Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 20/08/2015 . A FGA organizará dous Cursos de Monitor Nacional de Atletismo en A Coruña e Pontevedra

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
20/08/2015 . A FGA organizará dous Cursos de Monitor Nacional de Atletismo en A Coruña e Pontevedra

Xa está aberto  o prazo de inscripción para participar nas dúas accións formativas que organizará a FGA nos vindeiros meses. Trátase do Curso de Monitor Nacional de Atletismo, autorizado pola RFEA e que terá lugar en dúas sedes este ano. Os interesados poderán escoller a cidade da Coruña ou Pontevedra para facelo. O prazo de inscrición remata o día 2 de outubro e haberá un total de 30 prazas asignadas por riguroso orde de inscrición.

O horario do curso será venres pola tarde e sábado  mañá e tarde, ao longo de 8 fins de semana.   Inscríbete aquí

 Curso de Adestrador Nacional de Atletismo

Por outra parte, a FGA xa vai iniciar nestes días os trámites para organizar en Galicia no verán 2016 o Curso de Adestrador Nacional de Atletismo e convertirse así nunha das poucas comunidades que oferta este curso, que sen dúbica algunha cubrirá unha importante demanda existente.

Noticias Web FGA .- 14/08/2015 . Cambio de data IX Carreira Popular Coruña 10 e V Carreira da Agua Unicef Sada

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Cambio de data IX Carreira Popular Coruña 10 e V Carreira da Agua. Unicef Sada

Nota informativa: Por motivos organizativos e ante a imposibilidade de desenvolver a IX Carreira Popular Coruña10 o vindeiro 4 de octubre, o Concello da Coruña e a FGA confirman o cambio de data para o 11 de octubre polo que o calendario quedará da seguinte forma: 
O 4 octubre a V Carreira da Auga Unicef Sada e 11 octubre a IX Carreira Popular Coruña10, ámbalas dúas pertencentes o III Circuito de Carreiras Populares da Diputación

Noticias Web FGA .- 11/08/2015 . Chus Sanguos ouro e novo record de europa e Luís Nogueira prata no Campeonato do Mundo de Veterans

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Chus Sanguos ouro e novo record de europa e Luis Nogueira prata no Campeonato do Mundo de Veterans

Continúan a chegar boas noticias dende o Campeonato do Mundo de Veteráns que se está a celebrar en Lyon: Mª Jesús Sanguos acadou a medalla de ouro e novo record europeo nos 300 valados en W60 con un rexistro de 51.86 mentres que Luis Nogueira foi prata na xavalina en M55 con un millor lanzamento de 56.61. Parabéns os dous!.     

Actuaccion Galega

Noticias Web FGA .- Solange Pereira e Ana Peleteiro Campionas de España, plata para Okutu e bronce Mauro Triana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Solange Pereira e Ana Peleteiro Campionas de España, plata para Okutu e bronce Mauro Triana

A  segunda xornada do Campionato de España Absoluto deparou unha vez máis bos resultados para os nosos atletas.   Ana Peleteiro proclamábase Campioa de España Absoluta cun mellor salto de 13.95 confirmando que o futuro dá especialidade é seu e que tras diversas lesións volve estar a un gran nivel. Mauro Triana demostrou dende a primeira rolda que está nun sensacional estado de forma correndo en 21.65, a semifinal en 21.44 e a final con 21.23 logrando o bronce e novo record galego promesa. Nos 1500 femininos na final Solange Pereira e Leticia Fernández, nunha carreira táctica Solange logrou o título de Campioa de España ao igual que o fixese na pista cuberta, Leticia Fernández realizou tamén unha boa carreira. Na lonxitude Jean Marie Okutu lograba a medalla de prata en lonxitude con 7.78 e por último Esther Navarrerte nos 5000 metros foi cuarta con 16.26.34 marca persoal, indo sempre non grupo de cabeza e pelexando ata o final. Actuaccion Galega

Noticias Web FGA .- 01/08/2015 . Campionato de España Absoluto:F. Casañas,L. Parada, A. Peleteiro, S.Pereira ,oros, I. Vicente ,B. Toimil, Okutu .platas, M. Triana, Bronce

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/08/2015 . Campionato de España Absoluto:F. Casañas,L. Parada, A. Peleteiro, S.Pereira ,oros, I. Vicente ,B. Toimil, Okutu .platas, M. Triana, Bronce

Desde hoxe ata o domingo , se esta disputado o nacional absoluto cunha ampla presenza de atletas galegos 
Galicia preséntase coa maioría dos atletas que tomaron parte o pasado final de semana en Gijón no Campionato de España por Federacións, onde nosa comunidade realizou un bo campionato e con varios atletas con moita opcións de medalla e melloras as súas marcas persoais 
Na xornada de hoxe sábado, na primeira final do Campionato a atleta galega en intervir foi a marchadora Mar Chillón na proba de 10000 marcha, ocupando a decima praza cun rexistro de 50.29.18 
Polo que se refire aos atletas que competiron na mañá de hoxe, pasaron as súas rondas en 200 Mauro Triana (CCC) e Sergio Rodriguez (CCC) 21,65 e 22.05 ; Miguel Pérez (LUC) 14.91 e Teresa Rodriguez (VALL) 14.60 en valados; Adrian Pérez (TEN) en 100 con 10.84

A segunda final da xornada foi a xabalina homes, onde tomaban parte Manuel Uriz e Borja Barbeito, ambos tiveron un concurso moi por baixo do seu nivel, non podendo loitar polas medallas que polas súas marcas estaban en disposición deles, pero unha moi mala mañá soamente lograron o oitavo e noveno posto cuns discretos 62,72 e 61,42

Xornada de Tarde

A xornada nos deparo tres metais e unha vez máis os lanzamentos , volveron dar alegría ao noso deporte, como é o caso de Frank Casañas, que non defraudo e proclamar campión de disco coa segunda mellor marca da tempada con 61,48 metros. O martillo Isaac Vicente, cumpriu cos pronósticos e logra medalla de prata en martillo cun mellor rexistro de 70,17, sendo a súa terceira mellor marca da tempada. En peso mulleres tamén se cumpriu o guión e Belen Toimil, faise coa medalla de prata cunha marca de 15,98 metros.

Solange Pereira e Leticia Fernandez, se meten na final dous 1500 ao cruzar a meta en terceira e cuarta posición dá segunda semifinal.          En triplo Jose A. Palomanes, fíxose co quinto posto cun mellor salto de 15,76 lonxe dos 16,12 metros da súa mellor marca. 
Como colofón da primeira xornada do Campionato, a atleta do Barbanza, Lidia Parada realizou un lanzamento de 59,03 metros na jabalina, facéndose co titulo de Campioa de España Absoluta. 
Gran tempada de Lidia que volve bater o record de nacional e galego sub´23 que ela posuía desde o pasado dia 18 de Xullo en Ourense no Campionato galego absoluto

  Actuaccion Galega

Noticias Web FGA .- 29/07/2015 . Representación Galega no XCV Campeonato de España Absoluto

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Representación Galega no XCV Campeonato de España Absoluto

A espera da confirmación de algúns atletas sin mínima, a expedición galega que se desplazará a Castellón para disputar o XCV Campeonato de España Absoluto será moi numerosa e con grandes opcións de medalla. Salientar a Mauro Triana (Coruña Comarca) nos 200, os saltadores Jean Marie Okutu (FCB) e Alfonso Palomanes (FCB) na lonxitude e triple respectivamente e os lanzadores Borja Barbeito (Playas de Castellón) na xavalina, Isaac Vicente (A.D. Maratón) no martelo e Frank Casañas (Playas de Castellón) no disco en canto a participación masculina. Nas mulleres as mais destacadas son Solange Pereira (Valencia) e Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 1500, Saleta Fernández (FCB) na altura, Iria Forján (Atlética Barbanza) na lonxitude, Ana Peleteiro (ADIDAS) no triple e as lanzadoras Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso e Lidia Parada (Atlética Barbanza) na xavalina. Será unha boa oportunidade para millorar as masrcas persoais de moitos dos atletas na que será para a maioria a última proba da tempada.

Noticias Web FGA .- 25/07/2015 . A Selección Galega quinta no Campionato de España de Federacións

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
A Selección Galega quinta no Campionato de España de Federacións

O XL Campionato de España de Federacións Autonómicas disputouse no Complexo Deportivo de Las Mestas en Gijón onde a Selección Galega a pesar dalgunhas ausencias destacadas por lesión como Ana Peleteiro ou Denis Galán obtivo un quinto posto, repetindo o posto logrado en Alcorcón a tempada pasada. Unha selección compensada con atletas experimentados Frank Casañas, Isaac Vicente, Solange Pereira, Lidia Parada ou Belén Toimil acompañados polos nosos atletas máis novos de nivel internacional como Adrián Ben ou Tariku Novales, e outros atletas importantes como José Alfonso Palomanes ou Mauro Triana completaban unha boa selección que aspiraba ao podio. A actuación en lineas xenerais dos nosos atletas foi boa, logrando a vitoria Solange Pereira nos 1500 con 4.19.13, Frank Casañas no disco con 58.09, Jean Marie Okutu en lonxitude con 7.76, Borja Barbeito a un gran nivel con 72.74 e Lidia Parada 54.08. Destacar as actuacións de Mauro Triana segundo nos 200 metros con 21.42 novo record galego promesa o que demostra que chegará a Castelló ao Campionato de España promesa nun estado de forma excepcional, segundo posto tamén para José Alfonso Palomanes no triplo con 15.62, Belén Toimil segunda no peso con 15.13, Iria Forján na lonxitude segundo posto con 5.98 igualando a su mellor marca e terceiro posto de Isaac Vicente en martelo con 67.11. Destacar tamén o rendemento de atletas que melloraron as súas marcas da tempada como é o caso de Teresa Rodríguez nos 100 valos con 14.48, Tariku Novales nos 3000 metros con 8.29.75, Eugenia Gil nos 100 metros con 12.49, Carlos Moro mellorando en cada carreira nos 400 valos con 52.97, Mar Chillón 23.31.62 nos 5 km marcha, Manuel Hurtado nos 5000 con 14.22.88 e Gonzalo Basconcelos que buscaba baixar a barreira dos 9 minutos nos 3000 obstáculos e o logrou amplamente con 8.54.03. Volveron render a un bo nivel como nos teñen afeitos atletas como Santiago Ferrer na pértega con 4.70, Claudia Rojo no 400 valos con 1.01.71, Candela Díaz 55.89 nos 400 correndo pola rúa 8, Adrian Ben vencendo a súa serie dos 800 metros, Saleta Fernández con 1.73 en salto de altura e Esther Navarrete cun cuarto posto nos 3000 metros con 9.31.20. Destacamos tamén o 4 x 400 feminino con Candela Diaz, Jenny Fernández, Eugenia Gil e Paula Ferreiros que lograban un novo record galego con 3.46.70 e un meritorio terceiro posto ,o anterior record lográrao a selección o ano pasado en Alcorcón.

Noticias Web FGA .- 24/07/2015 . Torneo de Federacións Autonómicas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/07/2015 . Torneo de Federacións Autonómicas

A Selección Galega Absoluta, masculina e feminina, partiu hoxe para Xixón para participar no Campionato de España de Federacións Autonomicas, cita previa ao Nacional individual de Castellón da semana seguinte, competición que será decisiva para configurar a Selección de España que intervirá no Mundial de Pekín   Mais información                      Selección Galega

Noticias Web FGA .- 22/07/2015 . Concentración de valados e marcha

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración de valados e marcha

Estanse celebrando as últimas concentracións da tempada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva ( CGDT), a semana pasada foron os atletas do sector de saltos con Santiago Ferrer como responsable da mesma, nesta ocasión están a levar a cabo as súas concentracións os sectores de marcha e de valados. No caso da marcha do 20 ao 24 de xullo contando como responsable con Óscar Fernández mentres que no sector de valados é Vicente Veiga quen estivo cos vallistas nas pistas de Pontevedra o 21 e 22 de xullo.

Noticias Web FGA .- 21/07/2015 . Plan de Viaxe e Selección Galega Absoluto - Torneo de Federacions Autonómicas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/07/2015 . Plan de Viaxe e Seleccion Galega Absoluto - Torneo de Federacions Autonomicas

Os integrantes da Selección Absoluta desprázanse a Gijón este fin de semana para a 
disputa do Torneo de Federacións Autonómicas 

 

 

 

NOTA: Agradeceriamos aos atletas infórmennos de calquera erro que atopen nos lugares de incorporación

Ultima actualización Plan de Viaje       Confimar e trocos (pinchar aquí)

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA