26/10/2015 . A Coruña acollerá o V Congreso Mundial do Deporte Escolar |
![]() O congreso contará cun total de 11 conferencias plenarias e 10 cursos/talleres impartidos por profesionais de recoñecido prestixio de España, Portugal, Romanía, Cuba e Brasil.
Presentaranse máis de 50 traballos de investigación e a todos os asistentes entregaráselles un diploma acreditativo da formación baremable para oposicións, ademais do cd de actas con toda a documentación do congreso e obsequios das empresas colaboradoras.
No encontro abordaranse temas tan importantes como os valores olímpicos no deporte escolar, a nutrición deportiva, o adestramento en nenos e mozos deportistas, a programación do traballo de psicomotricidade, a selección de talentos deportivos,etc. O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 de outubro en www.sportis.es
Dende a FGA convidamos a tódolos técnicos e adestradores a participar nestas xornadas formativas. |