Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 12/04/2016 . A Fundacion Deporte Galego convoca as Axudas Galicia-Rio 2016

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/04/2016 . A Fundacion Deporte Galego convoca as Axudas Galicia-Rio 2016

 

Esta primeira fase das axudas ten como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016 e está dotada inicialmente con 120.000 euros aínda que se prevé a posibilidade de ampliar o crédito en función dos deportistas clasificados.

A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel e, nesta primeira fase, terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016

A segunda fase, que se convocará tamén neste exercicio 2016, estará destinada a todos/as os/as deportistas galegos/as de Alto Nivel recoñecidos como tal pola Secretaría Xeral para o Deporte que non se clasificaran para os XXOO/XXPP

En total, a Fundación destinará neste 2016 ás axudas a deportistas galegos de alto nivel 360.000 euros

 

Máis info

 

Noticias Web FGA .- 11/04/2016 . Relacion de clubes que participaran no Campionato de Galicia de Clubes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/04/2016 . Relacion de clubes que participaran no Campionato de Galicia de Clubes

 

Anexo Circular

 

Noticias Web FGA .- 10/04/2016 . Resumo Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/04/2016 . Resumo Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1Km

Na maña de hoxe desputabase na localidade coruñesa de Sada o II Campionato de Galicia de Milla en Ruta. A pesar das inclemencias meteorolóxicas o tempo deu unha pequena tregua o longo da maña, para dar paso a unha  fantástica competición atlética en ruta.

Na categoría absoluta proclamarianse campions galegos Elba Velez da Atlética Lucense e Alverto Chaves do CA Santiago cunha dura batalla ata a liña de meta.En categoría Promesa Eva Cid, do Comesaña Sporting Club e Fernando Vales do CA Santiago subirían o máis alto do pódium. En categoría Xunior serian Laura Santos e Sergio González os gañadores. En xuvenis Elba Velez  da Atlética Lucense e Pedro Osorio do Ria Ferrol acadarían o metal douro. En  M/W 35 imporiase Karina Callon do Club Atletismo Sada e Óscar Paz de Atletas de Acea Da Ama, en M/W 40 Noelia Papin do Club Atletismo Sada e Diego Escribano do CA Santiago, en M/W Inés Papin do Club Atletismo Sada e Ramón Serantes do  3Run by PedroNimo en M/W 50 Marina Fernández do Atletismo Milladoiro e Jesús Rego do Atlética Lucense en W55 Pedro Delgado do Atletismo Milladoiro,en  M/W 60 Begoña De Arriba  do Egovarros Viveiro e Javier Toro do Verxel Nutrición, en M65 Antonio Hernández do Egovarros Viveiro e M70 Jose Rioseco do Egovarros Viveiro.

No Campionato de Galicia de 1 Km os  gañadores en categoría cadete foron Diego Martínez do Coruña Comarca e Lucia Lopez do Franciscanos de Lugo quen bsatiu o record galego ,en categoría infantil o triunfo seria para Daniel Mato do Franciscanos de Lugo e Lucia Portela do Atletismo Tui, en Alevin os vencedores serian ,Iván Rego do Atlética Lucense e Carolina Santos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, quen acadaría o record galego da distancia  parando o crono en 3:22. En categoría benxamin proclamaronse campions da distancia Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e Iria rodriguez, do Madeiras Barcia Lourenzá.

Pararelamente os Campionatos de Galicia  realizaouse  A  II Milla Popular de Sada.

Desexamos unha pronta melloria o atleta do Coruña Comarca, Ermias Fernández quen tivo que ser atendido polos servizos sanitarios o finalizar a proba.

 

Noticias Web FGA .- 09/04/2016 . Citius Altius Fortius cumpre 5 anos en antena

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/04/2016 . Citius Altius Fortius cumpre 5 anos en antena

O programa Citius Altius Fortius, producido pola Federación Galega de Atletismo, e emitido pola TVG2 cumpre 5 años en antena, con  máis de 230 programas.

O proxecto de divulgación da actividade atlética galega, tomou forma no ano 2011 coa intención de acercar os espectadores o atletismo, así como informar sobre a actualidade do noso deporte. O  longo destes  238 programas foron moitas as competiciones de distinta localización xeográfica as que contaron coa presencia do noso programa, para dar cumprida información sobre a evolución e actuación dos atletas galegos alá onde competían.

Citius Altius Fortius

Noticias Web FGA .- 08/04/2016 . Centenario do primeiro Campionato de Galicia de Cross

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/04/2016 . Centenario do primeiro Campionato de Galicia de Cross

No primeiro Campionato de Galicia de cross xuntáronse 43 corredores que procedían na súa inmensa maioría de equipos de fútbol vigués e os alemáns do Cable Alemán. O vencedor final foi un atleta de 17 anos chamado José Castillo que pasou a historia como o primeiro dos campións galegos de cross. Era un empregado de ferrocarril que pertencia ao club organizador, Vigo Sporting Club , antecesor do Celta de Vigo. No mes de maio dese mesmo ano disputouse no Campo de Monelos (A Coruña) o primeiro Campionato de Galicia de pista. Chamáronlle “olimpiadas” porque era o xeito de chamarlle, nesa época, a tódolas reunións atléticas, pola similitude cos Xogos Olímpicos. Xuntáronse media centena de atletas de Ferrol, Madrid, Vigo e A Coruña. Foi a primeira vez que tivemos un enfrentamento de atletas de varias partes de Galicia e foron os atletas de Vigo os que tomaron ventaxa gracias a influencia alemana que ademáis participaron habitualmente cun equipo propio (Sport Germania) en tódalas competicións destacadas de atletismo. O primeiro campión de España galego foi un deses alemáns que afincouse en Vigo, españolizou o seu nome de Wilhem por Guillermo (Bachmann), http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003909037&page=16&search=ba...
casou cunha galega, tivo dous fillos galegos e morreu nos anos 60 despois de medio século de vida na nosa terra.
A Coruña e Vigo foron os primeiros impulsores do atletismo galego que incialmente estivo moi vencellado aos equipos de fútbol. Moitos eran os xogadores dese deporte que practicaban ambos deportes xa que naquela época consideraban ao deportista como unha personal integral que cultivaba tódolos deportes e buscaba a súa formación completa en tódolos aspectos posibles. Eran denominados “sportmen”, palabra de claro orixe británico. 
Despois desta primeira fase de formación comenzaron a xurdir clubs máis estrucuturados. No ano 1920 aparece o Comesaña, o decano do noso atletismo, e xunto cos Exploradores terían unha gran rivalidade atlética no cross. Aos primeiros os denominaban os “finlandeses” en honor aos atletas de ese país que eran os dominadores do fondo mundial e os segundos os chamaban os “Boys” xa que eran Boys Scouts. 
Cando falamos de centenario é do atletismo masculino. A chegada do atletismo feminino tivo que esperar aos anos 60. Na II República tivemos en Pasarón (Pontevedra) unha exhición das irmás Moles, dúas das mellores atletas españolas da época. Ambas chegaron a ter a mellor marca mundial de lanzamento de martelo. Pero foi unha mera anécdota, o franquismo considerou co atletismo era masculinizante e deixou a muller relegada a labores de nai e ama de casa. Esa discriminación, por razóns de sexo, comenzou a cambiar nos anos 60 e A Coruña foi unha das zonas pioneiras do inicio do atletismo feminino nesta segunda etapa. Antes, na República, as mulleres fixeron atletismo pero só en Madrid e Cataluña. Froito desa discriminación histórica, tivemos que esperar a Barcelona 1992 para ter a nosa primeira olímpica feminina.

 

O 9 de abril de 1916 celebrouse en Vigo o primeiro Campionato de Galicia de cross. Estamos, polo tanto, no centenario do atletismo galego. O noso deporte chegou a nós, inicialmente, polos esforzos dos ingleses e alemáns e chegaron a Vigo a traballar para o Cable Inglés e Cable Alemán. Eran compañías de telégrafos que, ademáis de traballo, trouxeron actividades deportivas na que o atletismo xogou un papel fundamental. No 1913 celebrouse o primeiro gran mitin de atletismo tamén en Vigo e onde eles tiveron un papel preponderante na organización. Esta colaboración rematou co inicio da Iª Guerra Mundial no 1914 pero a semente estaba plantada. 
Despois de cada Xogos Olímpicos, de principios do século pasado, produciase un efecto propagandístico por todo o mundo. Estamos nunha sociedade onde obviamente non había a “mass media” que temos agora pero a prensa escrita tiña un papel fundamental e despois dos Xogos de Londres 1908 e Estocolmo 1912 produciuse unha expansión do atletismo a nivel mundial que chegou a Galicia gracias a eses inmigrantes alemáns e ingleses. 
No 1916 celebrouse o primeiro Campionato de España de cross e un par de meses xa estaba disputándose o primeiro Campionato de Galicia da historia. Os organizador foi o club Real Vigo Sporting Club. A ese esforzo, incial, sumouse “Handicap” (Manuel de Castro), que foi un defensor a ultranza do atletismo a pesar de que el era un home de fútbol pero de gran peso xa que escribía, adestraba e estaba moi en contacto coas forzas vivas da época. Handicap foi o precursor do que sería a primeira selección galega de cross que acudiría a un Campionato de España y tamén foi un dos que loitou porque tiveremos en Galicia un Campionato de España de pista. Os seus esforzos víronse recompensados no 1921 cando tivemos a edición do quinto Campionato de España de pista no Campo de Coia en Vigo.

 

Noticias Web FGA .- 08/04/2016 . A Xunta e Expourense subscriben convenio para a construccion da Pista Cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/04/2016 . A Xunta e Expourense subscriben convenio para a construccion da Pista Cuberta

A pista cuberta de Ourense está máis cerca de facerse unha realidade, despois de moito tempo loitando por dotar a Galicia dunha Estos días o Secretario Xeral para o Deporte e o  Patronato da Fundación de Ferias e Exposiciones de Ourense, Expourense suscribiron un convenio para a construcción da Pista de Cuberta de 200 m en Galicia, no recinto ferial.

 

 

A infraestrutura hidráulica no recinto ourensán contará con 6 rúas en pista circular de 200 metros de perímetro, 8 rúas en pista recta, zona de lanzamento de peso, zona de saltos de altura, lonxitude e pértega

 

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa destacou o feito de que Galicia vaia a albergar unha instalación destas características, das que só existen outras dúas en España. Esta pista é necesaria para o atletismo galego. É un día moi importante para Ourense e o atletismo, e para Galicia e o deporte en xeral. Será a terceira pista hidráulica en España, un sistema innovador que permite compatibilizar os usos en Expourense.

No Diario Oficial de Galicia publicarase o anuncio da licitación conxunta do proxecto e da obra que, sufragada integramente pola Secretaría Xeral para o Deporte, ascenderá a máis de 2.700.000 euros.

 

Noticias Web FGA .- 07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1 Km

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/04/2016 . Campionato de Galicia de Milla en Ruta e 1Km

O vindeiro domingo 10 de Abril a localidade coruñesa de Sada acolle por segundo ano consecutivo  o Campionato de Galicia de Milla en Ruta e de 1Km.

O circuito está homologado pola FGA con saida e a meta estarán situadas na Casa da Cultura , Pintor Llorens. As probas darán comezo as 10h , e a entrega de premios as 13:30h.

Entre os atletas máis destacados encontrase Victor Rioboo, quen xa foi medallista nun Campionato de España da especialidade, Fernando Vales e Pedro Ossorio son outros dos candidatos nas súas respectivas categorias. En Mulleres as favoritas son, Eva Cid en categoria Promesa, Elba Velez en Xuvenil, Laura Santos en Xunior e Sandra Mosquera na categoria Absoluta.

Noticias Web FGA .- 04/04/2016 . Fotos da Gala Atletismo Galego 2015

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/04/2016 . Fotos da Gala Atletismo Galego 2015

 

          Enlaace Fotos da Gala do Atletismo Galego 2015

Noticias Web FGA .- 02/04/2016 . Gala Atletismo Galego 2015

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/04/2016 . Gala Atletismo Galego 2015

Na tarde de onte celebrouse na Cidade da Cultura da capital de Galicia a gala anual do atletismo galego. O acto estaba convidada toda  familia atlética galega para asistir a entrega dos galardóns a os  atletas, adestradores, clubes,xuices, entidades máis destacados da  tempada 2014/15.

Terio Carrera, mestre de ceremonias,foi dando paso as distintas autoridades para entrega dos galardons, entre os que tomaron a palabra, Laura Mosquera, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de  Galicia, Isidoro Hornillos, Presidente da Federación Galega de Atletismo, resaltaron o esforzo, traballo e sacrificio dos atletas, adestradores, clubes, xuices, entidades publicas e privadas  no desenvolvemento e apoio o deporte rei.

Entre os galardoados, Jean Marie Okutu, Solange Pereira, como mellores ateltas, Jose Carlos Tuñas e Marcos Otero como mellores destradores, o Comesaña Sporting Club foi distinguido coa medalla de ouro da federacion, así como o recoñecemento a título póstumo de Jose María Pardo Montero, o que fora Presidente de Caixa Rural Galega, pola súa contribución e apoio o Lucus Caixa Rural,un emotivo discurso de Manuel Valledor, Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Mari Luz Fernández placa Ramón Docal. en clubes o New Balance, Riazor Coruña e Vila de Cangas, Sociedad Ginmástica de Pontevedra tamén foron recoñecidos, así como as seleccions galegas de marcha, campo a través, e o relevo de 4x400,houbo tamén recoñecemento para as entidades, as deputacións foron premiadas polo apoio e compromiso do noso deporte, así como Televisión de Galicia, Gonzacar e Joyeria Camilo, os concellos premiados foron o Concello de A Coruña e o de Esgos pola organización dos Campionatos de España de Marcha e de Montaña respectivamente.

Finalizado o acto solemne, os asistentes e premiados  departiron entre pinchos e photocall, nun ambiente distentido.

Noticias Web FGA .- 26/03/2016 . Viario e Circuito do V Maraton Coruña 42

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/03/2016 . Viario e Circuito do V Maraton Coruña 42

Trala homologación do Circuito do V Maratón Coruña 42, procedese a publicación do plano con todolos puntos kilométricos, controis de paso, avituallamento, así como asistencia sanitaria, wc , duchas aspersor.

Circuito C42     Viario     Circuito 10Km     Viario 10km

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA