Campionato de Galicia de 10 kilómetros en ruta |
O proximo domingo 6 de setembro celébrase o Campionato de Galicia de 10 km organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vimianzo, este celébrase de forma conxunta coa V Carreira Popular Concello de Vimianzo. Entre os atletas máis destacados citamos a Sandra Mosquera do Comesaña que demostrou na Carreira Popular de Noia estar de novo a un bo nivel, Raquel Suarez do Ria Ferrol, Teresa Castro do Atletismo Noia e Rubén Caamaño do Club Atletismo Sar, favorito a priori na categoria masculina. A saída e meta da proba estará situada nas proximidades da Praza do Concello. Atletas inscritos |