Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 10/02/2017 . Entrevista ó Clube Atletismo SAR-Vermu Petroni

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
10/02/2017 . Entrevista ó Clube Atletismo SAR-Vermu Petroni

O clube Atletismo SAR Vermut Petroni é moito máis que un grupo de atletas entusiastas que participan activamente na meirande parte das grandes citas atléticas marcadas no calendario oficial da Federación Galega. Esta formación, traballando dende a modestia, acadaría por facerse cun espazo dentro do noso deporte onde pouco a pouco comeza a destacar tanto a título individual coma por equipos.

Nesta pequena entrevista, comentariannos algúns aspectos do seu pasado e tamén do seu presente.