07/07/2016 . A escea 65 galegos cadetes no nacional de Granollers |
A priori entre os atletas con máis posibilidades de estar na loita polo podium sitúase El Nabaoui El Medhi do C.D. San Paio A Estrada na proba dos 3.000 m.l como así o garante o seu rexistro de 9.08.66. No concurso de altura contamos cos 1.84 cm. de Marco MartínezRodríguez da S.Gimnástica cuia marca tan sé é superada por dous participantes. Nicolás García do Clube San Narciso será outro dos participantes que intentará facer valer os seus 57.18 m. no concurso de disco ao igual que os 23.11 nos 5 km marcha de Alex Novas do Atletismo Cuntis. Nas mulleres moitas opcións para Olaia Guisela Becerril do At. Femenino Celta nos 100 m.l. que estará acompañada nese grupo dos serios aspirantes por Lucía Sicre do Ria Ferrol nos 600 m.l. A xoven xoia celeste tamen tomará parte no concurso de lonxitude na que parte ca segunda millor marca das partcipantes con 5.76 m. A presenza da lucense do Lucus Caixa Rural Galega nos 3000 m. Sara López pasa por ser unha das máis serias opcións a medalla de ouro xa que o seu rexistro de 10.15.66 fanna encabezar destacadamente a proba. O obxectivo será refrendar ese rexistro co título de campeona de España. Pare rematar haberá que prestar atención tamén a proba dos 3 km Marcha na que contaremos ca presenza de Iria Rivas (C.A.Cuntis) |