Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 08/11/2015 . Carreiras Populares: Vigo, Ferrol, Negreira e O Barco

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Carreiras Populares: Vigo, Ferrol, Negreira e O Barco

Probas importantes do calendario galego de carreiras populares  este fin de semana coa Carreira Vigo + 11 " Trofeo O Corte Inglés", Carreira Popular dos Santiños no Barco, Carreira Solidaria Ferrol Corre e a Carreira Popular de Negreira. En Vigo máis de 1200 atletas déronse cita na proba, carreira de nivel na que venceron Manuel Hurtado con 33.56, seguido de Akka Essaadaoui con 34.13 e Daniel Bargiela con 34.30 e en mulleres  Solange Pereira con 30.02 seguida moi preto de Sandra Mosquera con 39.12 e terceira posición para María Jesús Gestido con 40.34.En Negreira gran nivel  da carreira en especial en homes con vitoria de Michel Bett con 29.00, en mulleres vitoria para Vitalyne Jemaiyo con 34.15, segunda Claudia Pereira con 34.19 e terceira a atleta da Gimnástica de Pontevedra Joselyn Daniely Brea con 35.25. En Ferrol Sergio Piñón foi o primeiro atleta en cruzar a meta dominando a proba con claridade mentres que en categoría feminina sería Luz Cercido. En O Barco a atleta local Eva Arias do ADAS foi a gañadora na Carreira dos Santiños e en homes Eduardo Valcarce.

Noticias Web FGA .- 06/11/2015 . Concentracións sector saltos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentracións sector saltos

Celebraranse dúas concentracións  a proposta dos responsables dos saltos horizontais e verticais, Mario González e Santiago Ferrer Alonso  os días 14 e 28 de novembro. Na circular 65/2015 pódese consultar os atletas e adestradores convocados. A concentración zona sur levarase a cabo en Ourense e a da zona norte en Lugo.

Noticias Web FGA .- 06/11/2015 . III Trofeo de Atletismo Millaraio

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
III Trofeo de Atletismo Millaraio

O sábado 7 de novembro celébrase no Estadio Universitario de Santiago o " III Trofeo Atletismo Millaraio" organizado pola Delegación da FGA en Santiago e o Club Millaraio, así mesmo de forma paralela celebrarase un control de marcas. As probas empezan ás 10.00 e será premiado o club con mellores resultados no computo das categorías benjamín a cadete.

Noticias Web FGA .- 05/11/2015 . IV Liga Galega Escolar Federada

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
IV Liga Galega Escolar Federada
O vindeiro 21 de novembro celebrarase a primeira xornada da IV Liga Escolar Federada. Ampla participación na fase norte (A Coruña e Lugo) e na fase sur (Pontevedra e Ourense): ZONA NORTE: Benxamin femenino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Lucus, Fontes do Sar, Riazor, Millaraio, Lourenzá, Narón, Marineda e Coruña Comarca. Benxamin masculino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Lucus, Fontes do Sar, Riazor, Millaraio, Lourenzá, Narón, Marineda e Coruña Comarca. Alevin femenino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Franciscanos, Lucus, Fontes do Sar, Universidad Santiago Compostela, Riazor, Millaraio, Compañía María de Santiago, Lourenzá, Narón, Marineda e Coruña Comarca. Alevin masculino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Franciscanos, Lucus, Fontes do Sar, Riazor, Millaraio, Compañía María de Santiago, Lourenzá, Narón, Marineda e Coruña Comarca. Infantil femenino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Franciscanos, Lucus, Fontes do Sar, Universidad Santiago Compostela, Riazor, Millaraio, Lourenzá, Narón, Marineda e Coruña Comarca. Infantil masculino: Club Atletismo Sada, Ría Ferrol, Franciscanos, Lucus, Fontes do Sar, Universidad Santiago Compostela, Riazor, Millaraio, Narón, Marineda e Coruña Comarca. ZONA SUR: Benxamin femenino: Vila de Cangas, San Narciso, San Miguel de Oia, Agrupación Viguesa e Sociedade Gimnástica. Benxamin masculino: Vila de Cangas, San Narciso, Ourense, Agrupación Viguesa, Sociedade Gimnástica e Beade. Alevin femenino: Vila de Cangas, San Narciso, Atletismo A Estrada, Ourense Atletismo, San Miguel de Oia, Agrupación Atlética Mazi, Agrupación Viguesa, Sociedade Gimnástica e Beade. Alevin masculino: Vila de Cangas, San Narciso, Atletismo A Estrada, Ourense Atletismo, Agrupación Atlética Mazi, Agrupación Viguesa, Sociedade Gimnástica. Infantil femenino: Vila de Cangas, San Narciso, Agrupación Viguesa, Agrupación Atlética Mazí e Sociedade Gimnástica. Infantil masculino: Vila de Cangas, San Narciso, Ourense, Agrupación Viguesa, Beade e Sociedade Gimnástica. Nas vindeiras datas comunicarse as sedes. Información circular 64/2015

Noticias Web FGA .- 03/11/2015 . Campionato de España de marcha de inverno

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de España de marcha de inverno

A Real Federación Española de Atletismo aprobou que na circular 237/2015 que Cuntis ( Pontevedra) acollerá o 6 de decembro o V Campionato de España de Marcha de  Inverno de Promoción, un recoñecemento máis ao traballo desenvolvido nos últimos anos no sector de marcha en Galicia.

