Enviado por RIA el Mar, 02/24/2015 - 23:08
Actualidade do Atletismo Galego
23/02/2015 . Gala Anual do Atletismo Galego. Este venres a partir das 19:30 horas. Moi importante confirmar participación |
O Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada acolle este venres día 27 a Gala Anual do Atletismo Galego. Este prestixioso evento que organiza a FGA en colaboración co Concello de Sada terá inicio ás 19:30 horas e nela participarán perto de 200 atletas e numerosos clubes, entidades privadas, administracións públicas e adestradores e xuices premiados pola súa colaboración no atletismo galego e polos seus méritos acadados nesta tempada.
É moi importante que todos os premiados e os que desexen acudir confirmen a súa participación a través deste formulario.
https://docs.google.com/forms/d/1dRCwK-5EecEl31--O7f4F89Ub1mcGDxSCCsbGe0eT8A/edit#
|