer bos os pronósticos e facerse co título de Campión de España. Para elo contará co referente da partcipación fora de concurso de Alessandro Van der Sande (7.433 p.)

Nos valados a estado de forma polo que atravesa Claudia Roja (Valencia C.A. 59.93) fan presaxiar ún rexistro importante, que mesmo podería estar moi preto desos 59.72 que constitúen o récord absoluto de Ana Domínguez dende o ano 1999.

A marcha sempre presente no noso atletismo, terá nos homes as referencias de Emilio Novás (Club Atletismo Narón, 23.24.8) e de Daniel Chamosa (Playas de Castellón) os cales poderían compartir podium. Nas mulleres importante presenza da internacional  Carmen Fuentes  (RIA Ferrol, 25.43.5) que parte como unha das claras favoritas ao título

Os concursos veñen con moitas opcións comezando pola lonxitude feminina e na que Iria Forján (Atlética Barbanza 5.95 m) en plena e constante milloría, podería franquear a barreira dos seis metros e poñer en serio perigo o récord absoluto de Ruth Ndumbe de 5.99 dende o ano 2004. Por ultimo a xavalinista Laura Meira (At. Femenino Celta 45.38 m.)  terá que asumir a “responsabilidade” da tradición, e defender e sempre constante presenza galega desta especialidade nos podiums nacionáis.

RELACION ATLETAS GALEGOS

HORARIO

Esta fin de semana de novo as pistas Municipáis de Gaeta Huguet de Castellón volverán a ser o esciario escollido para a  desputa do LXIII Campionato de España Junior  (...)

Para máis información premer en "ver noticia completa"

 

Noticias Web FGA .- 01/07/2016 . Recalifican ó equipo feminino de Galicia na 3ª posición no Nacional Cadete por Autonomías

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/07/2016 . Recalifican ó equipo feminino de Galicia na 3ª posición no Nacional Cadete por Autonomías

A Area de compitición da RFEA a traveso do seu Director Anacleto Jiménez, acaba de facer oficial unha serie de correcións sobre as puntuacións obtidas no pasado Campionato de Federacións Autonómicas Cadete que acontecería en Cartagena os dias 18 e 19 de xuño.

Nesta modificación (ocasionada por un erro na suma de puntos do programa de resultados) engádesenlle nove puntos a Galicia, os cales serven ao equipo feminino para acadar a zona de podium e ocupar a terceira posición en detrimento da Comunidade Andaluza

Noticias Web FGA .- 27/06/2016 . Seis medallas e récord de Andrea Pais no nacional xuvenil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/06/2016 . Seis medallas e récord de Andrea Pais no nacional xuvenil

Esta fin de semana un total de trinta e nove atletas galegos estiveron a tomar  parte en Mataró nos Campionatos de España Xuveniles que se desenvolveron os dias 25 e 26.

Moitas e importantes foron as actuacións dos nosos representantes nos que acadarían nada menos que cinco medallas todas elas na categoría feminina

Na proba dos 5 km. marcha feminina gran actuación das galegas que acadarían as medallas de prata e  bronce.  Antia Chamosa (C.A.Valladolid)  con 24.51.29 lograría o subcampionato da especialidade estando acompañada no podium por Leyre Aramburu da Escola Atlética Lucense que se colgaría o bronce logo de invertir un rexistro de 25.04.71. Esta podium vería acompañada por outras dúas medallas nun sensacioal concurso na proba de xavalina. A representante do Marineda Atlético Ivanna Carolina Román no seu último lanzamento acadaría os 41.22 m. co que afianzaría a segunda posición do campionato acadando da mesma maneira unha MMP. Pola súa banda Claudia Puig da Sociedad Gimnástica con 40.36 m. ocuparía a terceira posición dándolle a xavalina feminina destes campionatos un destacado protagonismo galego.

Os 800 m.l, terían na figura do atleta do RIA Ferrol Pedro Osorio outro dos protagonistas salientables ao acadar co seu rexistro de 1.53.36 a medalla de prata  e o subcampionato de España.

Andrea Pais do At. Femenino Celta nunha excelente carreira de 200 m.l. marcaría un rexistro de 25.06 que lle auparía ao subcampionato de España. Da mesma maneira con ese rexistro, este gran valor da canteira celeste, establecería un novo récord galego xuvenil tras superar os 25.09 de Patricia Carballo dende o ano 2012.

ACTUACION DE ATLETAS GALEGA

RESULTADOS

 

Noticias Web FGA .- 20/06/2016 . Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/06/2016 . Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Destacado balance de actuación o protagonizado pola Selección Galega Cadete no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolveu esta fin de semana  en Cartagena.

Nas tres xornadas que duraría o encontro, sen lugar a dúbidas, o máis salientable sería a actución de Olaia Guisela Becerril que se imporía no concurso de lonxitude con 5.76 m. millorando ademáis o récord galego cadete en posesión de Iria Forjan en catro centímetros.

Nicolás Area sería outro dos protagonistas no concurso de disco, impoñéndose cun millor lanzamento de 55.75 m. e quitando máis de catro metros ao segundo clasificado.

Podiums de prata para os galegos, Lucía Sicre  nos 600 m.l. con 1.37.43; Sara López  nos 1500 m. Obstáculos con 5.07.56 e cuia marca representa un novo record galego millorando en preto de seis segundos a anterior marca que ela mesmoa poseía dende principios deste mes;  Cristina Freire no concurso de disco con 34.43 m.; e Iria Rivas nos 3000 m. Marcha con  14.37.26,  El Medhi El Nabaoui nos 3000 m.l. con 9.08.66. As únicas medalle de bronce correspondería a Marco Martínez en altura con 1.84 m. asi coma na do relevo feminino dos 4x100 m.

Serían precisamente protagonistas os relevos femininos xa que os seus rexistros de 49.05 nos 4x100 m. e de  2.50.45 nos 4x300 m. suporían sendos récords galegos. 

A nivel de Seleccións Galicia ocuparía ao remate na categoría feminina unha destacada quinta posición con 225 puntos sendo os homes sextos con 185,5 puntos.

RESULTADOS HOMES                     RESULTADOS MULLERES

Noticias Web FGA .- 17/06/2016 . A Selección Galega Cadete xa se atopa en Cartagena

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2016 . A Selección Galega Cadete xa se atopa en Cartagena

A Seleción Galega Cadete de atletismo xa se atopa no seu hotel de concentración. O combinado galego que tomará parte no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en idade escolar que acontecerá esta fin de semana en Cartagena,  acude cun gran equipo no que practicamente (e por rexistros), están a ocupar os oito primeiros postos de cada proba.

Do total dos seleccionados salientamos a presencia dos atletas Nicolás García en disco, Sara López nos 1500 Obstáculos e Olaia Guisela Becerril en lonxitude. Estes atletas partirán cos millores rexistros de todos os participantes o que deseguro, fará que estén na pelexa polo trunfo.

Na loita polo podium tamén estarán inmersos  Marco Martínez en altura, Pablo Tojal en pértega, Alex Novasen 5000 marcha, asi como Uxía Sureda en xavalina, Iria Filgueira en martelo, Uxía Pereira en 100 m. valados,Lucía Sicre nos 600 m.l. e Diego Alonso nos 1500 m. Obstáculos

Atletas inscritos                  Web do Campionato            

Noticias Web FGA .- 17/06/2016 . Madó González Gonzalez "Vexo unha selección moi motivada cas súas cores"

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2016 . Madó González Gonzalez "Vexo unha selección moi motivada cas súas cores"

A Selección Galega de atletismo xa se atopa en Alcobendas onde este sábado desputará o XLI Campionato de España de Federacións Autonómicas.

O Combinado galego acude co dificil reto de millorar esa quinta posición lograda o ano  pasado, habida conta das importantes baixas de última hora que por lesión fixeron caerse da lista a nomes tan importantes como os de Ana Peleteiro (triple), Manuel Uriz  (xavalina) ou Esther Navarrete (3000 m.l.). Malia elo, Madó González Directora Técnica da F.G.A. salienta “acudimos cun combinado moi competitivo e motivado para afrontar esta cita, na que a mistura de xuventude e veteranía é o máis salientable” Sería na edición do ano 2010 desenvolta en Vigo, onde a Selección colleitaría o seu millor resultado e na que os homes subirían por vez primeira ao podium na terciera posición. Dende entón, as categorías compiten conxuntamente existindo unha única clasificación. Preguntada precisamente a Directora Técnica sobre un pronóstico para este campionato, non aventura ningún resultado, salientando ao respeito “Malia que acudimos con baixas importantes ao que hai que sumar un grandísimo nivel en xeral por parte das demáis seleccións, estou convencida de que faremos un excelente encontro. Vexo unha selección moi motivada cas súas cores”

A nivel xeral os puntos fortes da selección serán sen lugar a dúbidas os concursos nas que a lonxitude de homes e a xabalina de mulleres estarán ben cubertas por Jean Marie Okutu con 7.84 e Lidia Parada con 55.07 respectivamente os cales encabezan por marcas sendos probas. Outra proba importante para os intereses galegos son os 1500 m. femininos onde a presenza de Solange Pereira ca millor marca de todas de 4.10.76, garantiza tranquilidade nesa discipliña. Importantes serán tamén as aportacións dos lanzadores Belén Toimil (peso e disco) e do olimpico Frank Casañas (disco), Alfonso Palomares en triple, Claudia Rojo nos 400 m.v. eIvo Maseda nos 5000 m. os cales estarán tamén loitando polo podium. Outras bazas importantes serán as deSaleta Fernández en altura xa que os seus 1.83 m.lle dan a cuarta millor marca das participantes. Igual posto tamén para o lucense Miguel González na proba dos 3000 Obstáculos con 8.55.23.

A Selección Catalana, vixente campiona, parte como favorita para acadar o trunfo e ante unha potente aspirante Selección Madrileña que ven moi reforzada para este encontro.

Atletas participantes

Resultados en Directo

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA