Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 24/05/2016 . Campionato de Galicia Cadete na Malata o 4 de Xuño

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/05/2016 . Campionato de Galicia Cadete na Malata o 4 de Xuño

O vindeiro sábado día 4 na Pista Municiaol de Atletismo A Malata, desputarase o Campionato de Galicia Cadete.

Lembramos  a obrigatoriedade de poñer o dorsal dos atletas na inscripción.

 

Circular

 

Noticias Web FGA .- 25/05/2016 . Relevo o frente da Delegacion da Federacion Galega de Atletismo en Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/05/2016 . Relevo o frente da Delegacion da Federacion Galega de Atletismo en Pontevedra
Esta mañá celebrouse en Pontevedra o relevo o frente do Delegado da Federación Galega de Atletismo en Pontevedra, Raúl Bretal puxo fin a catro intensos anos de duro traballo para pasarlle o testigo a David Ferrer, atleta, adestrador, xuiz e novo delegado da FGA en Pontevedra.
O acto presidido polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos contou coa presenza do Director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) Xulio Ventin, do  Presidente e do Secretario da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ramón Touza e Jesús Cortegoso respectivamente, o Presidente do Comité Galego de Xuices, Eloy Breal,e da xuiz internacional e membro da Comisión Delegada da FGA,Carmen Torres.
O presidente agradeceu os servizos prestado o  atletismo galego por parte do delegado saínte e confía que siga vinculado a este deporte con novas tarefas así desexarlle  unha boa xestión  o frente de este cargo o delegado entrante, aproveitou tamén a ocasión para solicitar o apoio de todo o texido atlético períferico.

 

 

 

 

Noticias Web FGA .- 25/05/2016 . Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Vigo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/05/2016 . Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Vigo

Este fin de semana Vigo acolle a desputa do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. A 1ª Xornada desputarase na tarde do sábado 28 e a 2ª xornada na mañá do domingo 29 de Maio.

Cun total de 55 inscritos, 24 homes e 31 mulleres

Circular

Horario

Inscritos

Noticias Web FGA .- 23/05/2016 . Resumo do Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por Equipos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/05/2016 . Resumo do Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por Equipos

O domingo desputouse nas pistas universitarias de Elviña o Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil por equipos, unha intensa xornada de atletismo onde os máis pequenos e as súas familias poideron desfrutar da bo tempo e da actividade.

Na 1ª xornada o redor de 1000 cativos de categoría benxamin e alevin saltaron correron e lanzaron traballando en equipo, os clubes que subiron o pódium en categoría benxamin masculino foron o San Narciso,o Coruña Comarca e o Ourense Atletismo, primeiro, segundo e terceiro respectivamente,en mulleres serían o Vila de Cangas, Marineda Atlético, e o Ría Ferrol respectivamente.

En categoría alevin os clubes vencedores en homes foron Franciscanos de Lugo primeiros, Ourense Atletismo segundo e Vila de Cangas terceiro, en mulleres serían primeiras as rapazas do Atletismo Fontes do Sar, segundas a do Club Atletismo A Estrada e terceiras as do Ourense Atletismo.

Na 2ª xornada turno para os infantis,preto de 500 rapaces nunha intensa e fermosa xornada onde os gañadores en categoría masculina imporiase o Vila de Cangas, seguido do Ourense Atletismo e terceiros o CA Millaraio en féminas serían as rapazas do CA Millaraio, segundas as do Ourense Atletismo e terceiras as do Vila de Cangas.

Fotos: Atletismo A Estrada / CA Millaraio

 

Noticias Web FGA .- 21/05/2016 . O Ria Ferrol 4º no seu encontro da Division de Honra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/05/2016 . O Ria Ferrol 4º no seu encontro da Division de Honra

O equipo ferrolán desprazouse a Pamplona para desputar a 2ª Xornada da Division de Honra

Destacada a actuación de Laura Alonso acadando o 1º posto nos 800ml , Carol Pardo faría o mesmo nos 1500ml, Margarita v. Garcia sería 2ª nos 3000ml,Irene Ocete 3º nos 100mv, Paulette Nachata Fernandez 1º nos 400mv, a galega Iria Forjan 2º a lonxitude,Aldara Alvarez 2º no peso e 3ª no disco,Maria Oliva Amores 3ª no martelo, Carmen Fuentes 3ª nos 5000m marcha e o relevo de 4x 400 1ª, equipo formado por Paulette Nachata Fernandez, Carol Pardo, Alicia Alonso e Laura Alonso.

Boa viaxe de regreso

Foto: Arquivo Ria Ferrol Liga 2014

Noticias Web FGA .- 21/05/2016 . O 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña - Campionato de Galicia de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/05/2016 . O 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña - Campionato de Galicia de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil

O domingo 22 de Maio desputase nas pistas da Universide de Elviña o Campionato de Galica de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil, algo máis de 300 nenos e nenas participarán no Campionato Benxamin, no que participan 11 equipos femeninos e 12 masculinos, preto de 500 farano en categoría Alevin cun total de 14 equipos femeninos e 16  masculinos, e na categoría Infantil entorno os 500 participantes sendo 16 equipos masculinos e 14 femeninos. A xornada esperase

Por primeira vez o Atletismo Femenino Celta e o R.C Celta presentan equipo en todalas categorías , anunse a os Clubes Millaraio, Riazor Coruña e Club Atletismo Sada que presentan equipo  nas distintas categorías.

Circular

Lista salida-resultados BENXAMIN 

Lista salida-resultados ALEVIN

Lista salida-resultados INFANTIL

 

 

Noticias Web FGA .- 20/05/2016 . Presentacion de la Exposicion Fotografica 30 años Gran Premio Internacional de Marcha Atletica Cantones de A Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/05/2016 . Presentacion de la Exposicion Fotografica 30 años Gran Premio Internacional de Marcha Atletica Cantones de A Coruña

Esta mañana se presentó en sociedad la Exposición Fotográfica de los 30 años del Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña. El acto estuvo presidido por el Presidente del Consejo Territorial de la ONCE de Galicia, por Isidoro Hornillos Presidente de la Federación Gallega de Atletismo, Roberto García Delegado Provincial de la Secretaría Xeral para o Deporte y por Sergio Vázquez Presidente Honorífico y impulsor del Gran Premio Cantones en su época de Presidente de la FGA.

El acto estuvo presidido por el Presidente del Consejo Territorial de la ONCE en A Coruña, por Isidoro Hornillos, Presidente de la Federación Gallega de Atletismo, por Roberto García, Delegado Provincial de la Secretaría Xeral para o Deporte y por Sergio Vázquez, Presidente Honorífico e impulsor del Gran Premio Cantones en su época como Presidente de la FGA.

Entre los asistentes se contraba la Secretaría General del PSOE en A Coruña, Mar Barcón, el Director de la Escuela de Marcha,Carlos Morales, el Presidente de AGAXEDE, Eduardo Blanco.

Fotos

 

Noticias Web FGA .- 19/05/2016 . Maña 20 de Maio as 12h Presentacion da Exposicion Fotografica 30 anos Gran Premio Internacional de Marcha Atletica Cantones de A Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/05/2016 . Maña 20 de Maio as 12h Presentacion da Exposicion Fotografica 30 anos Gran Premio Internacional de Marcha Atletica Cantones de A Coruña

Mañá,venres 20 de Maio,as 12h na Fundación ONCE, sita en Cantón Grande 3 de A Coruña celebrarase o acto de presentación da Exposición Fotográfica 30 anos Gran Premio Internacional de  Marcha Atlética Cantones de A Coruña.

A exposición fotográfica fai un percorrido dende o seu nacemento Gran Premio, pasando polos Campionatos de España, I Copa de Europa de Marcha, Copa do Mundo de Marcha e o record do mundo dos 20km marcha de Liu Hong na última edición, percorrido, percorrido dos países participantes, e dos atletas, moitos cun amplo curriculum, Campións do Mundo,Olímpicos, de Europa, de España.

O Gran Premio de Marcha Cantones de A Coruña é ,sen dúbida, o evento deportivo atlético máis importante que se ven desenrolando en España nos últimos anos. No ano 2005 a IAAF creou o Circuito Mundial de Marcha, A Coruña é a única cidade do mundo presente en todalas edicións, polas rúas da cidade puidose desfrutar de marchadores de 63 nacionales.

 

Noticias Web FGA .- 19/05/2016 . 2ª Xornada do Campionato de España de Clubes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/05/2016 . 2ª Xornada do Campionato de España de Clubes

Este fin de semana desputase a 2ª Xornada do Campionato de Clubes, División de Honra e Primera División, onde os nosos atletas terán que desprazarse pola xeografía galega, os clubes de División de Honra estarán en Burgos o equipo masculina da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e en mulleres o Ría Ferrol terá que desprazarse a Pamplona.

En Primeira División,as rapazas do Atletismo Femenino Celta viaxarán ata San Sebastián e as do Lucus Caixa Rural a Burgos, en homes o Club Atletismo Narón visisitará terras aragonesas e o R.C. Celta desprazarase a Moratalaz.

Nas Ligas tamén tomarán parte máis atletas galegos que militan en clubes doutras comunidades como é o caso de Borja Barbeito que participa co su clube o Playas de Castellón,Manuel Uriz con Fent Cami Mislata, Francisco Michinell co filiar do seu clube o Club Atletismo Narón, e Ivanna Román que fará o mesmo co Ría Ferrol.

Circular

 

Noticias Web FGA .- 19/05/2016 . O 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña - Campionato de Galicia de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
19/05/2016 . O 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña - Campionato de Galicia de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil

O domingo 22 de Maio desputase nas pistas da Universide de Elviña o Campionato de Galica de Clubes Benxamin, Alevin e Infantil, algo máis de 300 nenos e nenas participarán no Campionato Benxamin, no que participan 11 equipos femeninos e 12 masculinos, preto de 500 farano en categoría Alevin cun total de 14 equipos femeninos e 16  masculinos, e na categoría Infantil entorno os 500 participantes sendo 16 equipos masculinos e 14 femeninos. A xornada esperase

Por primeira vez o Atletismo Femenino Celta e o R.C Celta presentan equipo en todalas categorías , anunse a os Clubes Millaraio, Riazor Coruña e Club Atletismo Sada que presentan equipo  nas distintas categorías.

Circular

Lista salida-resultados BENXAMIN 

Lista salida-resultados ALEVIN

Lista salida-resultados INFANTIL

 

 

 

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA