20/04/2017 . Os millores clubes de Galicia á procura do título Autonómico |
En concreto serán os clubes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, LUCUS Caixa Rural Galega, C.A.Santiago, C.A.Narón e ADAS-Proinor quenes o fagan con equipos nas dúas categorías. Tamén estarán tomando parte o Real Club Celta e Marineda Atlético en homes así como o Atletismo Feminino Celta, RIA Ferrol e C.A.Sada en mulleres. A priori os dous Celtas defenden o título acadado o ano pasado, se ben haberá que contar co equipo masculino da Sociedad Gimnástica gañador na Copa de Clubs Indoor da presente tempada. Nas mulleres o conxunto do Atletismo Femino Celta sairá reforzado logo de gañar a Copa de Clubs o pasado 7 de Xaneiro malia que haberá que estar moi atentos tanto o RIA Ferrol que compite no súa pista, como a Sociedad Gimnástica de Pontevedra cun potencial atlético sempre importante. |