26/06/2017 . A Montaña e os infantiles completaron a axenda desta fin de semana |
Na categoria de veteranos Susana Parguiña na F-50, José Luis Merodio na categoría M-65 e Antonio Cabana na M-75 proclamaríanse campións de España das súas respectivas categorías das que se destacan tamén as pratas de Iria Fernández do ADAS na F-35 eBegoña de Arriba do Egovarros na F-60 Na categoría absoluta as millores posicións para os galegos serían as quintas posicións tanto para Manuel Hurtado da Gimnástica coma para Iria Fernández do ADAS-Proinor e na que por equipos o ADAS Proinorlograría un excelente subcampionato Nacional
Nouto orden de cousas os Clubes do C.A. Millaraio e do Ria Ferrol Concepción Arenal, asi como oFranciscanos de Lugo, estiveron a tomar parte nesta fin de semana no Campionato de España Infantil que se esta a desenvolver en Puertollano. Por postos e na categoría masculina os de Ames do Millaraio ocuparían o posto 12º sendo o RIA Ferrol quen ocupara o posto 25º. Xa na categoría femina o millor clasificado sería de novo o Millaraio no 10º lugar seguido polo Franciscanos de Lugo no 24º para rematar co RIA Ferrol nun posto máis embaixo, o 25º |