Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 02/12/2015 . Equipos clasificados para a fase final da liga escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Equipos clasificados para a fase final da liga escolar

Equipos participantes na final de Liga Escolar que se celebrará o vindeiro 16 de xaneiro no Pazo dos Deportes de Riazor en xornada de mañá e tarde: BENXAMIN MASCULINO: Club Atletismo Sada, Millaraio, Ourense Atletismo, San Narciso (por postos) e Asociación Viguesa Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Coruña Comarca, Fontes do Sar (por puntación) BENXAMIN FEMENINO: Millaraio, Maderas Barcia Lourenzá, Vila de Cangas e Sociedad Gimnástica de Pontevedra (por postos) e Ría Ferrol, Marineda, Fontes do Sar, Club Atletismo Sada (por puntuación) ALEVIN MASCULINO: Ría Ferrol, Franciscanos, Ourense Atletismo, Atletismo A Estrada (por postos), Vila de Cangas, Marineda, Riazor, Millaraio (por puntuación) ALEVIN FEMENINO: Fontes do Sar, Ría Ferrol, Atletismo A Estrada, Sociedad Gimnástica Pontevedra (por postos), Vila de Cangas, Ourense Atletismo, Franciscanos, Lucus Caixa Rural (por puntuación) INFANTIL MASCULINO: Millaraio, Marineda, Vila de Cangas, Ourense Atletismo (por postos) e Coruña Comarca, Club Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Asociación Viguesa de Atletismo (por puntuación) INFANTIL FEMENINO: Ría Ferrol, Franciscanos, Vila de Cangas, Asociación Viguesa de Atletismo (por postos) e Maderas Barcía Lourenza, Millaraio, Riazor, Marineda (por puntuación)

Noticias Web FGA .- 02/12/2015 . O vindeiro 19 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria e diferentes xuntanzas de comisións e Xunta Directiva

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
02/12/2015 . O vindeiro 19 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria e diferentes xuntanzas de comisións e Xunta Directiva

O sábado 19 terá lugar na Coruña a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo na tarde, e a reunión das diferentes comisións de traballo, Xunta Directiva e Comisión Delegada na mañá. En breve publicarase as circulares oficiais.

Noticia Web FGA .- 01/12/2015 . Votación Mellor Atleta 2015

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/12/2015 . Votación Mellor Atleta 2015

A Federación Galega de Atletismo invita a todolos afeccionado ó Atletismo a participar na elección dos mellores atletas galegos da pasada campaña. Deste xeito iníciase hoxe o proceso de votación mediante a nosa páxina web. Esta votación será un dos criterios -non vinculante- que o Xurado dos premios (integrado por membros do atletismo galego e diversos representantes dos medios informativos galegos) terá en conta para elixir o gañador/a de cada unha das categorías.

[Votación]    [Ver resultados]

Noticias Web FGA .- 26/11/2015 . Cambio de horario Trofeo Narón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/11/2015 . Cambio de horario Trofeo Narón

Comunícanos a organización do Trofeo Naron, que debido ao numero de atletas inscritos nas distinta probas, a competición dará comezo ás 10,00 horas - Novo Horario

Noticias Web FGA .- 25/11/2015 . 37 Memorial Belarmino Alonso

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
37 Memorial Belarmino Alonso

O 29 de Novembro celébrase en Vigo o 37 Memorial Belarmino Alonso de Campo a través, tradicional cita do fondo galego que contará como en edicións anteriores con parte dos mellores fondistas galegos, entre eles destacamos a Alejandro Fernández e Leticia Fernández do Adas Proinor, Sandra Mosquera e Sofia Freaza do Comesaña, Joselyn Brea, Akka Essadaoui e Ivan Docampo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Hassan Lekhili e Javier Paredes do Ourenrunning e María Gestido do Athletics Fisioterapia San Lazaro , tamén destacar ao  atleta junior  da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Jorge Puig, aos promesas do Real Club Celta David Santos e Gonzalo Basconcelos e ao xuvenil Pedro Osorio do Ria Ferrol. Así mesmo celebrarase a fase zonal do Deporte en Idade Escolar o que augura unha mañá de cros no circuíto de San Andrés de Comesaña. O prazo de inscrición finaliza mañá xoves 26 de novembro.

