Salamanca é sinónimo de alegría este fin de semana para o noso clube.

"Resultados Campeonato autonómico 200mv absoluto + Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Maravillosas noticias chégannos dende Salamanca este fin de semana. A nosa atleta Paulette Fernández Ngo despedíase da tempada e do noso clube, nada máis e nada menos, que cun RÉCORD DE ESPAÑA na proba de 200 metros valos do "Campeonato autonómico de 200mv absoluto", ao realizar unha marca de 27.82s. Dende aquí, desexámoslle moita sorte no novo clube para a próxima tempada. ¡Noráboa, Paulette!

Por outra banda, tamén tivemos participación das nosas atletas en Salamanca no "Control autonómico absoluto" acadando os seguintes resultados:

  • Talía Mara Pérez Dambrauskas realizou unha marca de 7.67s na semifinal e 7.74s na final dos 60ml.
  • Inés Celorio Sánchez acadou unha marca de 7.90s na semifinal e 7.87s na final dos, tamén, 60ml. Ademáis, na proba de 200ml cruzou a línea de meta nun tempo de 25.80s.
  • Paula González García correu os 60mv en 8.95s na semifinal, mentres que na final realizou unha marca de 9.00s, obtendo así a marca mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta sub20.

¡Noraboa a todas!

 

O "Club Atletismo Ría Ferrol" foi premiado na Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo.

"Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo"

Auditorio Municipal de Lalín

Venres 17 de Decembro de 2021

Na noite de onte celebrouse a "Gala Centenario da Federación Galega de Atletismo" onde se recoñeceu a traxectoria de atletas, entrenadores, clubes, xuíces, entidades, medios de comunicación e institucións que fixeron e fan posible que o atletismo galego siga medrando ano a ano. 

É un orgullo contarvos que a labor que facemos dende o "Club Atletismo Ría Ferrol" foi recoñecida durante a gala. O noso vicepresidente, Manel Castro, recolleu o premio a unha traxectoria deportiva de máis de 30 anos. Non podemos facer outra cousa que non sexa agradecer todo o apoio mostrado durante todo este tempo a todas aquelas persoas, institucións e patrocinadores que nalgún momento da nosa vida deportiva formaron parte de esta entidade, a quenes seguen loitando por detrás para que sigamos medrando máis e máis, e por suposto, a todos e todas que actualmente manteñen lazos coa nosa entidade. Adestradores, atletas, pais e nais, gracias por facer posible que onte puidesemos estar recollendo este premio e oxalá podamos seguir celebrando recoñecementos xuntos 30 anos máis.

Así de contento recibía o premio o noso vicepresidente, e así estamos todos hoxe. ¡Gracias, unha vez máis, a todos e todas!

Catro cidades españolas contarán coa presenza do noso clube este fin de semana

"Campeonato autonómico 200mv absoluto"

"Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 18 as nosas cores se verán na pista cuberta de Salamanca. Por un lado, teremos a presenza de Paulette Fernández Ngo na proba de 200mv do campeonato autonómico absoluto e, por outro lado, no control autonómico absoluto participarán Talia María Pérez Dambrauskas nos 60mlInés Celorio Sánchez nos 60ml e 200mlPaula González García nos 60ml e 60mv.

Dita competición disputaráse en xornada vespertina e se poderá seguir en STREAMING.

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado 18 de decembro celebrarase, tamén en xornada vespertina, o "Criterium autonómico PC + Control" na pista cuberta de Valencia onde estará competindo nos 60ml a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro.

 

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá sábado terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación do noso clube na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

 

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá teremos representación do clube na "Jornada lanzamiento de disco" en Madrid gracias á participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de disco 1kg.

Elena Llobera e Iria Rivas melloran marca en Sabadell e Getafe, respectivamente

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 11 de Decembro de 2021

Onte celebrouse o "Control Pista Cuberta de Sabadell" onde participou a nosa atleta Elena Llobera Miro na proba de 60ml, realizando unha marca de 8.15s na semifinal e mellorando dita marca na final, onde acadou un tempo de 8.12s.

 

"XXIII Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista"

Getafe

Domingo 12 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de hoxe tivo lugar o Trofeo de Marcha AD Cerro Buenavista na localidade de Getafe, Madrid, onde participou a nosa atleta Iria Rivas Iglesias na proba dos 10km marcha na categoría absoluta femenina acadando un 14º posto e cruzando a línea de meta cun tempo de 49'26''. 

Actuación das nosas balitas vermellas no "XXXV Memorial Adolfo Ros"

"XXXV MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA Á RÍA 2021"

Neda

Domingo 12 de decembro de 2021

O noso clube tivo representación no Memorial Adolfo Ros nas categorías inferiores coa participación das nosas balitas vermellas.

  • Na categoría sub18 destacaron Carolina Santos conseguindo a primeira posición, e Alba Veiga acadando a segunda posición.