Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 08/03/2016 . Presentacion do II Campionato de Galicia de Trail

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/03/2016 . Presentacion do II Campionato de Galicia de Trail

Na maña de hoxe presentouse no Pazo Provincial de Ourense o II Campionato de Galicia de Trail que se desputará o vindeiro 3 de Abril no Concello de A Veiga. O acto foi presidido pola deputada provincial de turismo, Ana Villarino,o asesor de deportes da deputación, Bernandino González, o alcalde do concello de A Veiga Juan Anta, así como o director técnico e o delegado da federación galega de atletismo de Valdeorras, Agustin González e Manuel Teijeido,respectivamente.

Noticias Web FGA .- 04/03/2016 . Campionato de Galicia Benjamin,Alevin e Infantil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/03/2016 . Campionato de Galicia Benjamin,Alevin e Infantil

Unha vez retirados os atletas que se deron de baixa e aceptando aos repescados das distintas probas os inscritos definitivos para intervir nos Campionatos de Galicia que se celebrasen o vindeiro sábado no Palacio dos Deportes da Coruña son: 
Listado definitvo de aceptados

Noticias Web FGA .- 04/03/2016 . Nos Campionatos de Galicia deste fin de semana e obrigatorio pasar por camara de chamadas e utilizar o dorsal personalizado

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/03/2016 . Nos Campionatos de Galicia deste fin de semana e obrigatorio pasar por camara de chamadas e utilizar o dorsal personalizado

Lembramos que nos Campionatos de Galicia que se desputan este fin de semana é obligatorio pasar por cámara de Chamadas así como a utilización do dorsal personlizado asignado pola federación os atletas para a tempada 2015/16

 

Noticias Web FGA .- 02/03/2016 . Galegos que participan no Campionato de España Xuvenil de Pista Cuberta en Salamanca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2016 . Galegos que participan no Campionato de España Xuvenil de Pista Cuberta en Salamanca

Este fin de semana dispútase en Salamanca o Campionato de España Xuvenil de Pista Cuberta, acontecemento ao que acoden 21 galegos.

En categoría masculina participan Santiago Represas no 60m con opcións  a medalla, Iván Carneiro no 200, Pedro Osorio e Azziz Saidi no 800, Adrian Vázquez e Fernando Rial no 1500, Jesús Álvarez no 3000, Alexander Barreiro participará no Triplo e Michael Ansah no lanzamento de peso. En mulleres tomarán parte do campionato  Alba Villaverde no 60, Andrea Pais e Miriam Otero no 200m , Elba Vélez, Claudia Blanco e Aida Martínez no 1500,Iria Causin no 3000,Carmen Gómez e Lucia Ferrer no 60m valos, Mar Pérez en lanzamento de peso e Eva Queimaño e Andrea González no Pentatlón.

 

 

Noticias Web FGA .- 02/03/2016 . Campionato de Galicia Benjamin,Alevin e Infantil

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2016 . Campionato de Galicia Benjamin,Alevin e Infantil

Unha vez acabado o prazo de e debido á gran cantidade de atletas inscritos faise publica a relación dos admitidos. 
A dirección técnica agradece que se comuniquen as baixas antes das 20,00 horas do xoves para poder facer repesca nalgunha proba e poñer a lista definitiva dos admitidos o venres  Lista de inscritos

Agradeceriamos que as baixas sexan comunicadas ao mail: cofcluis@hotmail.com

Noticias Web FGA .- 02/03/2016 . Primeiro paso na colaboracion entre a Marcha Galega e a Facultade das Ciencias da actividade fisica e do Deporte de Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2016 . Primeiro paso na colaboracion entre a Marcha Galega e a Facultade das Ciencias da actividade fisica e do Deporte de Pontevedra

O marchador pontevedrés Fran Durán, atleta do Fent Cami Mislata e formado por Jose A. Pardal, acudiu hoxe á facultade de Ciencias da actividade física e do Deporte de Pontevedra (Universidade de Vigo) xunto a Carlos Morales onde participaron  nunha investigación sobre medición de lactato en saliva en estado basal, parte do doutoramento do seu fisioterapeuta Hugo Ogando e baixo a supervisión do doutor Jose Luís García Soidán.

Ademais de colaborar coa mostra recibirá un informe antropométrico completo e outros datos de interese grazas á biompedancia. Este é un primeiro paso na colaboración e achegamento das ciencias do deporte aos atletas por parte do responsable do sector de marcha.

 

Noticias Web FGA .- 02/03/2016 . Nos Campionatos de Galicia deste fin de semana e obrigatorio pasar por camara de chamadas e utilizar o dorsal unico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/03/2016 . Nos Campionatos de Galicia deste fin de semana e obrigatorio pasar por camara de chamadas e utilizar o dorsal unico
Lembramos que nos Campionatos de Galicia que se desputan este fin de semana é obrigatorio pasar por cámara de chamasas así como a utilización do dorsal único asignado os atletas para a tempada 2015/16.

Noticias Web FGA .- 01/03/2016 . Aviso sobre novo cambio lexislativo sobre o trato con menores

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/03/2016 . Aviso sobre novo cambio lexislativo sobre o trato con menores
Trala entrada en vigor da modificación da LO 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica ao menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuiciamiento Civil, operada pola Lei 26/2015, de 18 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, todas as persoas que exerzan ou pretendan exercer profesións, oficios ou actividades que impliquen contacto habitual con menores terán a obriga de acreditar estar en disposición da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais(ARTIGO PRIMEIRO. OITO. «5. Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.»).

Noticias Web FGA .- 01/03/2016 . Esta Maña presentouse o Campionato de Galicia de Campo a Traves de Veterans

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/03/2016 . Esta Maña presentouse o Campionato de Galicia de Campo a Traves de Veterans
O I Campionato Galego de campo a través de veteráns “Concello de Fene” comezará este domingo ás 11 da mañá. A proba desenvolverase nun circuito de 1.200 metros, habilitado nunha zona verde próxima ao paseo marítimo de San Valentín. Segundo explicou o vicepresidente do Club de Atletismo Fene, Marcelo Rodríguez, “trátase dun cirtuito chan aínda que conta cunha zona (a que transcorre paralela á praia) que, seguramente, resultará algo máis pesada para os corredores pola cantidade de lama que ten”. En canto ao número de corredores/as que poderían tomar parte no evento, o representante da delegación de Ferrol da FGA, Paulino Cartelle, afirmou que “a participación estimada ronda os 300 corredores/as”. Entre os/as atletas que transmitiron o seu desexo de participar na proba, salientan nomes como Hassan Lekhili, Akka Essadaoui, José Luis Bouza, Rafa Fuentes, José González Bañobre ou as atletas Esther Pedrosa e Soledad Castro.
Na presentación do evento, celebrada este mediodía no Concello de Fene, o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, amosou o seu desexo de “recuperar Fene para o atletismo”. Acompañado polo representante da Delegación de Ferrol da FGA, Paulino Cartelle, e polos directivos do Club de Atletismo Fene, Antonio Rodríguez (presidente) e Marcelino Rodriguez (vicepresidente), Bastida afirmou que “nesta nova época temos intención de ofrecernos voluntarios para todo tipo de competicións que nos poida conceder a Federación Galega de Atletismo”. O edil lembrou que “Fene ten historia no mundo do atletismo, non en van, a mediados dos anos 80, celebrouse en Belelle un dos Campionatos de España de Cross”.

Noticias Web FGA .- 01/03/2016 . O sabado 5 de Marzo non se podera estacionar na explanada do Pazo dos Deportes de Riazor

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/03/2016 . O sabado 5 de Marzo non se podera estacionar na explanada do Pazo dos Deportes de Riazor
O sábado 5 de Marzo disputase no Pazo dos Deportes de Riazor o Campionato de Galicia   Benxamin, Alevin, Infantil en Pista Cuberta, por coincidir co partido do Deportivo no Estadio Municipal de Riazor, estará prohibido estacionar na explanada do Pazo dos Deportes

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA