19/03/2017 . Gran ambente no Campionato Galego Indoor Benxamín, Alevín e Infantil |
Como se agardaba, gran ambente tanto nas bancadas coma nas pistas na que a deportividade, as boas actuacións e as gañas de tomar parte foron a tónica domiñante. A nivel de resultados, salientamos o Récord Galego benxamín da atleta do Marineda Celia Puente nos 50 m.l. con 8.12 que tamén resultaría gañadora na proba dos 500 m., Iria Solera do Ourense Atletismo quen na categoría benxamín gañaría as probas de Altura e 1000 m. asi como os atletas Infantiles do Vila de Cangas Sara Mallo e Jacobo Díaz, gañadores das probas de Lonxitude e Triple asi como de Altura e Pértega respectivamente |