Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 08/09/2016 . Arranca a carreira á presidencia da Real Federación Española de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
08/09/2016 . Arranca a carreira á presidencia da Real Federación Española de Atletismo

Como cada catro anos, e coincidindo co remate dos Xogos Olímpicos, a Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo convoca a eleccións no citado organismo a todos aqueles estamentos con dereito a voto que figuren no censo electoral.

Serán precisamente estes mesmos, quenes deban elexir ós membros que compoñan á  Asamblea Xeral (28 de Outubro) os cales a súa vez, votarán por estamentos, tanto á Comisión Delegada como ao novo presidente.

O proceso que daría comezo o pasado dia 1 de setembro ca exposición do censo inicial, terá a gran cita electoral o vindeiro dia 26 de novembro momento no cal se coñecerá o nome do novo presidente que deba sustituir a José María Odriozola, quen abandona o cargo logo de vintesete anos de presidencia.

Malia que será o dia 3 de novembro cando se inicie o prazo de presentación oficial de candidaturas á presidencia, a dia de hoxe concurren a este proceso o actual presidente da Federación Galega de AtletismoIsidoro Hornillos así coma  os candidatos Manel González e Raúl Chapado

INFORMACION ELECTORAL E CENSOS  RFEA