21/03/2016 . Resumo do Campionato de España de 20 Km Marcha Absoluto e Promesa homes e do Criterium Nacional da especialidade |
No Criterium Nacional excelentes resultados dos marchadores galegos ,Carmen Escariz foi segunda con mellor marca persoal de 49:26, Leyre Aramburu segunda xuvenil Antia Chamosa terceira mellorando a marca,Carmen Fuentes foi cuarta. Ana Piñeiro foi primeira infantil. Denis Fernández que gañou en categoría alevín con novo récord galego de 4:57. Os infantís Mateo Díaz e Antón Martínez foron segundo e terceiro. En Cadetes masculino Alex Novás Barral foi segundo, Marcos Burgo terceiro e Conchy Campos (Sekulebedarra) foi campiona veterana en 5km. |