Enviado por RIA el Mié, 05/27/2015 - 17:55
Actualidade do Atletismo Galego
Enviado por RIA el Lun, 05/25/2015 - 23:59
Actualidade do Atletismo Galego
25/05/2015 . Troco na clafisicación final do Cto. de Galicia Benxamin Homes |
A clasificación final da categoría Benxamin masculina, sofre un cambio con respecto á que se deu o pasado sábado dia 23 no Campionato de Galicia Benjamin homes
O erro estivo que o sistema puntuou con 11 puntos ao Barbanza, cando en realidade lle correspondían 5 puntos ao estar empatados tres equipos na sétima posision na proba de 50 metros lisos cun tempo de 8.6, polo cal o Barbanza ocuparía a cuarta posición
Dende a FGA ( secretaria da competición) pedimos desculpas polo erro, e comunicamos que durante o campionato de Galicia individual que se celebrará en Ferrol o próximo dia 13 de xuño se fará entrega dos trofeo do segundo clasificado o San Narciso de Marín ao terceiro clasificado o Ourense Atletismo.
|
Enviado por RIA el Dom, 05/24/2015 - 19:32
Actualidade do Atletismo Galego
Excelente xornada no Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos |
Fantástica xornada a vivida nas Pistas do Complexo Deportivo A Fieiteira de Riveira durante o Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil por equipos. En xornada de mañán celebrouse o campionato benxamin e alevin con podium para Vila de Cangas, Atlética Barbanza e San Narciso en benxamin homes e Club Atletismo Sada, Vila de Cangas e Sammertolameu en benxamin femenino, Vila de Cangas, Ourense Atletismo e San Narciso en alevin homes e Olímpico de Vedra, Ría Ferrol e Millaraio en alevin mulleres. Xa na tarde, con un programa mais completo en canto a probas foi o turno dos infantis con podium para a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Millarario e Franciscanos en homes e Vila de Cangas, Beade e Ría Ferrol en mulleres. Salientar o bo ambiente e a amplia participación nun campionato que medra ano tras ano.
|
Enviado por RIA el Dom, 05/24/2015 - 19:23
Noticias FGA
Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España de Clubes: Claudia Rojo novo record junior en 100 valados |
Finalizou a segunda xornada do Campeonato de España de Clubs co primeiro posto dos homes do C.A. Narón no seu encontro de Primeira División en Valladolid vencendo nas suas probas os atletas dos clubes filiales Miguel Pérez en 110valados, Mauro Triana en 100 e 200, Adrián Ben en 800, Miguel González nos 3000 e Martín Liste no disco. Na mesma categoria o Atletismo Femenino Celta foi segundo en Durango. Xa na División de Honra tercer posto para o Ría Ferrol con Candela Díaz nos 400 con 56.27 e Claudia Rojo con 14.59 novo record junior como mais destacadas. Nese mesmo encontro, Solange Pereira no Valencia Terra i Mar venceu nos 800 con 2.07.09. Os homes da SGP foron terceiros en Castellón mentres que o R.C. Celta non foi quen de millorar o cuarto posto no seu encontro en Zaragoza, donde o galego Manuel Uriz nas filas do Fent Cami Mislata venceu na proba de xavalina con un millor lanzamento de 70.90
|
Enviado por RIA el Jue, 05/21/2015 - 21:16
Actualidade do Atletismo Galego
21/05/2015 . Campionatos de Galicia de Clubes de menores |
O sábado 23 en Ribeira, celebranse os Campionatos de Galicia de clubes das categorías benxamines,alevines e infantiles, e por mor da alta participación e con fin de evitar retrasos a organización acordou reducir a tres os intentos na categoria benxamin e alevin. As cadencias de altura e pértiga son:
Altura benxamin: 0,90-0,96-1,02-1,06 (3/3)
Altura Alevin: 1,02-1,06-1,12-1,17-1,21 (4/4)
Altura infantil:1,18-1,25-1,31-136 (4/4)
Pertega: altura mais baixa permitida pola instalación e de 15/15 ata 1.95-2.05-2.15-2.25 (5/5)
Triple Salto infantil tabla 7 metros Lembramos que cada equipos só pode inscribir un atleta por proba e que cada atleta SÓ pode participar en duas probas (duas individuais ou unha individual e o relevo). No caso de ser carreiras somentes unha poderá superar os 250m
Circular Atletas inscritos: Benxamin - Alevín - Infantil
|
Enviado por RIA el Jue, 05/21/2015 - 21:12
Actualidade do Atletismo Galego
II Xornada do Campeonato de España de Clubes |
O vindeiro fin de semana celebrarase a segunda xornada do Campeonato de España de Clubes. Na División de Honra os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra competirán en Castellón mentres que o R. C. Celta viaxará a Zaragoza. Xa as mulleres do Ría Ferrol desprazaranse atá Valencia donde o equipo anfitrión contará ca presenza de Solange Pereira. Na primeira división, o equipo masculino do C.A. Narón en Valladolid e o Atletismo Femenino Celta en Durango completerán a participación de clubes galegos.
|
Enviado por RIA el Jue, 05/21/2015 - 20:50
Actualidade do Atletismo Galego
Reunión de Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA co Secretario Xeral para o Deporte |
A propia Comisión Europea xa contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Algúns países como Suecia ou Dinamarca xa o aplican. A UFEDEGA solicita á Secretaría Xeral para o Deporte ao ao grupos políticos galegos con representación no Parlamento de España a sua mediación cara á modificación da actual lexislación para que se adapte á disposición da propia Comisión Europea que contempla que os voluntarios poidan percibir o denominado «diñeiro de peto» (Pocket money) exentos de xustificación. Así mesmo, volveuse insistir no recoñecemento da figura da UFEDEGA dentro da Lei do Deporte de Galicia, tal e como fixeron outras comunidades ás súas respectivas asociacións como Cataluña, Andalucía, Madrid ou, recentemente, Murcia .
Esta mañá, Isidoro Hornillos e Francisco Villanueva, presidente e secretario da UFEDEGA, reuníronse en Santiago con José Ramón Lete, secretario xeral para o deporte. No transcurso desta, e entre outros asuntos, a UFEDEGA solicitou a intevención da Xunta de Galicia ante o Consello Superior de Deportes para que publique o "desenvolvemento regulamentario" da polémica reforma da Licenza Autonómica Deportiva, tal e como é perceptivo xa que, a falta de seis semanas para a súa definitiva implantación, aínda non o fixo, obrigando deste xeito a que as federacións estatais e autonómicas deban "interpretar" a súa ambigua redacción.
Tamén se transmitiu a profunda preocupación no seo das asociacións deportivas galegas polas consecuencias das inspeccións que se levaron a cabo. Unha parte moi importante do noso sistema deportivo, autonómico e nacional, esta baseado no asociacionismo e voluntariado. Interpretar este feito como unha relación laboral coa conseguinte obligatoriedade de afiliación á seguridade social e as retencións pertinentes pode provocar un retroceso histórico no deporte de base galego. Cabe modernizar o concepto da figura do voluntariado.
|
Enviado por RIA el Lun, 05/18/2015 - 14:26
Actualidade do Atletismo Galego
Enviado por RIA el Dom, 05/17/2015 - 23:41
Actualidade do Atletismo Galego
14/05/2015 . I Xornada de Lanzamentos no INEF de Bastiagueiro |
I Xornadas de Lanzamentos NAR Coruña, que coa organización da Escola de Lanzadores Herculina, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, celebrarán a súa primeira xornada o vindeiro venres 15 de maio. As 6 Xornadas previstas, desenvolveranse nas pistas do INEF Galicia (Bastiagueiro), co programa de probas e datas, que se detallan na Circular 37 INSCRITOS.
|
Enviado por RIA el Dom, 05/17/2015 - 23:36
Actualidade do Atletismo Galego
14/05/2015 . Control de marcha en Cangas |
O próximo venres dia 15 nas pistas de atletismo de Cangas, celebrarase un control de marcha en pista co seguinte horario e probas
19:30 1000 m marcha benxamín mixto
19:45 2000 m marcha alevin mixta
20:05 3000 m marcha infantil mixto e cadete feminino
20:30 5000 m marcha C/Jv/Jr/PÁX./S mixto
As incripciones realizásense a través do sistema online da web da RFEA(https://isis.rfea.es/sirfea2/) ata as 23,00 horas do mércores dia 13 de Maio do 2015 INSCRITOS
|
Páginas