Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 10/02/2016 . Suspendido o control de marcas do 12 de Febreiro en Riveira

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2016 . Suspendido o control de marcas do 12 de Febreiro en Riveira

Suspedido o control de marcas do vindeiro venres 12 de Febreiro en Riveira debido as malas condicións climatolóxicas  previstas.

En breve comunicarase a nova data.

 

Noticias Web FGA .- 09/02/2016 . 13-14 de Febreiro Ribadavia Campionatos de Galicia de Relevos e Absoluto Individual e Clubes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/02/2016 . 13-14 de Febreiro Ribadavia Campionatos de Galicia de Relevos e Absoluto Individual e Clubes

 

Os días 13 e 14 de Febreiro Ribadavia convertirase na capital do Cross Galego coa disputa dos Campionatos de Galicia de Relevos (Benxamin,Alevin,Infantil,Cadete e Xuvenil) o sábado 13 e coa disputa do Absoluto Individual e Clubes de Cross o domingo 14 de Febreiro

 

 

 

Noticias Web FGA .- 07/02/2016 . Sergio Sánchez e Paula Mayobre vencedores do VIII Medio Maratón Coruña C21

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/02/2016 . Sergio Sanchez e Paula Mayobre vencedores do VIII Medio Maratón Coruña C21

 

 

 

 

 

 

O VIII Medio Maratón Coruña comezou pasadas as  9:10 da maña cunha exhibición de HandBike protagonizada por Iván Montero e Ángel López, primeiro e segundo respectivamente.

As 10:05 arrancaba a Carreira Oficial do VIII Medio Maratón Coruña con 1775 participantes onde por primeira vez na cidade herculina participaba un corredor en cadeira de rodas, Álvaro Illobre, dentro da proba oficial.

Os vencedores da proba foron Sergio Sánchez en homes e Paula Mayobre en Mulleres. No podium estiveron acompañados por Alejandro Fernández e Hassan Lekhili, Vanesa Lafuente e por Raquel Suárez, segundo/a e terceiro/a respectivamente.

 

Resultados Provisionais

Noticias Web FGA .- 07/02/2016 . Campionato de Galicia de 60 m e 60 valados no módulo de Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
07/02/2016 . Campionato de Galicia de 60 m e 60 valados no modulo de Lugo

O Campionato de Galicia de 60m e 60 valados disputouse no día de onte  no módulo do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

No  60ml masculino contou con dúas  finais A e B, na primeira final o gañador foi Javier Cancela seguido de Mauro Triana e Javier García, na final B o gañador foi Sergio Rodríguez, acabando o segundo posto Ignacio Rivas e o terceiro para Enrique Prego .O 60ml feminino contou tamén con dúas finais, na A a vencedora foi Lidia Casal, seguida de Eugenia Gil e Alba Villaverde, na final B  Sara Gómez impuxose a Adiaratou Camara e Marta Gómez, segunda e terceira respectivamente. Nos 60 valados femininos a gañadora foi Emma Valencia quen estivo acompañada no pódium por Estela Fernández e Paula Martínez. Na final masculina o primeiro en cruzala liña de meta foi Miguel Pérez seguido de Jose Ignacio Tomas e Iago Nuñez

 

Noticias Web FGA .- 06/02/2016 . A Federación Galega de Atletismo e o Centro Podológico Gallego asinan un convenio de colaboración

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
06/02/2016 . A Federacion Galega de Atletismo e o Centro Podologico Gallego asinan un convenio de colaboracion

O Presidente da Federación Galegsa de Atletiso, Isidoro Hornillos e o Director do Centro Podológico Gallego, José Ramón Echegaray acaban de asinar un convenio de colaboración entre amnbalas entidades. Os atletas federados contarán cun descontó entre o 10% e o 25% en estudios biomecánicos, plantillas ou tratamentos.

No día de hoxe o Centro Podológico Gallego estará nas instalcións do Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City realizando estudos biomécanicos gratuitos.

 

Noticias Web FGA .- 05/02/2016 . Entrega dorsais e numero asignado

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
05/02/2016 . Entrega dorsais e numero asignado

Xa podes consultar o número de dorsal asignado pola organización do Medio Maratón Coruña 21. 

Consulta do dorsal por orde alfabético (Aquí

Entrega de dorsais 

A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes do Corte Inglés de Marineda City o venres en horario de 17:00 a 22.00 horas e o sábado de 10:00 a 21:30 horas.

