26/01/2017 . A gran festa do atletismo base indoor o domingo ca final da V Liga Escolar Federada ABANCA |
Como ten ocurrindo nas edicións anteriores, agárdase para esta final un magnífico ambente tanto nas pistas como nas bancadas, na que preto de seiscentos nenas e nenos tomarán parte nesta presente edición Por entidades clasificadas, destácase a presenza do Clube Ourense Atletismoquen sería capaz de colocar os seus seis equipos en cada unha das categorías. Tamén destacada presenza dos equipos do Millaraio, RIA Ferrol e Vila de Cangas quenes tomarán parte con cinco equipos na citada final. Serán precisamente os cangueses quenes partan como un dos favoritos a acadar o maior número de podiums por equipos xa que parte na defensa dos títulos colleitados na pasada tempada nas categorías de benxamín feminino así como de alevín e infantil masculino. Circular Cadencia dos listóns |