24/10/2016 . O Sector de Saltos da FGA convoca dúas concentracións en Lugo e Ourense |
A primeira das mesmas desenvolverase no Módulo Cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e contará ca participación de vintecatro saltadores procedentes da zona Norte da nosa comunidade ( A Coruña e Lugo). A segunda concentración efectuarase no Módulo Cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense para a zona Sur (Ourense e Pontevedra) contando de igual maneira co mesmo número de atletas convidados. A estas xornadas tamén acudirán os técnicos Alfonso Palomanes, Santi Ferrer M. e Alberto Salgado. Compre confirmar a participación atendendo as normas da circular adxunta |