24/03/2015 . Presentouse a MediaSan do Camiño |
Hoxe presentouse no Centro Comercial Compostela a MediaSan do Camiño 2015, Medio Maratón que unirá o domingo 12 de abril os Concellos de O PIno (Arca) e Santiago de Compostela (Praza do Obradoiro). En dita presentación estiveron presentes o director de relaciones externas de El Corte Inglés Pati Blanco, o delegado en Santiago da Federación Gallega de Atletismo Iván Sanmartín, a concelleira de deportes de Santiago María José Corral e o Alcalde do Concello de O Pino Manuel Taboada Vigo. Ademais destas autoridades estivo o atleta santiagués do clube USC Javier Fernández Feijoo o cal apadriñou o Medio Maratón MediaSan do Camiño 2015. |