21/07/2017 . Lucía Sicre e Olaia Guisela Becerril preparadas para o Festival Olimpico da Mocidade |
Seguen as internacionalidades para as nosas representantes galegas. Como va viñemos anunciando o XIV Festival Olímpico da Mocidade Europea que entre os dias 26 e 30 de xullo acollerá a localidade húngara de Gyor contará na compitición ca atleta ferrolá Lucía Sicre quen tomará parte (estrenado internacionalidade) na proba dos 800 m.l. na que ten acreditado este ano un rexistro de 2.11.83 (MMP). Tamén repite internacionalidade a atleta do A.F. Celta Olaia Guisela Becerril na proba de lonxitude logo de que debutara con trunfo a primeiros de xullo na Copa Ibérica Xuvenil cun salto de 5.66 m. a 24 cm. da súa millor marca da tempada e MMP. |