Noticias Web FGA .- 04/02/2016 . Lista de admitidos o Campionato de Galicia de Probas Combinadas 6-7 de Febreiro en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
04/02/2016 . Lista de admitidos o Campionato de Galicia de Probas Combinadas 6-7 de Febreiro en Lugo

Os días 6 e 7 de Febreiro vaise desputar no Estadio Gregorio Pérez e no Módulo Cuberto de Lugo o Campionato de Galicia de Probas Combinadas Absoluto (cad-xuv-xun-prom) así como o Campionato de Galicia de Pentatlón de veterans masculino Circular - Horario

Lista de Admitidos

Noticias Web FGA .- 03/02/2016 . Vigo, Cangas e Ferrol xa tiveron a xornada tecnica de marcha,maña en Santiago o dia 8 turno de Friol

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2016 . Vigo, Cangas e Ferrol xa tiveron a xornada tecnica de marcha,maña en Santiago o dia 8 turno de Friol

Estanse a realizar en distintos puntos da xeografia galega unhas xornadas técnicas por parte do responsable do sector e Director da Escola Galega de marcha. Esta semana estivo en Vigo, Cangas e Ferrol. En Vigo estiveron cas rapazas e rapaz do Beade , en Cangas visitaron a Escola de Marcha xunto a Sebastián Piñeiro e José Calvar e en Ferrol departiron con rapaces e rapazas do Narón e Ría Ferrol, xornada a que asistiu, Álvaro , Presidente do Narón así como os adestradores do Ría Paulino e Adán.
 
As xornadas de técnica de marcha están sendo ben acollida por onde querá que se despracen, a próxima cita será mañá en Santiago cun adestramento conxunto con varios atletas,clubes e adestradores e  o luns 8 de Febreiro en Friol  onde están citados Felipe Barata e os rapaces da marcha.

 

 

Noticias Web FGA .- 03/02/2016 . Campeonato de Galicia Absoluto de 60ml e 60mv o 6 de Febreiro no Módulo de Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/02/2016 . Campionato de Galicia Absoluto de 60ml e 60mv o 6 de Febreiro no Módulo de Lugo

O día 6 de febreiro as 11:15h dará comez terá lugar o Campionato de Galicia Absoluto de 60 mlmetros lisos e 60 mv  no módulo do Gregorio Pérez Rivera de Lugo.

HORARIO 

11:15. Eliminatorias 60 masculino 
11:45. Eliminatorias 60 femenino 
12:05. Final 60v masculino 
12:10. Eliminatorias 60v femenino 
12:40. Final 60 masculino (A/B Os 6 mellores tempos das eliminatorias na A e os tempos do 7 al 12 na B) 
12:50. Final 60 femenino (A/B Os 6 mellores tempos das eliminatorias na A e os tempos do 7 al 12 na B) 
13:00. Final 60v femenino     

 Admitidos

 

Noticias Web FGA .- 01/02/2016 . Actividade de Marcha o mércores 3 de Febreiro en Ferrol as 18 h. na Malata

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/02/2016 . Actividade de Marcha o mercores 3 de Febreiro en Ferrol as 18h na Malata

O vindeiro mércores 3 de Febreiro terá lugar en Ferrol unha xornada técnica por parte do responsable do sector e Director da Escola Galega de marcha xunto cos técnicos do Ría de Ferrol, Paulino Cartelle e Adán García Fábregas co grupo de atletas da zona a partir das 18:00h nas pistas de A Malata. Convídase ós clubs e adestradores da zona a participar. Esta xornada forma parte dunha serie de visitas programadas a todos os pequenos núcleos de marcha en Galicia, a poder ser antes do campeonato galego de marcha en ruta do vindeiro 13 de Febreiro.

Durante esta semana xa se visitou ao grupo de Jose A. Pardal de Pontevedra, aos marchadores de Santiago, así como ao Atletismo Barbanza con visita ao grupo de Marcos Carracedo e Pepe Moure. Tamén se supervisou o novo circuíto do campionato galego da Pobra xunto a eles e o homologador.

Para todos os clubs interesados neste tipo de actividade ou similares relativas a marcha e que non se puxo aínda en contacto o responsable do sector convosco, podedes poñervos en contacto a través da Federación Galega de Atletismo (secretariogeneralfga@gmail.com).

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA