Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Federación Galega de Atletismo estreará unha nova web adicada a Carreiras Populares cunha innovadora plataforma de inscricións.

Noticias FGA

A FGA comprácese en informar a toda a comunidade atlética da creación da nova pasarela de inscricións integrada na páxina web adicada ás carreiras populares que terá a súa presentación a vindeira semana baixo o nome de: www.carreirasgalegas.com. Co firme propósito de dar un paso cara a diante a FGA ten desenvolvido dita plataforma para ofertar un millor servizo e satisfacer as demandas do corredor popular. Informatizando todos aqueles datos de interés para o corredor en canto a resultados, información dos diferentes eventos, rexistro con clave de usuario tanto individual como colectivo, por clubes, calendario de carreiras, acceso a fotografías, videos, artigos… consultas de inscritos por sexos, categorías, clubs, concellos… co único fin de mellorar a comunicación co corredor. Esta nova pasarela facilitará os trámites de inscripción e xestión nas diferentes carreiras aforrando tempo ao usuario que poderá recibir información personalizada. A FGA amosa deste xeito o seu forte compromiso co atletismo popular galego.