Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 01/02/2016 . Equipos Clasificados para o Campionato de España de Campo a Traves a disputarse o 28 de Febreiro no Hipodromo Zarzuela de Madrid

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/02/2016 . Equipos Clasificados para o Campionato de España de Campo a Traves a disputarse o 28 de Febreiro no Hipodromo Zarzuela de Madrid

Noticias Web FGA .- 31/01/2016 . A Sociedad Gimnastica en homes e o Adas Prionor en mulleres fanse co Campionato de Galicia de Cross Corto por Clubes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
31/01/2016 . A Sociedad Gimnastica en homes e o Adas Prionor en mulleres fanse co Campionato de Galicia de Cross Corto por Clubes

O Adas Prionor en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra fixeronse esta mañá en Frioln co Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes .Na categoría femenina subiron o pódium no segundo posto foi acadado  o Comesaña Sporting Club e no terceiro por a Sociedad Ginmástica . En homes foron o Club Atletismo Santiago e o Real Club Celta os que acompañaron a Sociedad Gimnástica.

 

O Adas Prionor en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra fixeronse esta mañá en Friol co Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes .Na categoría femenina subiron o pódium no segundo posto o Comesaña Sporting Club e no terceiro a Sociedad Ginmástica . En homes foron o Club Atletismo Santiago e o Real Club Celta os que acompañaron a Sociedad Gimnástica.

 Campionato Galicia Cross Corto Clubes

 

 

Noticias Web FGA .- 31/01/2016 . O Atletismo Noia fai doblete en Xuvenis, e o Ría Ferrol en Cadetes

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
31/01/2016 . O Atletismo Noia fai doblete en Xuvenis, e o Ria Ferrol en Cadetes

No Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Través por Equipos  o Atletismo Noia en ambas categorías.  As rapazas do  Noia  estiveron acompañadas no pódium por o Atlética Lucense e Atlética Val Miñor, nos homes  foron o Ourense Atletismo e o Club Atletismo Santiago, os que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente. Na categoría Cadete  o Ria Ferrol fixose coa victoria tanto  homes como mulleres, o equipo masculino do Ria Ferrol impuxose por diante do Limiactiva, e do Coruña Comarca, e en mulleres  as rapazas impuxeronse por diante do Beade e Franciscanos de Lugo.

Na Proba Individual Sara López do Lucus , impuxose cun tempo de 9:17 e EL NABAOUI El Medhi cun tempo  11:41 do San Paio  na categoria cadete. Na categoria xuvenil os vencedores foron Elba Velez, do Atlética Lucense cun tempo de 14:51  e Pedro Osorio do Ria de Ferrol parando  o reloxo en 16:11

Resultados

 

Noticias Web FGA .- 31/01/2016 . Memorial Alejandro Lorenzo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
31/01/2016 . Memorial Alejandro Lorenzo

No Memorial Alejandro Lorenzo na categoría infantil masculino a parte alta do pódium foi para o  Ourense Atletismo, acompañado por a Atlética Lucense e o Lucus Caixa Rural. En  mulleres impuxose o Atletismo Friol seguido por Madeiras Barcia Lourenzá e o Franciscanos de Lugo. Nos Alevins o título foi para o Franciscanos de Lugo, seguidos do Vila de Cangas e Atlética Lucense en categoría masculina, na femenina o posto máis alto do pódium foi para  o Club Atletismo A Estrada,quedando no segundo posto o Ourense Atletismo e no terceiro o Vila de Cangas, na categoría Benxamin os rapaces da Atlética Lucense , seguidos do Ourense Atletismo e o Atletismo Friol, as do Vila de Cangas fixeronse co primeiro posto seguidas da Atlética Lucense e o Atletismo Friol.

Resultados

 

Noticias Web FGA .- 29/01/2016 . Previa Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes e Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Traves

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/01/2016 . Previa Campionato de Galicia de Cross Corto de Clubes e Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Traves

O vindeiro domingo 31 de xaneiro na localidade lucense de Friol disputarase o Campionato de Galicia de Cros Curto por equipos, na última edición os campións foron  en homes o New Balance, que este ano non presenta equipo e que deixa o camiño aberto á Sociedade Gimnastica de Pontevedra de recuperar o título que obtivo no 2014. En mulleres o club favorito é o Comesaña Sporting Club, quen vén de conseguir os sete últimos títulos consecutivos, participan nesta edición, Soidade Castro, Sandra Mosquera, Sara Pérez. No Campionato Xuvenil de Campo a través, destacamos que os últimos vencedores en ambas as categorías, Miguel González Carballal  e Ana García Arias, Lucus Caixa Rural e Lugo Running respectivamente non poderán revalidar o título ao cambiar de categoría. No Campionato Cadete de Campo a través, repítese a situación da categoría Xuvenil, os vixentes campións Lucía López e Adrián Lago.

 

Notcias Web FGA .- 27/01/2016 . Intenso fin de semana de Cross - Campo a Través

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/01/2016 . Intenso fin de semana de Cross - Campo a Través

O próximo domingo, 31 de Xaneiro na localidade lucense de Friol arranca as 10:30h a festa do campo a través, comeza coa proba dos máis cativos, Memorial Alejandro Lorenzo, seguidamente as 11:55h dará comezo o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil individual e por equipos,e para rematar as 13:30 dará comezo o Campionato de Galicia de Cross Corto por Clubes, categorías Senior- Promesa cun percorrido aproximadamente de 4.000m

Cajones saidas  

Lista participantes:   Cross Corto    - Cadete-Xuvenil     - Alejandro Lorenzo

Noticias Web FGA .- 26/01/2016 . Entregaranse dorsais chipeados para o Campionato de Galicia de Cross Corto do vindeiro 31 de Xaneiro en Friol

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/01/2016 . Entregaranse dorsais chipeados para o Campionato de Galicia de Cross Corto do vindeiro 31 de Xaneiro en Friol
O vindeiro domingo, 31 de Xaneiro terá lugar en Friol o Campionato Galego de Cross Corto por Clubes, Campioonato Galego Cadete e Xuvenil de Campo a Través - Memorial Alejandro Lorenzo, para esta proba entreganse dorsais chipeados a cada un dos participantes.

Noticias Web FGA .- 25/01/2016 . Importante, aberto o prazo para preinscribirse no Curso de Adestrador Nacional de Atletismo, por primeira vez en Galicia!

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/01/2016 . Importante, aberto o prazo para preinscribirse no Curso de Adestrador Nacional de Atletismo, por primeira vez en Galicia!

A FGA está organizando o Curso de Adestrador Nacional de Atletismo para levar a cabo en Galicia nos vindeiros meses de xuño e xullo ou en Setembro-Outubro. Nestes momentos se está a facer un estudo sobre cal sería a sede más idónea para o curso. Por iso, facemos un chamamento a todos os adestradores de clube interesados en ampliar a súa formación con esta máxima titulación en cubrir este formulario sinalando donde lle gustaría que fose o curso.

 

(CLICK AQUI PARA ACCEDER AO FORMULARIO)

Noticias Web FGA .- 23/01/2016 . Campionato Galego Absoluto en pista cuberta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
23/01/2016 . Campionato Galego Absoluto en pista cuberta

Unha vez revisadas as inscricións pola Directora Técnica da FGA, fanse publicas os atletas admitidos para competir o vindeiro domingo no Palacio dos De portes da Coruña, no Campionato de Galicia Absoluto-Promesa e 1500/3000 Xuvenil-Junior (as series serán por marca independientemente da categoria)

 

A proba de altura homes, que pasa a disputarse pola mañá
 Elimínanse as semifinais de 800 pasando a celebrarse final
 Non se celebrar as eliminatorias de 200, farase como o ano pasado 3-4 semifinais e dous finais A-B con tres en cada unha (nunha serie a primeira e segunda marca e na outra a terceira e cuarta marca)
Cadencias:
Altura fem 1,30 – 1,38 – 1,44 – 1,48 – 1,52 – 1,56 – 1,59 – 1,62 y de 2 en 2. 
Altura mas 1,65 – 1,71 – 1,76 – 1,81 – 1,85 – 1,88 – 1,91 y de 2 en 2. 
Pértiga fem 2,12 – 2,42 – 2,62 – 2,82 - 2,97 – 3,07 – 3,17 y de 5 en 5. 
Pértiga mas 3,42 – 3,62 – 3,82 - 3,97 – 4,12 – 4,22 – 4,32 y de 5 en 
LISTADO DE PARTICIPANTES NO DE SAIDAS       Circular Campionato       Camara de Chamadas

 

Noticias Web FGA .- 22/01/2016 . O Luns 25 de Xaneiro abrese a Inscricción presencial Media Maratón Coruña 21

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
22/01/2016 . O Luns 25 de Xaneiro abrese a Inscriccion presencial Media Maratón Coruña 21

O próximo luns, 25 de Xaneiro ábrese o prazo de inscricción presencial para a Media Maratón Coruña 21

Cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota, no Departamento de Deportes de El  Corte Inglés, desde o luns 25 de xaneiro de 2016 ata as 22:00horas do 30 de xaneiro.

LOCALIZACION DE CENTROS COMERCIAIS DE EL CORTE INGLÉS 

    A Coruña:

RAMÓN Y CAJAL Departamento de Deportes (7ª planta). Ramón e Cajal, 57 e 59

MARINEDA CITY Departamento de Deportes (2ª planta) Estrada Baños de Arteixo, s/n. Polígono Industrial da Grela

Santiago de Compostela

Departamento de Deportes Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)

Vigo

Departamento de Deportes C/ Gran Vía, 28, Vigo (Pontevedra)

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA