Enviado por RIA el Mié, 05/27/2015 - 17:59
Actualidade do Atletismo Galego
II Xornada de Lanzamentos- XIV Trofeo Riazor Coruña nas pistas Inef de Bastiagueiro |
![](http://www.atletismogalego.com/public/fga_docs/Jornadaslanzamientos.jpg) O vindeiro venres 29 de Maio celebrarase no Inef de Bastiagueiro (Oleiros) a II Xornada do Control de Lanzamentos organizado polo Núcleo de Alto Rendemento de Lanzamentos de A Coruña. Paralelalmente, o Club Riazor organizará o XIV Trofeo Riazor Coruña disputándose un amplio programa de carreiras para as diferentes categorias e salto de lonxitude para os benxamíns, alevín e infantis. Despois da primeira xornada de control de lanzamentos, este trofeo permitirá retomar a actividade nas pistas do Inef recentemente homologadas.
|