Noticias Web FGA .- 22/11/2015 . Campionato de Galicia de Marcha de Invierno

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Marcha de Inverno

Complicadas as condicións metereológicas esta mañá no Campionato de Galicia de marcha de inverno disputado no Inef de Bastiagueiro apesar diso boa participación con probas para as categorías inferiores. Na proba absoluta parte dos nosos mellores marchadores déronse cita na primeira toma de contacto co tartán nesta nova tempada, os títulos de campións galegos nos 5000 metros recaeron en Eva María Iglesias e Daniel Chamosa, completando o podium feminino Leyre Aramburu e Carmen Escariz e o masculino Christian Curopos e Daniel Veiga.

Noticias Web FGA .- 20/11/2015 . Novo Circuito de Campo a Través FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/11/2015 . Novo Circuito de Campo a Través FGA

A FGA publicou no día de hoxe a Circular 67-2015 correspondente a un novo Circuito de Campo a Través FGA. Convidamos a todos os atletas a participar neste novo evento federado.

A primeira proba puntuable será o Memorial Belarmino Alonso que se disputará a semana próxima. (Click aquí para máis información do circuito)

Noticias Web FGA .- 18/11/2015 . Fin de semana en pista: Liga Escolar federada e Galego de Marcha en pista

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
18/11/2015 . Fin de semana en pista: Liga Escolar federada e Galego de Marcha en pista

Comeza a tempada coa disputa da III Liga escolar federada que se celebra en dúas xornadas programadas en Vigo e Ferrol. A Liga está aberta a todos os atletas das categorías de menores, a final disputarase no Palacio dos Deportes de Riazor na Coruña cos mellores equipos. Unha vez pechadas as inscripciones reaxústase o horario.

Circular Liga Escolar Novo Horario 

Campionato de Galicia de Marcha en pista 
O primeiro campionato autonómico da presente tempada celébrase nas pistas do INEF de Bastiagueiro, coa disputa do Galego de Marcha en pista. 
A xornada celebrarase o domingo en xornada matinal, e nela daranse cita os mellores especialistas desta disciplina atlética, que serviralles de test para o Nacional en ruta do próximo mes de decembro en Cuntis 
Atletas inscrito -Circular Campionato

Noticias Web FGA .- 12/11/2015 . XII Cross Internacional de Atapuerca

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
XII Cross Internacional de Atapuerca

O domingo 15 de novembro celébrase o XII Cros Internacional de Atapuerca considerado como o mellor de España e a nivel mundial, incluído no circuíto de cross da IAAF. A representación galega será numerosa contando con parte dos nosos mellores fondistas, encabezan a expedición Manuel Hurtado, Leticia Fernández, Jenny Fernández, Eva Cid, Sandra Mosquera,Sergio Piñón e Gonzalo Basconcelos tamén estarán as nosas jovenes promesas Miguel González, Tariku Novales, Adrián Ben, Angela González, Pedro Osorio, Claudia Branco, Ivo Maseda e Uxia Pérez. O fondo galego preséntase en Burgos con atletas destacados a nivel nacional que inician a súa tempada de campo a través.

Noticias Web FGA .- 09/11/2015 . Curso de Iniciación ao Running

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/11/2015 . Curso de Iniciación ao Running

A Fundación Deportiva da Universidade de Santiago nunha das súas accións formativas, realiza un novo Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carrera que terá lugar os días 23, 25 e 27 de novembro e 1, 3, 10 e 15 de decembro de 2015 e que contará co apoio da Federación Gallega de Atletismo a través da súa Delegación. 

Descarga aquí toda a información relativa ao curso: 

INFORMACIÓN II CURSO DE INICIACIÓN AO RUNNING

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA