28/06/2017 . Seis galegos e un técnico na Copa Ibérica Xuvenil do vindeiro sábado |
Esta cita internacional, contará cunha notable presenza galega xa que nada menos que seis serán os que acuden en calidade de seleccioados (un coma convidado) ó que se lle suma a presenza dun adestrador que viaxará en calidade de membro da expedición técnica. Na categoría masculina o Atleta do RIA Ferrol Pedro Osorio tomará parte nos 800 m.l. como convidado tendo un excelente esciario para resarcirse do Campionato de España no que non puido amosar a súa millor versión. Nicolás García do Real Clube Celta, participará no concurso de disco na que este ano ten acreditados 49.74 m. Xa na categoría feminina é onde estarán as millores bazas galegas da man da atleta do Celta Olaia Guisela Becerril en lonxitude e da representante do A.D. Mazí, Raquel Meaños nos 800 m.l. gañadoras das súas respectivas probas do Campionato de España Xuvenil. Con esta merecida selección porán un magnífico colofón a súa sensacioal tempada. No lanzamento de xavalina e grazas a ese o rexistro de 45.78 m. do Campionato de España Xuvenil que valería tanto o título coma o récord galego, tomará parte a lanzadora Ivanna Carolina Románque estará a compañada polo seu técnico, que acude en calidade de adestrador ofical, Necho Fernández Por último o sector de velocidade contará ca presenza da velocista do Coruña Comarca María Fernández que sería seleccioada para tomar parte nos 100 m.l. grazas ós seus 12.42 desta tempada. |