Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 23/03/2016 . Control de marcas - Concello de Noia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/03/2016 . Control de marcas - Concello de Noia

Comunícanos a Delegación en Santiago que o control de marcas do dia 1 en Noia, celebrarase na data prevista polo que pedimos desculpas pola noticia da suspensión

 Horario 

Noticias Web FGA .- 23/03/2016 . Xa están elexidos os mellores atletas da tempada 2014/15

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/03/2016 . Xa están elexidos os mellores atletas da tempada 2014/15

No día de onte tivo lugar a xuntanza da comisión encargada de elexir os mellores atletas para as distintas premiacións que terán lugar na Gala Anual do Atletismo Galego, en total haberá seis distincións: Mellor atleta sub 23 masculino e femenino, Mellor atleta absoluto masculino e femenino e Mellor Atleta veterán masculino e femenino.  A Comisión estivo formada por un representante de cada provincia, persoas moi vencelladas ao atletismo galego, pola provincia da Coruña participou Carlos Tuñas, pola provincia de Lugo Felipe Barata, pola de Ourense Eladio Gómez e por Pontevedra Óscar Fernández.  O fallo do xurado darase a coñecer na Gala, ata o momento xa confirmaron a presenza máis de 100 atletas de toda Galicia. A Gala do Atletismo Galego culmina a tempada e recoñece o esforzo de todos os estamentos en pro do atletismo galego.

Noticias Web FGA .- 21/03/2016 . Resumo do Campionato de España de 20 Km Marcha Absoluto e Promesa homes e do Criterium Nacional da especialidade

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/03/2016 . Resumo do Campionato de España de 20 Km Marcha Absoluto e Promesa homes e do Criterium Nacional da especialidade

No Campionato de España absoluto e promesa de 20km marcha en ruta Fran Duran foi sexto absoluto,Christian Curopos foi subcampión de España promesa con mellor marca persoal, 1:30.19 Marcos Cintrón Bellver foi oitavo promesa no seu debut con 1:43.

No  Criterium Nacional excelentes resultados dos marchadores galegos ,Carmen Escariz foi segunda con mellor marca persoal de 49:26, Leyre Aramburu segunda xuvenil Antia Chamosa terceira mellorando a marca,Carmen Fuentes  foi cuarta. Ana Piñeiro foi primeira infantil. Denis Fernández que gañou en categoría alevín con novo récord galego de 4:57. Os infantís Mateo Díaz e Antón Martínez foron segundo e terceiro. En Cadetes masculino Alex Novás Barral foi segundo, Marcos Burgo terceiro e Conchy Campos (Sekulebedarra) foi campiona veterana en 5km.

 

Noticias Web FGA .- 18/03/2016 . Presentacion do V Maraton Coruña 42

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/03/2016 . Presentacion do V Maraton Coruña 42

Conta atrás para o V Maratón Coruña 42, coa vista posta nos 42.195m presentamos oficialmente  o percorrido da carreira, con saída no Cantón Grande e entrada maxistral na Praza Consistorial de María Pita.

 Os valentes atletas  tratarán de alcanzar a fazaña de Filípides en terras de Hércules, correndo polas rúas da cidade de cristal os  populares e os federados que participan no Campionato de Galicia nun entorno idílico onde as condicións do asfalto e o escaso desnivel, xunto coa beleza do seu percorrido  fan  que o  circuíto de Coruña 42 teña un atractivo engadido.

 Paralelamente realizarase unha proba de 10 Km que contará coa participación do dobre Campión do Mundo de Maratón Abel Antón, atleta cun historial impoluto que ven disposto a gozar da beleza do percorrido e da  súa rapidez.

Regulamento

Circuito Maratón Coruña 42

Viario C42

Circuito 10Km

Viario 10Km

 

Noticias Web FGA .-16/03/2016 . Publicado o listado de premiados na Gala Anual do Atletismo Galego

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/03/2016 . Publicado o listado de premiados na Gala Anual do Atletismo Galego

O vindeiro día 1 de abril terá lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a Gala Anual do Atletismo Galego. O evento acollerá as premiacións de distintos estamentos do atletismo galego que destacaron na tempada 2014/15, atletas, xuíces, adestradores, concellos, diputacións, etc. son algúns dos premiados.

É moi importante que todos os premiados confirmen a súa presenza a través de formulario que se habilitou para o evento, nese mesmo formulario poden confirmar tamén as persoas que o acompañarán, familiares e/ou amigos. O prazo de confirmacións remata o vindeiro mércores día 23 de marzo ás 18:00 horas.

CLICK AQUI PARA CONFIRMAR A TÚA PRESENZA NA GALA

CLICK AQUÍ PARA CONSULTAR OS PREMIADOS

Noticias Web FGA .- 16/03/2016 . Intenso fin de semana para os atletas galegos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
16/03/2016 . Intenso fin de semana para os atletas galegos

 

 

 

 

 

 

  Un intenso fin de semana de actividade atlética, cun total de 14 puntos de interese onde os nosos atletas tentarán facerse cos metais en xogos. O venres comeza en Antequera o Campionato de España de Veteranos onde participan un total de 80 atletas galegos,48 homes e 32 mulleres, algúns con series opcións de conseguir medallas. O sábado a actividade vai máis aló da xeografía galega e española, contaremos con Ana Peleteiro en Portland no Campionato do Mundo de Pista Cuberta, proba que poderá seguirse por Teledeporte, en Sabadell os Junior participan no Campionato de España da categoría., Jorge Puig é o mellor galego no ránking do 1500 este ano co 6º posto, en canto ao 3000 Tariku Novales e repite Jorge Puig como mellor situados no ránking, no Heptatlón competirá Darío Costas con opcións a pódium xa que ostenta a 3ª mellor marca do ano, en mulleres as opcións están  en Paula Iglesias no 400ml, Ángela González no 800, e Saleta Fernández aspirante ao ouro en Altura, en Ourense disputarase o Campionato de Galicia de 10000m en mulleres as favoritas son Iria Fernández, Soledad Catro e Barca Toba, en homes a disputa está entre 3 atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Iván Docampo,Rubén Diz,e Christian Díaz, no Trofeo Aurum, en Coruña e Pontevedra disputarase unha xornada de Xogade Benjamín - Alevín, o domingo o foco continuará en Sabadell, Antequera  e en Cáceres onde se disputa o Campionato de España de 20 Km Marcha coa presenza de 3 atletas galegos, Fran Durán, Christian Curopos, Marcos Cintron, así como nas Pontes coa XXVI Carreira de San Xosé, e en Sanxenxo coa segunda proba do Circuito Trail Galaica

 

 

Noticias Web FGA .- 13/03/2016 . Lucia Sicre Bronce nos 600ml do Campionato de España Cadete

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/03/2016 . Lucia Sicre Bronce nos 600ml do Campionato de España Cadete

No Pazo Municipal de Deportes de Oviedo acabase de proclamar  medalla de bronce no Campionato de España Cadete, a atleta do Ria Ferrol Lucia Sicre cun tempo de 1:38.94

Noraboa

Noticias Web FGA .- 12/03/2016 . O Atletismo Galego esta de noraboa, Galicia contará cunha pista cuberta de 200m en Ourense

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/03/2016 . O Atletismo Galego esta de noraboa, Galicia contará cunha pista cuberta de 200m en Ourense

No dia de onte a  Secretaría Xeral para o Deporte anunciou que proxecta a construción este ano dunha pista de atletismo cuberta no recinto de Expourense, que pasaría a compatibilizar o seu uso feiral co deportivo.

Trataríase da primeira pista cuberta con sistema hidráulico de Galicia e unha das poucas de España, tal e como avanzou o secretario xeral de Deporte, José Ramón Lete Lasa, ao rexedor ourensán, Jesús Vázquez, nunha reunión celebrada esta tarde no edificio consistorial.

 

La Región

Noticias Web FGA .- 09/03/2016 . Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2016

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/03/2016 . Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2016

A Deputación de A Coruña abreu a  bolsa para deportistas da provincia para o ano 2016, co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.

BOP Convocatoria

Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:

Grupo A.–10-17 anos; nacidos a partir do 1 de xaneiro de 1999 (incluído).

Concederanse 15 bolsas de 2.500 € cada unha delas.

Grupo B.–18-23 anos; nacidos a partir do 1 de xaneiro de 1993 (incluído).

Concederanse 15 bolsas de 2.500 € cada unha delas.

 

O Prazo finaliza as 14h do 8 de Abril

Noticias Web FGA .- 09/03/2016 . Galegos que participan no Campionato de España Cadete de Pista Cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/03/2016 . Galegos que participan no Campionato de España Cadete de Pista Cuberta

Este fin de semana dispútase en Oviedo o Campionato de Galicia Cadete, cunha ampla representación galega. 43 atletas desprazaranse á capital asturiana para participar no Palacio Municipal dos Deportes de Oviedo.

En homes compiten, Víctor Mosteiro e Pablo Martínez nos 60ml Carlos Álvarez e Martin Varela no 600ml, Carlos López, Ermias Fernández, Diego Martínez e Aldo Rey tomarán a saída do 1000ml, no 3000ml quenda para O Medhi O Nabaoui, Diego Alonso, Jorge González, nos 60 valos  Martin Oitavén e Pablo Rodríguez, na Altura Marco Martínez, e na Pértega Pablo Tojal e Víctor Mosteiro. En categoría  feminina as representantes galegas son:  Olaia Gisela Becerril, Sara Pérez,Uxia Pereira, Andrea Rivas, Sara Gómez e Nerea Iglesias, no 300ml será Lucia Rivadulla a única representante, no 600ml Lucia Sicre e Ruth Carrera nos 1000ml  4 atletas, Lucia López, Adriana Cedrón, Marta Vilas e Irene Barreiro, no  3000ml Sara López, nos 60mv Natalia Mondelo,Andrea Reija, Uxia Pereira e Sara Gómez, na altura Andrea Reija e Aloia Vilas, en pértega Laura Méndez, en lonxitude serán Olaia Gisela Becerril e  en lanzamento de Peso Valeria Rodríguez

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA