08/03/2015 . Campionato de España Júnior: 7 medallas e tres mellores marcas galegas |
7 medallas no Campionato de España Júnior celebrado en Valencia dos atletas galegos, un total de 26 atletas competian nas pistas de atletismo do velodromo Luis Puig con resultados destacados. Na xornada do sábado tres medallas de prata a cargo de Claudia Rojo en pentatlon con 3541 puntos novo record galego da categoría, medalla de prata igualmente con record júnior para Carmela Cardama nos 3000 metros lisos con 9.33.01 e medalla de prata para a lanzadora do Atletismo Vila de Cangas Raquel Villa en peso con 12.14. Na xornada do domingo Saleta Fernández con 1.71 proclamábase Campioa de España, subcampionato para Jorge Puig de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 3.59.30 e de Angela González del Comesaña nos 800 metros con 2.12.63 con novo record galego júnior, por último Sara Pino del Lucus colgábase o bronce na final de altura con 1.64. Dende a FGA queremos felicitar todos os medallistas, asi como a todos os atletas, clubs e adestradores polo gran campionato realizado Actuacción Gallega Fotos : Flor Currás
|