08/11/2016 . A Sociedad Gimnástica á cabeza dos clubes galegos na clasificación nacional |
Nela se atopan baremados un total de trescentos catorce clubes nacionáis entre os que están trinta e dous clubes galegos. De eles o millor clasificado é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra no posto vixésimo quinto cun total de 121 puntos. No resto de Delegacións e comezando pola Coruña, o millor clube é o Riazor Coruña no posto 67º, sendo na de Lugo o Lucus Caixa Rural Galega no 35º. O Atletismo Ourense encabeza a clasificación da súa Delegación (174º), o mesmo que fai o New Balance Team na de Vigo (30º). No resto os millores clubes serían oRia (26º) en Ferrol; O A.D.Barbanza (145º) en Santiago, e o ADAS- Proinor na do Barco no posto 121º. |