Enviado por RIA el Mié, 06/17/2015 - 23:40
Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2015 . III Circuíto Municipal Coruña Corre en pista - Memorial Ana Dominguez Almao |
Manaña dia 18 a partir das 17,25 horas, celébrase a V Xornada do III Circuíto Coruña Corre en Pista conjuntamente co Memorial Ana Dominguez Almao, á sempre recordada atleta do Riazor Coruña
Unha vez pechada a inscripción, a organización fai un pequeno reaxuste do horario publicado con anterioridad.
Listados de saída - Novo Horario
|
Enviado por RIA el Mar, 06/16/2015 - 22:11
Actualidade do Atletismo Galego
16/06/2015 . Ourense acollerá un excelente Meeting Atletismo Ourense Termal |
O vindeiro 20 de xuño terá lugar un espectacular Meeting de Atletismo nas pistas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo en Ourense. A proba está incluida no calendario nacional da RFEA e contará cun completo programa de probas que inclúe a participación de categorías inferiores e tamén de todas as categorías. Haberá premios en metálico para as mellores marcas e tamén para os vencedores absolutos. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de xuño. Regulamento/Horario
Máis información na web do evento www.ourensemeeting.es
|
Enviado por RIA el Mar, 06/16/2015 - 21:47
Actualidade do Atletismo Galego
16/06/2015 . Campionato de Galicia de Veteranos: Doce novas mellores marcas |
O pasado domingo dia 14 no Estadio Calabagueiros do Barco de Valdeorras, déronse cita o noso veteranos para a disputa o Campionato de Galicia da categoría.
A xornada transcorreu cun bo ambiente atlético e un total de 12 mellores marcas foron batidas nas diversas categorías que compoñen a categoría de veteranos o que demostra o bo nivel dos nosos atletas.
As mellores marcas foron logradas polos seguinte atletas: ALTURA W40 1,4 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ
LONXITUDE W40 4,9 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ
TRIPLA W40 10,56 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ
MARTILLO W55 26,16 ANA Mª ABUIN PAZOS
200 M 60 28.37 FERNANDO GONZALEZ CASTRO
XABALINA W60 18,88 EMILIA MESA SORIANO
LONXITUDE M65 3,73 SALVADOR PATIÑO DA TORRE
100 W65 16.54 FLORA J. GUZMAN DAVILA
200 W65 34.94 FLORA J. GUZMAN DAVILA
400 W65 1.25.76 FLORA J. GUZMAN DAVILA
80V 0,686 W65 14.09 Mª JESUS SANGUOS ESPIÑA
300 V 0,686 W65 54.35 Mª JESUS SANGUOS ESPIÑA
|
Enviado por RIA el Dom, 06/14/2015 - 19:21
Actualidade do Atletismo Galego
Adrián Ben novo record galego xuvenil nos 800 con 1.52.88 |
Finalizado o Campeonato de Clubes 2015, Ría Ferrol en mulleres e Sociedade Gimnástica en mulleres continúan na vindeira tempada en División de Honra. O R.C. Celta volverá à primeira división despois de non poder evitar a última plaza no encontro pola permanencia celebrada en Burgos. Os celestes estarán acompañados unha tempada mais por o C.A. Narón na primeira división. Nas mulleres estarán o Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural quen venceu o seu encontro en Soria, donde participou tamén a SGP e o Vila de Cangas. O mais destacado dos encontros foi o novo record de Adrían Ben nos 800 con un rexistro de 1.52.88, o anterior era do ano 1991. Salientar tamén resultados como os 55.99 de Candela Díaz (Ría Ferrol) nos 400, Jean Marie Okutu (FBC) con un millor salto de 7.90, Alfonso Palomanes no triple con 16.12, os 5.63 e os 7.20 de Tania Valverde (Atletismo Femenino Celta) e David Ferrer (SGP) na lonxitude ou os 22.28 de Dario Costas (SGP) nos 200 entre outros.
|
Enviado por RIA el Dom, 06/14/2015 - 19:00
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil |
Fantástica xornada a vivida nas Pistas da Malata de Ferrol coa celebración do Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil. Salientar o bo ambiente e a gran participación nunha xornada na que os mais pequenos do atletismo foron os verdadeiros protagonistas. A atleta alevin do Ría Ferrol Laura Rico superou o record da categoria en pelota. Outras probas destacadas foron as de altura e triple infantil con bos rexistros e as probas de velocidade nas que as pequenas diferencias entre os primeiros clasificados tiveron que decidirse por escaso marxe.
|
Enviado por RIA el Dom, 06/14/2015 - 18:51
Actualidade do Atletismo Galego
Concentración de relevos cadete |
O responsable de velocidade José Carlos tuñas, convocou para unha sesión de adestramento conxunto ós atletas que formarán parte dos relevos 4x100 e 4x300 no Campionato de España Cadete por federacións que se celebrará o vindeiro fin de semana en Alcobendas. A xornada realizada nas pistas da Universidade de Santiago permitiu ver o bo ambiente e a capacidade de traballo de tódolos participantes.
|
Enviado por RIA el Jue, 06/11/2015 - 18:49
Actualidade do Atletismo Galego
11/06/2015 . AVANCE REPESCADOS CTO. DE GALICIA DE MENORES |
Unha vez non comunican as baixas por parte dos Clubs Publicamos un segundo (14,30 horas) avance dos atletas aceptados e respescados para o Campionato de Galicia de menores que se celebra o sábado dia 13
Recordamos que as baixas serán admitidas ata as 20,00 horas
Avance admitidos
|
Enviado por RIA el Jue, 06/11/2015 - 18:45
Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España de Clubes |
Ultima xornada do Campeonato de Clubs con gran participación dos clubes e atletas galegos. En Zaragoza na final polo título estarán as mulleres do Ría Ferrol e outros atletas destacados cos seus respectivos equipos como Solange Pereira, Jean Marie Okutu, Alfonso Palomanes, Isaac Vicente, Manuel Uriz ou Fran Casañas, entre outros. Os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e o R.C. Celta loitarán pola permanencia. Na primeira división serán o Atletismo Femenino Celta e os homes do C.A. Narón quen loitarán polo título. Xa en Soria será o turno para os equipos de segunda división con Lucus Caixa Rural, Sociedade Gimnástica e Vila de Cangas en mulleres e Lucus Caixa Rural en homes.
|
Enviado por RIA el Jue, 06/11/2015 - 18:40
Actualidade do Atletismo Galego
Enviado por RIA el Mié, 06/10/2015 - 21:38
Actualidade do Atletismo Galego
10/06/2015 . Campionato de Galicia de menores Aire libre |
Unha vez rematado o prazo de inscricións para o Campionato Galego das categoría Benxamin,Alevin e Infantil que se dispua o próximo sábado dia 13 nas pistas da Malata de Fettol. Faise publica a lista de inscritos aceptados para Ferrol.
Recordamos que están aceptados as 16 mellores marca dos atletas inscritos
As baixas téñense que notificar antes das 20.00 horas do xoves ao correo electrónico: cofcluis@hotmail.com ; aqueles atletas inscritos en máis de dúas probas e que non renuncien antes desa data serán descualificados.
Cadencias:
- Altura benxamín: 0.80-0.85-0.90-0.95-1.00-1.05 (3/3)
- Altura alevin: 0.95-1.00-1.05-1.10-1.15 (3/3)
- Altura infantil: 1.05-1.10-1.15-1.20-1.25 (3/3)
- Pertiga: a altura máis baixa e de 10/10 ata 2.20 (5/5)
|
Páginas