Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 23/12/2015 . Sesión saltos en Ourense

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Sesión saltos en Ourense

O sábado en Ourense no Pavillón dos Remedios celebrarase unha sesión de mañá e tarde dirixida polos responsables de saltos Santiago Ferrer Alonso e Alfonso Palomanes, organizada polo Club Limiactiva e aberta a todos os adestradores e atletas interesados.

Noticias Web FGA .- 21/12/2015 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA e Asemblea

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/12/2015 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA e Asemblea

Na mañá do sabado dia 19 tivo lugar ás 10:15 horas reunión da Comisión de Clubes, atletas, xuíces, atletas veteráns e adestradores. Os distintos membros da comisión estiveron traballando para plantear propostas aos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada cuia reunión tivo lúgar ás 12:30 horas. Nesta última xuntanza aprobáronse os orzamentos, a liquidación definitiva así como o calendario de competicións e outras normativas. Xa na tarde celebrouse a partir das 17,00 horas a Asemblea Xeral cunha gran afluencia de clubes, xuíces, adestradores e atletas, houbo en xeral un bo ambente participativo e o presidente expuso ao longo de case unha hora un resumo de toda a tempada e todas as accións feitas no atletismo galego. 

Noticias Web FGA .- 17/12/2015 . Concentración do Nadal de Marcha 2015

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
17/12/2015 . Concentracion do Nadal de Marcha 2015

A Federación Galega de Atletismo e a Escola de marcha da Diputación de Pontevedra a proposta do responsable de marcha e criterio do Comité Tecnico da FGA organiza unha concentracción do sector de marcha 
Lugar: Residencia Príncipe Felipe 
Datas: 26-30 de decembro con entrada ó día 26 às 10:30 e saída o día 30 às 13h 
Destinatarios: Atletas convidados da modalidade de marcha 
Director Concentración: Pendente de confirmar 
MOI IMPORTANTE: A CONFIRMACIÓN DOS SELECCIONADOS E SUPLENTES, FARÁSE ANTES DAS 18:00 HORAS DO LUNS 21 DE DECEMBRO NO EMAIL  secretariogeneralfga@gmail.com  
[Circular]

Noticias Web FGA .- 15/12/2015 . Sesión de pértega en Riveira

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Sesión de pértega en Riveira

O responsable de saltos verticais Santiago Ferrer Alonso levará a cabo o sábado 19 de decembro unha sesión de iniciación á pértega nas Pistas dá Fieitera en Riveira na que poderán participar todos os atletas e adestradores interesados, a actividade foi promovida polo Club Santa Uxia e desenvolverase a partir das 16.45

Noticia Web FGA .- 14/12/2015 . Acto de entrega da medalla de ouro a Federación Catalana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Acto de entrega da medalla de ouro a Federación Catalana

Durante o transcurso do acto que conmemoraba o centenario da Fundación Catalá de Atletismo, Isidoro Hornillos, Presidente da Fga fixo entrega da medalla de ouro concedida pola Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega, á Federación Catalá pola súa contribución a que Galicia conte cunha pista cuberta. O acto reuniu en Barcelona a numerosos atletas, directivos, xuíces e clubs nun acontecemento emotivo.

Noticias Web FGA .- 09/12/2015 . Lidia Parada mellor atleta promesa no 2015

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Lidia Parada mellor atleta promesa no 2015

Lidia Parada foi elixida pola RFEA como a mellor atleta promesa do ano 2015 por diante da marchadora Laura García e a velocista Cristina Lara. A atleta de 22 anos da Asociación de Atletismo  e Deportes do Barbanza lembremos que foi Campioa de España Absoluta, plusmarquista española promesa, sexta no europeo da súa categoría e logrou unha sensacional marca de 59.03 en lanzamento de xavelina.

Noticias Web FGA .- 06/12/2015 . 5 medallas para o atletismo galego no Campionato de España de Marcha de Inverno

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego

5 medallas para o atletismo galego no Campionato de España de Marcha de Inverno

Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción en Cuntis xunto co GP Vila de Cuntis e Memorial Josefina Romero, que deparou excelentes resultados para a marcha galega. Destacamos nos 5 km marcha xuvenil a Antia Chamosa prata con 24.12.1 preto do record da categoría, bronce para Leyre Aramburu da Atletica Lucense que demostra con iso a súa excelente evolución, na categoria cadete no 3 km medalla de bronce para Iria Rivas do Atletismo Cuntis e xa na categoria junior Daniel Chamosa ampla o seu medalleiro a nivel nacional cunha medalla de prata con 21.28.6 mentres que na proba feminina Carmen Escariz sería segunda con 24.42.4, gran participación de atletas galegos en Cuntis que refrenda o nivel da marcha galega. Nos 5 km marcha do GP Vila de Cuntis- Memorial Josefina Romero destacar a victorias de Francisco Durán e Rocio Carbia na proba absoluta.  Medallero e finalistas galegos

 

Noticias Web FGA .- 05/12/2015 . Xornadas técnicas do NAR de Lanzamentos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Xornadas técnicas do NAR de Lanzamentos
O vindeiro sábado dia 12 de decembro inicíanse dende o Sector de Lanzamentos da FGA, as xornadas técnicas de portas abertas do NAR de Lanzamentos no Inef de Bastiagueiro. As xorndas están adirixidas a atletas dende a categoría cadete a senior e adestradores. O horario será de 11:30 a 13:30.

Noticias Web FGA .- 03/12/2015 . Campionato de España de Marcha Promoción, GP Vila de Cuntis e Memorial Josefina Romero

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de España de Marcha Promocion, GP Vila de Cuntis e Memorial Josefina Romero

Cita coa marcha atlética o domingo 6 de decembro en Cuntis coa celebración do Campionato de España de inverno de promoción coa presenza de atletas galegos destacados como Daniel Chamosa, Antia Chamosa, Leyre Aramburu ou Carmen Escariz entre outros, así mesmo en xornada de mañá celebrarase o GP Vila de Cuntis e Memorial Josefina Romero de Marcha no que estarán os mellores marchadores galegos encabezados pola atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Eva Igresias e por Francisco José Durán tamén estarán entre outros Rocío Carbia do Atletismo Feminino Celta, Samantha Mulloni, Christian Curopos e José Fernández Nieves.

 

INSCRITO CAMPIONATO DE ESPAÑA

INSCRITO GP - MEMORIAL JOSEFINA ROMERO

Noticias Web FGA .- 03/12/2015 . Sesión de adestramento de saltos horizontales

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
03/12/2015 . Sesión de adestramento de saltos horizontais
O responsable de saltos infórmanos que o vindeiro venres día 11 de decembro nas pistas do INEF A Coruña, haberá a partir das 17:00 hroas unha sesión de adestrametno .  Os interesados en participar nesta actividade, atletas e adestradores EGA, deben enviar un email a secretariogeneralfga@gmail.com sinalando nome e apelidos de quen desexa asistir, é importante que a confirmación se faga antes do día 9 ás 18:00 horas. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA