Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 14/02/2016 . Espectacular Campionato de Galicia de campo a través en Ribadavia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/02/2016 . Espectacular Campionato de Galicia de campo a través en Ribadavia

Pese o mal tempo reinante en toda Galicia os atletas galegos de campo a través non defraudaron e loitaron polo título individual e de equipos nun circuito duro e atractivo para o público na localidade ourensana de Ribadavia. A título individual impúxose de forma destacada Paula Mayobre na categoría feminina seguida de Esther Navarrete e Leticia Fernández, entrando por diante de esta última atleta Joselyn Brea pero sen computar para o medalleiro galego. Na carreira masculina o título de Campión de Galicia foi para Alejandro Fernández, que estivo acompñado no podium por Rubén Diz e Nuno Costa.

Na clasificación por clubes, ADAS en mulleres e Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes acadaron o primer posto, cuns equipos moi competitivos formados por grandes atletas. (Resultados aquí)

Noticias Web FGA .- 14/02/2016 . Fran Duran e Leyre Aramburu, Campions galegos absolutos de Marcha en Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/02/2016 . Fran Duran e Leyre Aramburu, Campions galegos absolutos de Marcha en Ruta

Celebrouse o sabadó no circuíto urbano de 1 Km., de lonxitude por pimera vez na Pobra do Caramiñal o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, onde se deron cita os mellores marchadores da nosa Cominidad. 
O tempo reinante non foi obstáculo para presenciar un boa xornada desta dura disciplina atlética como é a marcha 
Os vencedores das distintas categorías foron:

10 Km. ABSOLUTO 43.07 FRANCISCO DURAN ACUÑA       FENT 
10 Km. PROMESA 45.12 CHRISTIAN CUROPOS COSTA      FENT 
10 Km. JUNIOR 48.43 EMILIO NOVÁS BARRAL           NARON 
10 Km. XUVENIL 51:53 BRAIS PRIETO ESPIÑO          RCC 
5 Km. CADETE 24:04 ROBERTO VIEIRO PEREZ           MILLARAIO 
3 Km. INFANTIL 15:58 ANTON MARTINEZ DOMINGUEZ     EAL 
2 Km. ALEVIN 11:16 DENIS FERNANDEZ BLANCO         AVC 
1 Km. BENXAMIN 6:14 ENZO LOPEZ MOURE              ADB 
10 Km. ABSOLUTO 50.34 LEYRE ARAMBURU GONZALEZ     EAL 
10 Km. PROMESA 52:15 MAR CHILLON CAMAÑO           VALENCIA 
10 Km. JUNIOR 51:40 CARMEN ESCARIZ MELLA          BIDEZABAL 
10 Km. XUVENIL 50:34 LEYRE ARAMBURU GONZALEZ      EAL 
5 Km. CADETE 26:49 IRIA RIVAS IGLESIAS            CUNTIS 
3 Km. INFANTIL 15:55 ANA PIÑEIRO PIÑEIRO          AVC 
2 Km. ALEVIN 11:49 XELA MARTINEZ DOMINGUEZ        EAL 
1 Km. BENXAMIN 6:15 LARA IGLESIAS SUAREZ          AVC 



Resultados

Noticias Web FGA .- 12/02/2016 . AVISO ! Saida conxunta das categorías Cadete e Xuvenil no Campionato de Galicia de Relevos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/02/2016 . AVISO! Saida conxunta das categorias Cadete e Xuvenil no Campionato de Galicia de Relevos

Aviso!!

No Campionato de Galicia de Campo a Través de Relevos as categorias cadete e xuvenil sairán as 12:35, carreira conxunta

Noticias Web FGA .- 12/02/2016 . Concentración Saltos o 13 e 14 de Febreiro en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/02/2016 . Concentracion Saltos o 13 e 14 de Febreiro en Lugo

Esta fin de semana Lugo acollerá a Concentración de Saltos Verticais e Horizontais  convocada polos responsables do Sector, Mario  González e Santi Ferrer onde se reunirán co grupo de adestradores e atletas que foron seleccionados para a mesma.

