Enviado por RIA el Mié, 06/03/2015 - 22:43
Actualidade do Atletismo Galego
03/06/2015 . Mañá ás 12:00 horas presentarase o Gran Premio Internacional Cantones de Marcha, Campionato de España de Marcha Veteráns e Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa |
Mañá ás 12:00 horas terá lugar no Concello da Coruña a presentación da histórica proba organizada pola FGA en colaboración co Concello da Coruña, o Gran Premio Internacional Cantones de Marcha de A Coruña, que este ano acolle tamén o Campionato de España de Veteráns de marcha. Ao acto asistirá o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos, Jordi Llopart, varios atletas internacionais participantes na proba e diversas autoridades do ámbito político.
Tamén farase a presentación do Campionato de Galicia de pista aire libre, xuvenil, junior e promesa, contando ca presenza do presidente do Club Marineda Atlético, entidade co-organizadora do evento.
|
Enviado por RIA el Mar, 06/02/2015 - 22:31
Actualidade do Atletismo Galego
IX Trofeo Alfonso Posada. Control Técnico RFEA |
As pistas de atletismo de Balaídos acollerán o IX Trofeo Alfonso Posada e Control Técnicoa da RFEA na que alguns dos atletas galegos mais en forma estarán nas listas de saída. Salientar a presencia do velocista do Coruña Comarca Denís Galán nos 100 e 200, o 1500 masculino donde estarán os tres dos representantes galegos con maior proxección, Miguel González e Adrián Ben ámbolos dous do Lucus e Tariku Novales do Atletismo Noia, a lonxitude con Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes e o martelo con Isaac Vicente (A.D. Maratón). Nas mulleres o 800 é a priori a proba con mais rivalidade xa que estará Leticia Fernández (Ría), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta e Angela González (Comesaña). Leticia está inscrita tamén no 1500 donde a gran favorita Solange Pereira intentará un bo rexistro despois da sua fantástica actuación na Copa de Europa. Inscritos
|
Enviado por RIA el Dom, 05/31/2015 - 19:26
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de Probas Combinadas |
Finalizou a segunda xornada do Campionato de Galicia de Probas Combinadas con Andrea González e Brandás González, ámbolos dous do C.A. Santiago como vencedores en categoria xuvenil con 3.757 e 4090 puntos respectivamente. En categoria junior o millor foi o atleta da SGP, Joan Alonso con un total de 3.759. Os vencedores absolutos foron, unha vez mais, os atletas da SGP Santi Ferrer (6293p) e Sandra Carballo (4150p). Mágoa a lesión da atleta do Ría Ferrol Claudia Rojo quen tivo que abandonar na última parte da xornada.
Fotos: Santi Ferrer Alonso
|
Enviado por RIA el Dom, 05/31/2015 - 18:08
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia Cadete e Campionato de Galicia xuvenil, junior e promesa de marcha |
As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o Campionato de Galicia Cadete, as probas de marcha do Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa e a primeira xornada do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Nos cadetes, co gran aliciente de loitar pola selección para o Campionato de España do CSD por autonomías, salientamos a Javier Mañana (Marineda) con victoria nos 300v e 100v, Saray Amoedo (Vila de Cangas) na lonxitude e triple e Santiago Represas (C.A.Sada) nos 100 e 300. Moi disputadas foron algunhas probas como os 300 valados no que Uxía Pérez (Atlética Lucense) con 47.20 impuxose a Silvia de Diego (Ría Ferrol) con tres centésimas mais. Tamén os 600 masculinos decidironse por duas centésimas a favor do atleta do Ría Carlos López fronte a Roi Estevez (A.D. Mazí). No Campeonato xuvenil, junior e promesa, os vencedores na proba de marcha foron os xuvenis Emilio Novás e Antía Chamosa, ámbolos dous do Comesaña, os junior Dani Chamosa (Comesaña) e Mar Chillón (Vila de Cangas) e Fran Durán (Lucus) e Rocío Carbia (Atletismo FEmenino Celta) en promesa.
|
Enviado por RIA el Dom, 05/31/2015 - 18:00
Actualidade do Atletismo Galego
II Control de Lanzamentos e Trofeo Riazor |
Excelente xornada nas pistas do Inef de Bastiagueiro donde se disputou a II Xornada do Control de Lanzamentos e o Trofeo Riazor. Os millores por tabla IAAF nos lanzamentos foron Manuel Uriz (C.A. Fent Camí Mislata) en xavalina con un millor lanzamento de 64.27, a portuguesa Claudia Ferreira tamén en xavalina con 48.46m. e Guzman Ares (A.D. Maratón) con 46.80m no disco. Boa participación tamén no Trofeo Riazor, terceira das xornadas do Circuito Coruña Corre en Pista, donde o mais destacado foi a primeira serie de 200 femenino con as atletas do Ria Ferrol Lidia Casal e Candela Díaz, Eugenia Gil do Marineda e Miriam Otero do C.A Narón con victoria para Lidia con un rexistro de 25.21.
Foto: NAR A Coruña
|
Enviado por RIA el Vie, 05/29/2015 - 19:49
Actualidade do Atletismo Galego
II Xornada de Lanzamentos- XIV Trofeo Riazor Coruña nas pistas Inef de Bastiagueiro |
O vindeiro venres 29 de Maio celebrarase no Inef de Bastiagueiro (Oleiros) a II Xornada do Control de Lanzamentos organizado polo Núcleo de Alto Rendemento de Lanzamentos de A Coruña. Paralelalmente, o Club Riazor organizará o XIV Trofeo Riazor Coruña disputándose un amplio programa de carreiras para as diferentes categorias e salto de lonxitude para os benxamíns, alevín e infantis. Despois da primeira xornada de control de lanzamentos, este trofeo permitirá retomar a actividade nas pistas do Inef recentemente homologadas.
A gran figura da competición será Manuel Uriz, en xavelina, onde tratará de superar o gran rexistro de 70,90 metros, logrado o pasado sábado dia 23 durante o encontro de Division del Honor do a Liga Nacional en Zaragoza Inscritos lanzamentos Inscrito Trofeo Riazor
* A organización do Control de Lanzamentos confirma que serán aceptados todos os atletas inscritos é que por mor do elevado número de participantes as probas programaranse 30 minutos antes do horario establecido
|
Enviado por RIA el Vie, 05/29/2015 - 11:34
Actualidade do Atletismo Galego
27/05/2015 . Baremo Campionato de España Infantil de equipos |
Recibidos os estadillos para o Campionato de España Infantil, os equipos con maior puntuación e polo tanto que participarán no campionato son Vila de Cangas e Beade en mulleres e SGP e Franciscanos en homes. Calquera reclamación ata mañá ás 20:00. O venres remitiranse á RFEA
Baremo
|
Enviado por RIA el Mié, 05/27/2015 - 22:48
Actualidade do Atletismo Galego
27/05/2015 . Pontevedra: Campionatos Autonómicos o fin de semana |
O CGTD será o escenario da disputa dos Campionatos Autonomicos de cadete individual, o de combinadas e o de marcha atlética en diferentes categorías.
Cadencia Campionato Cadete:
Altura masc: 1.20-1.25-1.30-1.35-1.40-1.45-1.50-1.55-1.60-1.65 (3/3)
Altura femn: 1.20-1.25-1.30-1.35-1.40-1.45-1.50 (3/3)
Pértega masc e fem: 1.80-1.90-2.00-2.10-2.20-2.30...3.00(5/5) Inscritos: Cadete - Combinadas - Marcha Circulares - Cadete - Combinadas - Marcha
|
Enviado por RIA el Mié, 05/27/2015 - 22:43
XXIX G.P. Internacional de Marcha Cantones de A Coruña |
Este ano o XXIX Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña homenaxeará à recentemente falecida a marchadora italiana Ana Rita Sidoti, quen gañou en duas ocasións este relevante evento. Paralelamente, disputarase o Campeonato de España de Veteráns e o trofeo Josefina Romero para as categorias inferiores.
O evento terá lugar o vindeiro sábado 6 de xuño nos Cantones da cidade herculina e será unha boa oportunidade de ver os millores marchadores a nivel internacional.
|
Enviado por RIA el Mié, 05/27/2015 - 17:59
Actualidade do Atletismo Galego
II Xornada de Lanzamentos- XIV Trofeo Riazor Coruña nas pistas Inef de Bastiagueiro |
O vindeiro venres 29 de Maio celebrarase no Inef de Bastiagueiro (Oleiros) a II Xornada do Control de Lanzamentos organizado polo Núcleo de Alto Rendemento de Lanzamentos de A Coruña. Paralelalmente, o Club Riazor organizará o XIV Trofeo Riazor Coruña disputándose un amplio programa de carreiras para as diferentes categorias e salto de lonxitude para os benxamíns, alevín e infantis. Despois da primeira xornada de control de lanzamentos, este trofeo permitirá retomar a actividade nas pistas do Inef recentemente homologadas.
|
Páginas