12/05/2017 . I Campionato de Galicia de Relevos |
Todo preparado para que se desenvolva a primeira edición do Campionato de Galicia de Relevos que acontecerá en Ourense (malia que tamén se barralla a posibilidade Monterrei) o dia 17 de Maio. Este Campionato organizado pola F.G.A. en Ourense e a colaboración do C.D.Aurum, contará ca participación de relevistas das categorías Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa e Absoluto nas súas modalidades de 4x100, 4x300 e 4x400 m. Ca celebración desta edición preténdese dar un maior protagonismo e énfase a unha modalidade importante do noso atletismo acentuándose na súa especilaización. |