Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 23/09/2015 . Milla Urbana San Miguel "Mas allá de la Leyenda"

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Milla Urbana San Miguel " Mas allá de la Leyenda"

O sábado 26 de setembro terá lugar en Marín a XVIII Milla Urbana San Miguel " Mas allá de la leyenda" organizada polo Club San Miguel de Marín coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. O circuíto situado na Avenida de Ourense foi homologado pola RFEA,  a proba elite contará con varios dos mellores mediofondistas e fondistas galegos, entre eles Adrián Ben, Ester Navarrete, Gonzalo Basconcelos, Jorge Puig, Leticia Fernández, Solange Pereira, Victor Riobó e Sandra Mosquera. Ás 17.00 horas terá lugar a presentación do libro " Mas allá de la Leyenda" para a continuación desenvolverse as diferentes probas das categorias inferiores.

Noticias Web FGA .- 21/09/2015 . Últimos días para inscribirse en los Cursos de Mónitor Nacional de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/09/2015 . Últimos días para inscribirse en los Cursos de Monitor Nacional de Atletismo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Formulario de inscripción

Información A Coruña             Información Pontevedra

 

Noticias Web FGA .- 20/09/2015 . Reunión da Comisión Escolar

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Reunión da Comisión Escolar

Reúnise na sede da delegación da FGA en Santiago a Comisión Escolar coa presenza do presidente da mesma Juan P. Fernández, a directora técnica, e os representantes dos clubes Ourense Atletismo, Ría Ferrol e ADAS. Na xuntanza discutironse pontos da nomativa do programa XOGADE, clasificación para o campionato de España infantil por equipos así como calendario para a tempada 2015-2016.

Noticias Web FGA .- 16/09/2015 . Campionato de Galicia de Medio Maratón

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Medio Maratón

O Concello de Petin albergará o vindeiro domingo 20 de setembro o Campionato de Galicia junior, promesa, absoluto e veterano de media maratón conxuntamente coa VI Media Maratón Vila de Petin. A proba dará comezo ás 11 da mañá con saída na Praza de Petín e transcorre polos Concellos de Petin, A Rua e Villamartin de Valdeorras. A organización lembra a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas e que o tempo máximo queda fixado en 2 horas 50 minutos. Circuíto esixente e cunha ampla participación de atletas veteranos destacando na categoria feminina atletas do Comesaña como Soledad Castro e Iria Fernández.

Noticias Web FGA ,- 14/09/2015 . Milla Urbana O Barco

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Milla Urbana O Barco

Solange Pereira e Saul Ordoñez gañadores na Milla Urbana Festas do Cristo do Barco, edición número 29 desta proba con novo éxito de participación e cun nivel destacado, contando con algúns dos mellores mediofondistas e fondistas nacionais. Solange Pereira actual campioa de España de 1500 volvía vencer nesta milla que se celebrada no malecón, estando o segundo e terceiro posto máis disputado entre Nuria Lugueros, Leticia Fernández e a atleta local Eva Arias. O Ourensano Alejandro Fernández foi sexto nunha carreira de gran nivel no que o subcampión de Europa sub23 Saul Ordoñez vencía ao obstaculista Victor García na última recta.

Noticias Web FGA .- 12/09/2015 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/09/2015 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA

Na mañá de hoxe tivo lugar na sede da FGA en A Coruña unha nova xuntanza da Comisión Delegada e Xunta Directiva. Houbo unha gran asistencia e informouse aos presentes das últimas xestións feitas en diversos departamentos da FGA. Salientar o incremento de probas no calendario da FGA así como o aumento do número de probas que levan o sistema de chips da FGA. Falouse tamén do tema presupuestario e da pista cuberta para Galicia, que continúan a facerse as xestións por parte do presidente para tentar de conseguir esta instalación. A directora técnica expuso o gran éxito do atletismo galego nesta tempada e as reunións que se están a facer nestes días con distintos estamentos.

Noticias Web FGA .- 11/09/2015 . Bo nivel na Milla Urbana "Festas do Cristo" no Barco de Valdeorras

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Bo nivel na Milla Urbana "Festas do Cristo" no Barco de Valdeorras

O vindeiro domingo celebrase a Milla Urbana "Festas do Cristo" no Barco de Valdeorras na que a priori os favoritos son Victor García do Playas de Castellón e Daniel Arce do New Balance. Salientar tamén a presencia do ourensán Alejandro Fernández . Na proba femenina a gran favorita e Solange Pereira, lider do ano da distancia e actual campeona de España. Diana Martin, Paula González e as galegas Leticia Fernández, Eva Arias, Jenny Fernández, Elba Vélez ou Ana García son outras das atletas destacadas nunha milla que chega a sua edición número 29

Noticias Web FGA .- 09/09/2015 . Curso gratuito online sobre dopaxe e sustancias prohibidas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/09/2015 . Curso gratuito online sobre dopaxe e sustancias prohibidas

A Axencia Española de Protección da Saúde no Deporte está a promover unha formación gratuita para todos os técnicos e deportistas co fin de analizar algúns falsos mitos sobre dopaxe. A FGA anima a todos os adestradroes a deportistas a facer o curso online para obter información de primeira man do permitido e do non permitido. Primeiro os tedes que rexistrar gratuitamente e logo xa se accede ao contido do curso, ao superar o cuestionario emítese un diploma de participación que se pode imprimir.

http://aepsad.triagonal.net/online2/index.php

Noticias Web FGA .- 06/09/2015 . Campionato de Galicia de 10 kilómetros Ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de 10 kilómetros Ruta

Sandra Mosquera do Comesaña e Rubén Caamaño do Club Atletismo Sar proclamáronse Campións Galegos de 10 km en ruta, de forma conxunta ao Campionato de Galicia disputouse a V Carreira Popular Concello de Vimianzo. A proba comezou cun respectuoso minuto de silencio polas victimas do accidente sucedido onte na localidade coruñesa de Carral durante a disputa dunha proba deportiva. En canto ao podio do Campionato de Galicia formárono en mulleres Sandra Mosquera do Comesaña, Raquel Pedrosa do Ria Ferrol e Sofia Freaza do Comesaña mentres que en homes ao xa citado Rubén Caamaño o acompañaron Victor Xosé González do Comesaña e Abel Barros do Atletismo Moraña. Outros atletas destacados na Carreira popular foron o portugues afincado na Coruña Rafael Oliveira que foi terceiro da xeral e Vanessa Lafuente vencedora cun tempo de 36.52.

Noticias Web FGA .- 04/09/2015 . Presentación no Barco e convenios de colaboración da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Presentación no Barco e convenios de colaboración da FGA

Presentación da XXIX Milla Urbana do Barco co Alcalde Alfredo Laudelino Garcia e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos así como a presentación da VI Media Maratón de Petin que se celebrará conxuntamente co Campionato de Galicia. Asi mesmo pechouse o convenio de colaboración entre a Federación Galega e a Cruz Vermella para a entrega de xoguetes aos nenos máis desfavorecidos e reunión fructífera coa Asociación de Empresarios de Valdeorras.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA