Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 12/09/2016 . Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/09/2016 . Convocatoria da Xunta Directiva e Comisión Delegada

Este venres están convocados a unha xuntanza ordinaria os membros pertencentes a Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo no salón de actos do servizo Provincial de Deportes na Coruña.

Os temas a aprobar (se procede)  como cada ano, serán cuestións tan importantes como a normativa de licenzas que rexirá esta tempada, as normas técnicas, o calendario de compiticións, as normativas dos campionatos de Galicia, así como o informe económico entre outros aspectos a tratar. Previamente o presidente da Federacion Galega exporá os membros un informe onde se salientarán os aspectos máis significativos tanto da pasada tempada coma da que está a piques de comezar. 

Lembramos que a Xunta Directiva está formada por catorce membros sendo a composición da Comisión Delegada de dez persoas, as cales se atopan  divididos polos estamentos de clubs (seis representantes), atletas (dous), e adestradores e xuices cun representante para cada un.

Circular Xunta Directiva

Circular Comisión Delegada