No día de maña terá lugar as 10:30 h. Coloquio Adestradores-Atletas: “O crecemento deportivo e persoal dos atletas, os casos de Jose Alfonso Palomanes e Saleta Fernández”. Por: Mario González e Felipe Barata así como as  12:00 h. Mesa Redonda Adestradores do Sector: Puntos de incidencia na aprendizaxe técnica e acondicionamento físico dos atletas novos.As 16:00 Control de marcas e un  adestramento técnico ó rematar a competición. As 22:30 como colofón do primeiro día realizarase o unha visualización de grabacións de  competicións. Atletas inscritos competición saltos

CADENCIAS:

Pértiga 2,40 - 2,60 – 2,75 – 2,90 – 3,05 – 3,20 – 3,35 – 3,50 – 3,65 – 3,75 – 3,85 y de 5 en 5 cm. 

Altura 1,46 – 1,50 – 1,54 – 1,57 – 1,60 y de 3 en 3 cm.

Noticias Web FGA .- 11/02/2016 . 13-14 de Febreiro Ribadavia Campionatos de Galicia de Relevos e Absoluto Individual e Clubes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/02/2016 . 13-14 de Febreiro Ribadavia Campionatos de Galicia de Relevos e Absoluto Individual e Clubes

 

Os días 13 e 14 de Febreiro Ribadavia convertirase na capital do Cross Galego coa disputa dos

Os días 13-14 de Febreiro Ribadavia convertirase na capital do Cross Galego coa disputa dos Campionatos de Galicia de Relevos ( Benxamin, Alevin,Infantil, Cadete e Xuvenil) o sábado 13 e coa disputa do Absoluto Individual e Clubes de Cross o domingo día 14

 Camaras Chamadas: Cross Mixto     - Absoluto

Mais información -Campionato de Galia cross de relevos       inscritos Cross relevos

                Mais información  Campionato  de Galicia Absoluto , Promesa e Junior        - Atletas inscritos Absoluto   

Ubicación circuito

 

Noticias Web FGA .- 11/02/2016 . Importante e urxente. Publicada a Selección Galega Escolar de Campo a Través

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/02/2016 . Importante e urxente. Publicada a Seleccion Galega Escolar de Campo a Traves

Xa está publicada a Selección Galega Escolar para participar o día 21 de febreiro no Campionato de España de campo a través Escolar. É moi importante que os clubes e adestradores avisen aos seus atletas seleccionados para confirmar á maior brevidade a súa participación.

Asemade os adestradores interesados en asistir poden enviar un email indicando o número de atletas que teñen seleccionados, darase prioridade a este parámetro para facer a selección dos adestradores, sempre e cando estén afiliados á EGA.    Circular

Noticia Web FGA .- 11/02/2016 . Presentación do Cross de Ribadavia 2016, que reunirá a 600 deportistas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/02/2016 . Presentación do Cross de Ribadavia 2016, que reunirá a 600 deportistas

.- O Cross de Ribadavia 2016 celebrarse esta fin de semana no Concello de Ribadavia, onde reunirá a 600 deportistas nunha das probas de maior tradición. O acto de presentación deste evento deportivo contou coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

 

Juan Anta destacou a colaboración da Deputación de Ourense co deporte e cos valores que este implica, e asegurou “o deporte sempre debe ir da man do turismo polo tanto, animar a toda a xente a gozar das moitas cousas que hai en Ribadavia”. O Cross de Ribadavia 2016 é unha competición de atletismo campo través que está a consolidarse como unha das mellores probas deste tipo en Galicia e que se celebra con carácter anual en Ribadavia. Trátase dunha “das competicións con máis tradición, calidade e nivel de Galicia na que participarán en total 600 deportistas”, asegurou Eladio Gómez.

 

O evento desenvolverase en dúas xornadas, os días 13 e 14 de febreiro. O sábado, 13 de febreiro terá lugar o XXXIII Copa Deputación de Atletismo – Campo a Través por relevos mixto e o I Campionato de Galicia de Campo a Través por relevos mixtos en categoría Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. A competición terá lugar dende as 11.00 ás 14.00 horas na que se estima unha participación de 300 atletas. O domingo, 14 de febreiro,  disputarase a 81 edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, individual e por equipos masculino, e o XLIX Campionato de Galicia de Campo a Través Abosluto, Promesa e Junior, individual e por equipos feminino. A competición celebrarase á mesma hora que no día anterior e cunha participación de atletas similar.

 

Esta 81 edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto cumpre 100 anos da súa orixe e nela “unha das probas máis antigas na que estarán presentes os mellores atletas que hoxe ten a comunidade para disputar este título que outorga certo prestixio ao vencedor”, afirmou o coordinador do evento. Asemade por primeira vez “homes e mulleres en categoría absoluta competirán sobre a mesma distancia de 10 quilómetros”, destacou Eladio Gómez. O Cross celébrase “en inverno para experimentar a dureza e para preparar ós atletas para a tempada de pista ao aire libre”, asegurou o coordinador do Cross de Ribadavia 2016.

 

Isidoro Hornillos destacou durante a presentación que “por primeira vez se celebrará neste evento un campionato de Galicia de relevos mixto e teño que poñer en valor a iniciativa que tivo o presidente do Club Deportivo Aurum”, e engadiu “nunha comunidade salpicada de numerosas probas en ruta é necesario poñer o acento en algo que é tradicional no deporte galego como é o Campo a Través, polo que me congratula que se engada unha nova oferta con este campionato”. Con respecto ao circuíto no que se disputarán as probas, Isidoro Hornillos, asegurou que “é un dos mellores que hai a nivel nacional que se pode considerar válido mesmo para celebrar un campionato de España ou Europa”.

 

Pola súa banda, o alcalde de Ribadavia asegurou “estamos dispostos a que nun circuíto tan importante como temos, e que se pon en valor ano tras ano, tentar acadar cotas máis importantes, se cabe, como pode ser un campionato de España ou de Europa, e esa é a nosa meta”. A encargada de dar a saída dun xeito simbólico a este campionato absoluto será “unha pistola de saídas de atletismo que data do ano 1961 que non estaba en uso e que estaba na Delegación de Ourense da Federación Galega de Atletismo e que conseguimos restaurar”, asegurou Eladio Gómez.

 

O Cross de Ribadavia 2016 celebrarse esta fin de semana no Concello de Ribadavia, onde reunirá a 600 deportistas nunha das probas de maior tradición. O acto de presentación deste evento deportivo contou coa presenza do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez; o concelleiro de Deportes de Ribadavia, Ricardo González; o coordinador xeral do Cross de Ribadavia 2016, Eladio Gómez; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez.

 

Noticias Web FGA .- 10/02/2016 . 13 de Febreiro en A Pobra Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2016 . 13 de Febreiro en A Pobra Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

Este sábado 13 de Febreiro celébrase unha cita importante do noso atletismo, A Pobra Do Caramiñal acolle o Campionato  de Galicia de Marcha en Ruta, onde se darán cita os mellores marchadores galegos da nosa comunidade e decídese a conformación da selección galega que viaxará ao Campionato de España de Federacións en Motril o vindeiro 28 de Febreiro.A saída  terá lugar no Paseo Areal, ao carón da Praza.

Horario

15:45H Benxamín Homes e Mulleres  1 KM
15:55H Alevín Homes e Mulleres        2 KM
16:15H Infantil Homes e Mulleres       3 KM
16:40H Cadete Homes e Mulleres      5 KM
17:20H Xuvenil-Xunior-Promesa
            Senior- Veteráns                   10KM             Homes- Mulleres   

Inscritos     Circuito      Circular

 

Noticias Web FGA .- 10/02/2016 . Aprazado o control de marcas do día 12 na Coruña, disputase o día 19

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2016 . Aprazado o control de marcas do dia 12 na Coruña, disputase o dia 19

Aprazado o control de marcas do venres 12 de Febreiro nas pistas de Elviña para o día 19 de Febreiro por mor das inclemencias meteorolóxicas.

 

Noticias Web FGA .- 10/02/2016 . 26 de Febreiro Gala do Circuito Deputación Provincial de A Coruña as 19 h

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2016 . 26 de Febreiro Gala do Circuito Deputacion Provincial de A Coruña as 19h
O vindeiro venres 26 de Febreiro  celebrarase a Gala do Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña na propia sede da Deputacion  as 19h

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA