Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 29/02/2016 . Novo xuíz instructor do Comité Galego de Disciplina Deportiva

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/02/2016 . Novo xuíz instructor do Comité Galego de Disciplina Deportiva
No día de hoxe nomeouse un novo xuíz instructor para atender as reclamación no ámbito da Disciplina Deportiva desta federación. Dende a FGA desexamos agradecer a importante labor desempeñada pola anterior xuiza Dª. Almudena Míguez, quen estivo ao fronto dos últimos expedientes recibidos no eido da Disciplina Deportiva.  O novo xuiz é D. Rafael Alonso,  Rafael é un avogado cunha extensa traxectoria de experencia profesional, Máster en Dereito Deportivo, ponente e docente de numerosas accións formativas no ámbito da lexislación e o deporte, Vicepresidente da Comisión de Xustiza e Disciplina da Confedración Europea de Patinaxe e Presidente do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol, e asesor xurídico de varias entidades deportivas. 

Noticias Web FGA .- 29/02/2016 . Publicada a Seleccion Galega Absoluta, junior e promesa

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/02/2016 . Publicada a Seleccion Galega Absoluta, junior e promesa

No día de hoxe publicouse a Circular 25-2016 correspondente á Selección Galega Absoluta, junior e promesa que participar no vindeiro Campionato de España de campo a través. Todos os atletas deben confirmar a súa participación según as indicacións da circular e antes deste xoves día 3 de marzo. Por outra parte, os adestradores afiliados á EGA que desexen acudir ao campionato ca expedición galega deberán enviar un email según as indicacións da circular. (Circular 25-2016)

Noticias Web FGA .- 29/02/2016 . Intenso fin de semana na pista cuberta da Coruña ca celebración do Galego Junior - Xuvenil e Veterán

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/02/2016 . Intenso fin de semana na pista cuberta da Coruña ca celebración do Galego Junior - Xuvenil e Veterán

A pista cuberta da Coruña tivo unha intensa actividade ca celebración de dous importantes campionatos. Centos de atletas desfrutaron de dúas xornadas que deixaron moi bo sabor de boca co establecemento de novos records, tal como foi o caso da nova mellor marca española de Jose Vicente Rioseco nos 800 m.l. M70 cun rexistro de 2.40.37 superando en dous segundos o anterior record. Noraboa para todos os atletas que baixaron as súas marcas!

Resultados Xuvenil Junior  

 Resultados Veteráns

Noticias Web FGA .- 29/02/2016 . 2º posto para Miguel González e Subcampionato de España Xunior para o Lucus por Equipos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/02/2016 . 2º posto para Miguel González e Subcampionato de España Xunior para o Lucus por Equipos
En categoría Xuvenil os primeiros galegos en chegar a meta foron Claudia Blanco no 10º e Pablo Monteagudo no 20º, ambos do Atletismo Noia, que sería o club galego máis destacado na categoría acadando o posto 12º en mulleres e 22º en homes. En Xunior cabe destacar a gran actuación dos atletas do Lucus Caixa Rural en homes quenes acadaron o Subcampionato de España por Equipos e o subcampionato individual para Miguel González, en mulleres tamén foron o club máis destacado acadando o posto 20º e sendo Inés Blanco a primeira galega na liña de meta no posto 50º. En Promesa o club e atleta galego máis destacado foi o CA Santiago e Alberto Castiñeiras co 53º posto na xeral. No Cross Corto Mulleres Leticia Fernández foi a galega máis destacada chegando a meta no posto 27º, e o ADAS Prionor o primeiro club galego na clasificación acadando a 9 posición por equipos. No Cross Corto Masculino o atleta galego máis destacado foi David Santos do RC Celta no posto 25º, e por equipos a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadando o 6º posto por clubes. No Campionato Promesa Mulleres María Jesús Gestido atravesou a meta no posto 54º. No cross largo o club  Fisioterapia San Lázaro foi o equipo galego máis destacado no posto 23º ,así como Gustavo Nieves primeiro galego no posto 52º

 

 

 

 

 

(Foto Óscar Rodríguez)

No dia de onte, 28 de Febreiro disputouse no Hipodromo da Zarzuela, Madrid o Campionato de España de Campo a Través de Clubes.

Galicia participaba con algo máis de 100 atletas de 16 clubes distintos. Na categoría cadete os máis destacados tanto a nivel individual coma por equipos foi o Ría Ferrol, acadando  o posto 17º en mulleres e o  21º en homes, así como sendo Lucia Sicre e Aldo Rey os primeiros galegos en cruzala liña de meta.

 

Noticias Web FGA .- 28/02/2016 . Galicia campiona de España de marcha en ruta por federacións autonómicas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/02/2016 . Galicia campiona de España de marcha en ruta por federacións autonómicas

As xuvenís e junior feminino foron campioas de España por autonomías quedando Leyre Aramburu subcampeona de España xuvenil e Carmen Escariz Mella igual en categoría junior. Con Carmen Fuentes 6ª enorme na súa despedida da selección así como a boa actuación de Antía Chamosa 8ª e Noa Ramírez Carballo.
- Os cadetes masculino foron subcampións de España por autonomías a tan só 1 punto do primeiro. Con Rober Vieiro quinto loitando polo bronce ata o final. Marcos Burgo décimo saíndose con marca persoal, Alex Novás noveno, Miguel A. Sánchez 20º e mellorando a marca e Elio Buelta 24º. 
- Os xuvenís e junior homes foron terceiros, bronce, por federacións autonómicas grazas á boa actuación de Brais Prieto, Emilio Novás e Hector Rodriguez, que mellorou a súa marca pese o forte vento. Unha mágoa a baixa de Daniel Chamosa que daría a segunda praza pero cumpriu como asistente estupendamente. 
- As cadetes  foron novenas pero co susto de Iria Rivas o que menos importa é o resultado... Valeria Fernández cumpriu, así como Celia Carracedo, Vanessa Blanco e Clara Diaz. Tres debutantes de cinco, moitísimo futuro por diante. No cómputo global, sen resultado oficial, Galicia foi primera xuntando as diferentes categorías.
Importante dar o parabén aos seus adestradores como Jose A. Pardal que estivo aí ao pé do canón. Felipe Barata, José Peña, Nani, Paulino, Adán G. Fábregas, Marcos Carracedo e Pepe Moure.
Gran traballo de Vanesa Varela e Samantha Mulloni na súa tarefa de técnicos/auxiliares/delegadas. E tamén dos pais que nos acompañaron, que axudaron como sempre.Sen esquecerme de atletas galegos e acompañantes da expedición como Débora Pato séptima promesa (MMP), Conchy Campos subcampiona de España en 10km. As xuvenís Paula Villaverde (ADAS), Marta Suárez (Cuntis) e a junior Casiana S. Zaharia (Cuntis).Para rematar felicitar a todos os marchadores galegos que competiron en Motril como Manu Angueira sexto M40, Mar Chillón quinta de España promesa e Teresa Elena Corbal octava e o seu excelente adestrador Juan Ramilo. E outros como os dos 50km Christian Curopos 11º absoluto e segundo e novo record galego promesa na distancia. O gran atleta Francisco Jose Durán ao que lle faltou un pouco de sorte ao final, tendo que retirarse por problemas estomacais a falta de 6km sendo quinto de España e para 4h. Igual que a Rodrigo Domínguez (galego de nacemento afincado fora). Ou outros como Eugenia Gandoy 13ª senior e 19ª absoluta nos 20km feminino
Parabéns

 

Carlos Morales

 

Noticias Web FGA .- 27/02/2016 . Oferta aloxamento para o V Maraton Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/02/2016 . Oferta aloxamento para o V Maraton Coruña

Para todos aqueles corredores, familiares e amigos que participen no próxima Maratón, grazas ao acordo alcanzado con Viaxes O Corte Inglés, podemos ofrecer uns prezos especiais de aloxamento para os días da Maratón Coruña42, tanto para os participantes como para os acompañantes, onde podemos atopar distintas ofertas para aloxamento e reserva de dorsais

Oferta

 

Noticias Web FGA .- 27/02/2016 . Gala III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputacion de A Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/02/2016 . Gala III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputacion de A Coruña

Esta tarde desputouse na sala Juanjo Gallo da Deputación de A Coruña a Gala do III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña.O acto asistiron un gran número de atletas premiados,familiares, membros de diversos clubes,  así como diversas autoridades.

O colofón final coma cada ano estivo marcado pola foto de familia dos galardoados.

 

Noticias Web FGA .- 25/02/2016 . O Control de Inverno de Bastiagueiro comeza as 17h organizado polo Club Atletismo Sada

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/02/2016 . O Control de Inverno de Bastiagueiro comeza as 17h organizado polo Club Atletismo Sada

Maña venres 26 de Febreiro disputarase nas pistas de atletismo do Inef - Bastiagueiro un Control de Inverno organizado polo Club Atletismo Sada.

A proba dará comezo as 17h, e os atletas deberán pasar a retirar o dorsal e confirmar  a participación con 40 minutos de adianto

Noticias Web FGA .- 24/02/2016 . Horario e inscritos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/02/2016 . Horario e inscritos

A partir desta data e co fin de facer mais agil a información con respectos aos atletas inscritos nos distintos control e campionatos en pista, a FGA creou un banner situado á esquerda da pagina web , onde poderán ver os horario e inscritos  (pinchar aquí)

Noticias Web FGA .- 24/02/2016 . Galegos que participan nos Campionatos de España de Marcha do 28 de Febreiro en Motril

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/02/2016 . Galegos que participan nos Campionatos de España de Marcha do 28 de Febreiro en Motril

Na disputa do LXXXVI Campionato de España de Marcha en Ruta participarán na proba dos 50Km Christian Curopos e Fran Durán, na distancia dos 20 Km en Mulleres participarán a Senior Eugenia Gandoy, as Promesa Mar Chillón, Teresa Elena e Debora Pato e nos 10 Km en categoría  Xuvenil,Marta Suárez e Paula Villaverde tomarán a salida, en categoría Xunior e na mesma distancia 10 Km farao Steliana Zaharia.

No XX Campionato  de España de Veterans contará coa participación dun representante en cada distancia, nos 20 Km Manuel Julio do RC Celta, e nos 10Km Conchi Campos do Sekulebedarra Kirol Kluba.

No XXX Campionato de España Xunior e Cadete de Marcha por Federacións, unha ampla participación as ordes de Carlos Morales, Director e Responsable da Escola de Marcha, quen diseñou o  equipo da Selección Galega, que estará formado por  Elio Buelta,Marcos Burgo,Alex Novas,Miguel A Sánchez , Roberto Vieiro na  distancia de 5Km categoría cadete masculino, na categoría femenina da distancia tomarán parte Vanesa Blanco, Celia Carracedo, Clara Díaz, Valeria Fernández e  Iria Rivas, en Xuveniles nos 10 Km en ambalas categorías  tomarán parte  Brais Prieto, Héctor Rodríguez, Leyre Aramburu,Antia Chamosa e Noa Ramirez, en categoría Promesa  os representantes da selección galega son : Daniel Chamosa e Emilio Novás, e na categoría Xunior :Carmen Escariz, e Carmen Fuentes.

A cidade granadina de Motril, acolle o domingo 28 de Febreiro a desputa de varios Campionatos de España de Marcha Atlética, entre eles o LXXXVI Campionato de España de Marcha en Ruta, Campionato de España Xunior e Cadete por Federacións, e o  XX Campionato de España de Veteranos, onde contará coa presencia dos mellores marchadores galegos.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA