28/07/2017 . Colofón para o Circuito de Atletismo de Pontevedra co Récord Galego Xuvenil de Raquel Meaños |
En concreto no dia de onte sería a atleta da A.D.Mazi adestrada por Carlos Landín Raquel Meaños,quen na proba dos 800 m.l. establecería un rexistro de 2.07.05 o que supón un novo récord galego da categoría xuvenil, millorando o anterior tope autonómico que ela mesma tiña en nada menos que en preto de dous segundos e que amosan a enorme calidade da de Arousa. Con este rexistro reafirma a súa autoridade a nivel nacional nunha proba na que acadaría este ano o trunfo no Campionato de España Xuvenil así coma polo 6º posto no Campionato de España Absoluto. A maiores e coma ben sendo habitual programaríanse probas non olímpicas na que o máis salientable serían os non menos notorios rexistros de Adrian Ben na categoría Junior con 1.02.78 e do xuvenil Pedro Osorio do Ria Ferrol con 1.03.84 que representan as millores marcas españolas das súas categorías. |