Noticias Web FGA .- 02/11/2015 . 9ª Carreira Popular VIGO +11 “Trofeo El Corte Inglés”

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
 

A novena edición da Carreira Popular Vigo + 11 " Trofeo o Corte Inglés" contará o domingo 8 de novembro con gran parte dos mellores fondistas galegos. A proba con saída ás 11.15 desde a Rua Concepción Arenal transcorre polo centro urbano de Vigo. Entre os inscritos destacan os dous primeiros clasificados do ano pasado, Manuel Hurtado e Akka Essaadaoui xunto con Daniel Bargiela e en categoría feminina veremos a Solange Pereira, Ester Navarrere ou María Jesús Gestido entre outras o que augura unha carreira de nivel. As probas das categorias inferiores desenvolveranse previamente aos 10.900 metros das proba absoluta. O prazo de inscrición conclúe o mércores 4 de novembro enwww.carreirasgalegas.com ou no Corte Inglés

Noticias Web FGA .- 02/11/2015 . Negreira, Vigo, O Barco e Ferrol probas destacadas o vindeiro fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Negreira, Vigo, O Barco e Ferrol probas destacadas o vindeiro fin de semana

O próximo fin de semana dispútanse varias das probas máis importantes do calendario de populares en Galicia. O sábado 11 Carreira Solidaria Ferrol Corre cuxo prazo de inscripción ampliase as 14.00 do 3 de novembro a mesma poden facerse en Decathlon Ferrol ou na webwww.carreirasgalegas.com, o domingo dúas probas de renome Carreira Popular de Negreira e Vigo + 11 " Trofeo o Corte Inglés"  con prazos de inscrición abertos ata o xoves 5 e mércores 4 de novembro respectivamente, por último oitava edición da Carreira Popular dos Santiños no Barco de Valdeorras sobre unha distancia de 7 km.

 

Noticias Web FGA .- 02/11/2015 . Éxito de participación na Carreira Contra o Cancro corre por Ferrol

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Éxito de participación na Carreira Contra o Cancro corre por Ferrol

Éxito da terceira edición da Carreira Contra o Cancro Corre por Ferrol con máis de 2500 participantes de todas as categorías. Apoio da cidade a unha proba que continua reunindo cada ano máis atletas nunha xornada deportiva e solidaria. A victoría en categpria feminina sería para a aresana Paula Mayobre e en homes o atleta vasco Julen Basterretxea, completarian o podium Belén Neto, María Rodriguez, Sergio González e Alejandro Llamazares. Autoridades de Ferrol acompañaron ao Presidente do FGA Isidoro Hornillos e á Presidenta da Asociación Española contra o cancro Isabel Caamaño na entrega de premios. A entidade con maior participación foi o Colexio Tirso de Molina nas probas de menores.

Noticias Web FGA .- 28/10/2015 . III Edición Contra o cancro corre por Ferrol

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
III Edición Contra o cancro corre por Ferrol

O domingo 1 de novembro celébrase a carreira  Contra o cancro corre por Ferrol que chega á súa terceira edición. O prazo de inscrición termina mañá podendo facerse o mesmo na web de carreiras galegaswww.carreirasgalegas.com

A proba dispútase sobre unha distancia de 5 km con saída no Cantón de Molins. A beneficio da Asociación Contra o Cancro haberá probas para as categorias inferiores.

Noticias Web FGA .- 26/10/2015 . A Coruña acollerá o V Congreso Mundial do Deporte Escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/10/2015 . A Coruña acollerá o V Congreso Mundial do Deporte Escolar
Entre os vindeiros días 5 e 7 de novembro terá lugar na Coruña un evento formativo de nivel internacional no ámbito do adestramento no deporte escolar. O congreso, que conta coa colaboración Deputación da Coruña, conta xa con máis de 200 persoas inscritas e está aberto á participación de todos os técnicos deportivos de Galicia, directivos e técnicos de clubs e asociacións deportivas así como profesores de Educación Física e estudantes de Ciencias do Deporte e Educación Física.  
 
O congreso contará cun total de 11 conferencias plenarias e 10 cursos/talleres impartidos por profesionais de recoñecido prestixio de España, Portugal, Romanía, Cuba e Brasil.
 
Presentaranse máis de 50 traballos de investigación e a todos os asistentes entregaráselles un diploma acreditativo da formación baremable para oposicións, ademais do cd de actas con toda a documentación do congreso e obsequios das empresas colaboradoras. 
 
No encontro abordaranse temas tan importantes como os valores olímpicos no deporte escolar, a nutrición deportiva, o adestramento en nenos e mozos deportistas, a programación do traballo de psicomotricidade, a selección de talentos deportivos,etc.  O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 de outubro en www.sportis.es 

Dende a FGA convidamos a tódolos técnicos e adestradores a participar nestas xornadas formativas.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA